jueves, 28 de diciembre de 2017

Real Madrid e Free Tabarnia.

O Real Madrid entra de cheo na política mostrándose a favor da creación de Tabarnia coma nova comunidade autónoma dentro do estado español e independizarse de Catalunya . Presionado pola gran cantidade de peñas que ten o clube na zona e todas elas a favor da creación de Tabarnia. Como Tabarnia é  despois de Madrid ,  é a segunda con maior número de peñas  brancas ,  fixo posicionarse o club neste tema político , en prol do pobo tabarnés. FREE TABARNIA.

martes, 26 de diciembre de 2017

Crítica ou alabanza ?

Como xa indiquei o domingo non puiden ver o Clásico, como non podo ver a maioría dos partidos que o Real Madrid xoga os sábado, por esa razón tirei coma moitas veces esta tempada da opinión dos "tuister stars".  Dende o sábado levo escoitando e lendo todo tipo de cousas, dende o ensañamento típico dos periolistos madridistas disfrazados, outros con crítica, os que menos crítica constructiva e tamén hai os de alabanza desmesurada , " con lo que nos han dado  " , esa mítica frase. Un servidor vai tentar tirar pola crítica constructiva aínda que de todos os que pasan por aquí habitualmente un pouco hater si que sou. Solo unhas letras tampouco moitas xa que da construcción do plantel xa se falou por estas terras tempo atrás.

domingo, 24 de diciembre de 2017

Search Me! Clásico de Nadal.

Pois onte non puidemos ver o partido así que tiramos dos "tuister stars" unha vez máis para a crítica do mesmo, pero sen especificar cada un que senón eternizamos, solo "tuits" ao tolo. Zizou, Karim, Cristiano, Carvajal e Marcelo bastante sinalados parece.

jueves, 21 de diciembre de 2017

Search Me ! Euroleague- Doncic Gate.

Se hai unha competición que un servidor pode ver máis ou menos é a Euroleague , debido a os días e horas que se disputa , e queda claro que os arbitraxes no Palacio non son nen moito menos coma en Atenas, Estambul, Belgrado ou Barcelona e o trato e as técnicas pitadas aos xogadores ou adestradores do Madrid comparado o comportamento que teñen os Spanoulis, Navarro ou Obradovic tampouco. Ves os partidos que se chupou o Madrid nesas pista ou o de onte entre Oly e Cska e ves os do Palacio e da a risa. Por certo se son coma esta semana con partidos martes, mércores, xoves case sempre atracón de partidos, venres e findes bad, bad.

Alá vamos cos tuister stars despois do Luka-Gate :

lunes, 18 de diciembre de 2017

Search Me ! Mundialito !

Non puidemos ver o partido por estes lares pero o Real Madrid gañou o Mundial de Clubs pechando o mellor ano , si ano o 2017, tempadas foron 2 como explican no seguinte fío irónico.

jueves, 14 de diciembre de 2017

Searche Me ! Tormento no deserto.

Non sei pero o partido de onte no Mundialito foi dos máis esperpénticos que me tocou vivir do Real Madrid, superando cando foramos a outro a Brasil a facer o canelo tamén. Entre ocasións falladas sen xeito, xogadores andando, contras a go-go, VAR , retrasmisión infame, un tormento no deserto. Así que toca tirar dos "tuisters stars" de novo.

Creo que solo salvaría a Modric e Cristiano de onte pero Marcelo, Isco, Varane, Casemiro, Karim ou Kovacic estiveron realmente denunciables, Achraf vinlle síntomas danilescos pero o chaval polo menos ven gratis e saiu da canteira.

E Gareth si o pobre lle respetaran as lesións.
 Por certo parece que os siareiros do Barça lle doen máis os BdO de Cristiano que as Copas de Europa que levamos 3 de 4. Aquí un que firma para que lle dean BdO a eles e que nos gañemos CdE cada ano.

Alá vamos :

sábado, 9 de diciembre de 2017

Euroliga a basura.

O mércores coñecise que Randolph como mínimo ata Xaneiro non pode xogar, outro pau máis para a tempada do Real Madrid de basket. Xa o avisei antes do partido vs Olympiakos que sen pivots non se pode competir en Euroliga.

viernes, 8 de diciembre de 2017

Search Me ! Ballon d´or 2017.

 Vin en "tuister" un fío de @atooca moi interesante e vouno compartir en galego con unhas pequenas modificacións. Os que seguen o blog saben que un servidor é bastante hater de Cristiano sobre todo cando está en plan Tristiano,  pero non se lle poden negar certas cousas como as que se explican no seguinte fío. Saberán tamén que a min os premios individuais nun deporte colectivo impórtanme bastane pouco, de que valen se o Real Madrid non gaña títulos. Non nego a súa arrogancia, chulería, e que parece non ser o mellor dos compañeiros, pero tampouco nego que foi o xogador máis completo que vin, dos do meu pasado non podo falar, que dotou o equipo dunha fame incrible e que nos permetiu loitar de ti a ti co noso máximo rival en plena Era Messi, e iso é basicamente mérito de Cristiano. Como se está a ver cando el non marca en Liga por exemplo, ao César o que é do César. Seguidamente o fío cheo de verdades.
Foto do debut de CR en liga vs Depor

jueves, 7 de diciembre de 2017

VARAS .

O día de hoxe vai ir adicado as varas, as diferentes varas de medir que ten a suposta prensa madridista española, dame a risa con este calificativo, a diferente vara de medir que ten a televisión do réxime independentista en diferido, e as diferentes varas de medir que se teñen con certos xogadores sobre todo por Zizou.

viernes, 24 de noviembre de 2017

Search Me ! Eu non sei nada #145

"Neymar no me interesa mucho, cuando tienes 25 años y juegas para Brasil y el Barcelona, y yo me pregunto .....¿ Qué haces jugando en Francia? ¿ Qué haces jugando contra el Guingamp o el Amiens?

miércoles, 22 de noviembre de 2017

Search me ! Visitando Chipre.

Pois no día de onte sacouse adiante con solvencia un partido a priori fácil pero dos que non se estaban a sacar este ano. Non me gustou nada a alineación xa que teño a Lucas medio cruzado esta tempada. Non pretendía moita rotación xa que a tempada quedou para loitar polos títulos de eliminatorias xa que a Liga está imposible, pero Ceballos, Llorente  ou Theo podían entrar pensa un servidor que o merecen máis ca Lucas. Aínda que o resultado lle dea a razón a Zizou.

miércoles, 15 de noviembre de 2017

Search Me ! Batacazo Lolaso.

Son hater e moito de Lolaso sabédelo moi ben os que me seguides asiduamente, sobre todo polo Face pero creo que a lesión de Ayón vai ser a súa tumba. Gustavo tapaba moitas vergoñas, e sobre todo tácticas e sen un sustituto todo se ven a baixo.

martes, 7 de noviembre de 2017

Search me ! Pivots .....

A media mañán coñecíase que a lesión de  Ayón ía para longo, polo tanto entramos en crise os madridistas do basket, xa que se unía a lesión de Kuzmic no posto de pivot, que Rand ven dunha lesión e Trey de USA, que a tempada é moi longa e que temos poucos pivots, unha desgracia vaia. Así que hoxe tocaba tirar do "tuister stars" de basket. Parece que chega Tavares e corta un pouco a hemorraxia pero un servidor traia outro por si acaso, temporada moi dura e os minutos de inverno páganse en primavera , vímolo o ano pasado. Por certo Tavares non é nada estilo Lolaso, quizais vía mellor a opción Vidmar pero Tavares é máis parecido a Kuzmic. Tamén por certo ten moitos detractores no madridismo, aínda que parece ser moi madridista polas redes sociais, tamén o era Heurtel por certo. Dos Anjos foi cortado en Burgos hoxe parece, como pivot por si acaso con Garuba se non fichan outro ?

jueves, 2 de noviembre de 2017

Servidor, tuister e Search !

Pois nada o Real Madrid non carbura e un servidor ten pouco máis que dicir do que xa dixo. Así que recompilaremos o dito, buscaremos nos search e bucearemos por tuister non queda outro nesta noite de novo que deixa moito que desexar.

Xa o viña avisando pero non cría que o golpe sería tan grande. Deixei notas cando falamos sobre o plantel 17/18 , algo que xa se vía vir en setembro, ou cando gañamos as supercopas que sempre están malditas.

lunes, 30 de octubre de 2017

Search me ! Girona !!!!

Novamente onte un servidor non puido ver o partido así que tiro dos "tuister stars" de garda que tan bo resultado parece que están a dar visto o número de visitas que estamos a ter. Aquí deixo as opinións do partido de onte:

miércoles, 18 de octubre de 2017

Search Me ! Tuister Spurs night !

Onte solo puiden ver un cachiño do partido do Real Madrid e o que vin non foi moi bo que digamos así que toca tirar dos meus "tuisters stars" de referencia.


jueves, 12 de octubre de 2017

Search Me ! Sison !

Hoxe toca mirar o que dixo @SeasonNT un grande do madridismo en tuister, nunca se sabe cando trollea ou cando di algo que pensa, pero da moita salsa o tema, inventor de nomes galácticos. Uns din que é Florentino infiltrado, outros o fillo dun directivo, un directivo, un pariente, quen sabe ? Pero  alá vamos :

miércoles, 11 de octubre de 2017

Search Me ( Eu non sei Nada ) #143

“Jugamos sobre seguro. La mayoría de nosotros lo hace la mayor parte del tiempo … pero Lucifer no conoce el significado de seguridad,

martes, 26 de septiembre de 2017

Plantel 17/18.

Como prometemos anteriormente toca falar de como configurou o plantel o Real Madrid para esta tempada 17/18 non todo vai ser falar do Matrix no que vive o nacionalculerdismo a pesares de que tamén falei da maldición de setembro.

lunes, 25 de septiembre de 2017

Matrix.

Cada día aguantamos aos nacionalculerdistas dicir "ensrobam" e o Madrid non para de roubar, o que temos que escoitar. O pasado sábado ademais dos erros do Madrid que está moi mal non se pode negar sufrimos a un dos arbis de cabeceira do nacionalculerdismo pero bueno. Solo vou falar do capi deles para non cebarme, expulsión clara do seu capi por cobadazo a Lucas, penalti do capi deles que foi descarado a por Cristiano nun córner pero que pitaron falta de Cristi e anularon o gol a Ramos e penalti do capi deles a Isco, pero na sigan, sigan e "ensrobam", coma sempre tiraremos datos de Maketo Lari para ir desmontanto a trama e as falacias, fan igual-igual ca os seus amigos independentculerdistas non paran de mentir e o peor é que hai quen lle compra a idea barata que nos venden. Falacia a falacia !

jueves, 21 de septiembre de 2017

MALDITO BERNABÉU EN SETEMBRO.

Pois estaba pensado escribir  pola mañá e máis sobre a confección do plantel que sobre a noite pero claro o partido fronte o Betis cambiouno todo, e o cabreo tamén. Estou a pensar que un servidor é o gafe xa que como lle vexa o partido o Madrid pinchamos esta tempada. Vivir o Madrid quítache e dache vida.

lunes, 18 de septiembre de 2017

Search Me ! Noite donostiarra en tuister !

Non puiden ver o Madrid así que tiro de tuister novamente e de Ecos del Balón que sempre me dan unha idea de como foi a noite en Anoeta, espero escribir algo esta semana por fin.

lunes, 11 de septiembre de 2017

Search Me ! Equipo B by David León.

O igual ca o outro día co tema Isco vou tirar dun fio de "tuister" sobre o Real Madrid, Zizou e o equipo B, a ver si un día destes teño tempo e fago un propio, pero de momento quédome con este de David León que é bastante bo:

miércoles, 6 de septiembre de 2017

Search Me ! Isco by GuillerGP !

Hoxe vou tirar dun link de tuister sobre Isco e o que din os periolistos que si Lopetegui, que si bla, bla, bla ......, con datos desmóntanse teorías.

miércoles, 30 de agosto de 2017

Search Me ! ( eu non sei nada ) #141

" A mí el Real Madrid me ha enseñado que lo más importante después de haber ganado es

Search Me ! ( eu non sei nada) #140

Hoxe toca algo de Alistair Hisoka en tuister sobre a summerania  para darlle vida o blog ahora que non me sobra o tempo, senón falaría un pouco do plantel:

jueves, 17 de agosto de 2017

2 Copas da Ghalleta.

Pois nada parece que sumamos o palmarés a Supercup e a Supercopa, trofeos que suman e que gañas gracias a embolsar outros anteriormente pero pouco máis, non deixan de ser copiñas da ghalleta as que lle da algo de importancia o rival, nada máis. De feito últimamente o que gaña a Supercopa non sole facer boa tempada, a ver si cambiamos iso.

viernes, 4 de agosto de 2017

Breaking The Lines!

Vou publicar un fio de tuister de @BTLvid , Breaking The Lines , que me parece interesante sobre o tema Neymar e como o ven fora. De todas formas sigo a pensar que ao Barça fíxolle un favor Neymar marchando a pouco que faga as cousas ben e non descarto tampouco a teoría de Laporta que é unha venda encuberta. De todas formas apuntalar o plantel onde fai falla e non tolear buscando un novo crack sería o que faría un servidor a ver que fan os Sandros.  Aquí deixo o fío en inglés , por certo , improve your English:

miércoles, 2 de agosto de 2017

Se queda !

Pois hoxe arde tuister con moNey e vamos tirar del, vamos coller o mellor da rede, que está a ser un espectáculo.  Nos 4 anos de Ney, 3 Champions para o Madrid, ollo o dato. A cuestión vai ser como gasten os cartos, Mbappé e Dembelé os nomes , o que hoxe todo son risas igual en xuño de 2018 é un cuatriplete do Barça,  son da opinión de que si saben invertir non é malo, sobre todo porque tiñan un problema de salarios dentro moi grande,  eso si Ney levouse consigo a un presidente e casi a outro a saber o que se gastou nel e no pai e o Madrid como dixen limpiou 3 de 4 Champions, pero  de momento vaia summerania nos dou:

jueves, 27 de julio de 2017

Mbappé ?

Creo que chegamos tarde a este debate ou non, xa que oficial non hai nada e todo son hipóteses, desmentidos e temas da prensa pero vamos a desenrolar un pouco o tema, sobre esas hipóteses.

lunes, 24 de julio de 2017

Summerania & Tuister ! Hateando !!!

Vamos rescatar o mellor que atopamos en "tuister" nestes últimos días para darlle algo de vida o verán antes de comezar a escribir artículos propios.

martes, 11 de julio de 2017

Search Me ( eu non sei nada ) #138

Como non teño tempo para falar sobre James, pillo algo de tuister que me gustou así ao tolo. Son dos que vendería a James pero nunca o Bayern. Se temos tempo escribimos algo. Tamén penso que Zizou non o quería ver diante e Flo non quería aturar a Mendes. E tantas ofertas non debería de ter.

jueves, 22 de junio de 2017

lunes, 19 de junio de 2017

Pulso.

Este debía de ser un artigo sobre a posible marcha de Morata e James , de como vía un servidor a situación e dos posibles sustitutos, pero vai chegan CR e Xorxiño e cambian completamente o taboleiro de xogo, así que ala vamos nos co tema logo.

sábado, 17 de junio de 2017

Lolaso ou barbarie ?

Rematou a tempada de basket, por desgracia para min non puiden ver moitos partidos do Real Madrid nestes play offs de feito das finais solo cachiños e resumos, ademais de tirar dos meus analistas de cabeceira. A dous deles vounos plaxiar hoxe, Emil Sorel  ( @emilsorel ) e Karusito alá ides. Sinceramente creo que Laso merece seguir pero ten que cambiar cousas, roles e xogadores. Non me gusta moito opinar a través doutros pero son de confianza.   Comparto as súas  palabras agora cas miñas pinceladas. Canto tempo facía que non falaba do Lolaso, era boa señal iso. Outra razón é o tema dos dereitos de Tv, faise moi difícil ver o basket agora, unha pena.

miércoles, 7 de junio de 2017

Bilis.

Non sabedes como estamos a disfrutar o momento dende o madridismo, están tan nerviosos e doeulles tanto a Champions, unida a Liga e as Copas da Galleta ( Supercup e Mundial de Clubs ) que están sacando toda a súa bilis. Catro títulos de cinco, no bad, na súa mellor época pois fainos saltar a mínima e aquí aproveitamos para escribir día tras día, a veces tamén hai que escribir na vitoria , disfrutar da praia e do verán vendo como sufren ata que arranque a nova tempada. Estámolo pasando xenial, non sei si queda alguén por saír e demostrar que a teñen clavadiña.

lunes, 5 de junio de 2017

As reflexións de XII.

Cada vez que gaña o Madrid unha Copa de Europa, venme a mente o título dun artigo da Voz  que vira en certo bar dun ex-compañeiro e famoso xogador da Costa,  despois de gañar a ansiada  Sétima, " O Madrid sempre volve" , así de claro o Madrid sempre volve.

Que pouco sei de fútbol.

Queda demostrado  o pouco que sei de fútbol. Con todo o que critiquei a Zizou nas malas e mira todo o que conseguiu ata agora, buff xa leva as mesmas Champions co gurú, incrible e sin ter idea. Pero como di Jabois : " A derrota está mellor escrita que a vitoria, e a literatura solo é arte cando o final non é feliz, os finales felices son a precuela de algo que o autor nos aforrou ler" . Así se sinte un servidor , desafoga mellor cando escribe na derrota, flue todo moito mellor.

domingo, 28 de mayo de 2017

miércoles, 24 de mayo de 2017

Un paseo por Don Tuister.

Hoxe vamos facer un paseo por Don Tuister que sempre ten zascas interesantes, en breve haberá que adicarse os rumores e disques de fichaxes :

lunes, 22 de mayo de 2017

Adultera o do Boom !

Xa temos a campaña de Liga Adulterada a full,dende que falou o do Boom compraron a película,  pero claro explícana entre mal e fatal, non sei si me entendedes. Porque adulterada si pero por eles claro, fixeron o imposilbe e aínda así non puideron. Unha liga na que incluso tivemos en contra o noso realizador de cabeceira e tivemos que buscar as polémicas no extranxeiro, en fin.

viernes, 19 de mayo de 2017

Search Me ( eu non sei nada ) #126

" Veo lo de Gatti y Soria ayer en el Chiringuito y os voy a decir una cosa. Escribo de fútbol en varios medios. Intento hacerlo bien. 

jueves, 18 de mayo de 2017

Os NODOS non paran.

Teño a sensación dende a noite de onte que nos teñen preparada unha ben grande para o domingo en Málaga, unha histórica máis ben. Xa que a prensa afín é dicir a gran maioria non para de repetir unha e outra vez o mesmo e claro a xente compra o discurso. Esa prensa que de imparcial ten o mesmo ca min, nada vaia. Están chamando polo Kharma unha e outra vez.

miércoles, 17 de mayo de 2017

Letras e galegas !

Pois hoxe non tiña pensado escribir e de facelo tiña pensado imitar a un profesor de escola que tiña, que falaba todo ano en galego e o día das Letras Galegas ( daquela non era festivo ) facíao en castelán, pero creo que non compensa. Decidín escribir, sobre o Real Madrid por suposto e fago en galego, cos erros que ten un servidor pero en galego. Que bo día sería hoxe para publicar o Recordos pero os sentimentos non van cas datas.

sábado, 13 de mayo de 2017

Search Me ( eu non sei nada) #123

" El procedimiento educativo más poderoso que tiene la sociedad ya no es más la escuela, sino que son los medios de comunicación. Los medios de comunicación influyen más que la familia y que la escuela. Es una vergüenza que

jueves, 11 de mayo de 2017

Recordos.

Onte o finalizar o partido vin unhas palabras de @SVilarino en Twitter que me trouxeron a min tamén moitos recordos. Recordos porque para un servidor a Sétima e aquel 20 de maio do 98  sempre será especial e volve a darse aquel enfrontamento. Un que pensou que xa nunca vería o Real Madrid gañar unha Champions despois de tódolos batacazos da Quinta e os desastres de despois. Co paso dos anos e por circunstancias da vida aquela noite será cada vez máis especial e un recordo que nunca olvidarei.

miércoles, 10 de mayo de 2017

Search Me ! ( Eu non sei nada) #122

" El Madrid, el equipo que no puede meter gol a la contra, ni de córner, ni de penalty, ahora tampoco

Economía e outras cousas.

A raíz dun estudo de Sporting Intelligence sobre os salarios dos equipos e pola petición de un usuario de máis información sobre este tema e outros, decidín investigalo un pouco máis e froito deso atopei unha serie de artículos de Tomás J. Rubio en falso9sports.com que poden ser interesantes. Alá vamos logo.

martes, 9 de mayo de 2017

miércoles, 3 de mayo de 2017

Que falen outros.

Do derbi de Shempions de onte non vou a escribir nada vou deixar que falen outros que saben máis e escriben mellor, aquí deixarei os links. Non pensedes que está todo feito, queda moito pero moito que remar. Por certo onte vimos a un Cristiano diferente gustoume, si fixera sempre así e aceptara o rol de descansos e protagonismo igual ata esperaba en vendelo e todo. Vai ser difícil aguantar a Moncho estes días, e a father tamén. Sin desviar a atención, pensar na Liga, na Liga, na Liga.

martes, 25 de abril de 2017

O outro Clásico.

Onte tocou falar do Clásico futbolístico pero hoxe vou falar do outro Clásico, do dos periolistos, do de VAR e do bar, do de Chuflas, e sobre todo o dos Trolls. Vai ser momento de curiosidades, datiños, e abrir ollos, non todo vai ser a versión da prensa.

lunes, 24 de abril de 2017

Carlo-Zizou.

Pois no día de onte Zizou e o Madrid tiraron outra liga oa retrete e xa non sei cantas van. Recordoume a marzo de 2014 cando con Carlo tiramos unha parecida. A quen se lle conta que no último minuto con empate e ca liga ganada vaias a unha presión sen xeito, non sei en que cabeza cae, bueno a presión sen xeito foi toda a noite.

viernes, 21 de abril de 2017

Search Me ( eu non sei nada) #118 !

" Los árbitros, las manos negras, el centralismo, los hilos de los palcos, la malvada prensa y Football Leaks. La adoración al balance económico, el desprecio a la cantera, el calor de los fichajes en verano y la mala sombra en primavera. El viejo barcelonismo ha vuelto

miércoles, 19 de abril de 2017

Detalles de V.A.R. !

Xa o dixen alá polo 13 de Marzo despois do caso Atrakín, e volvo a repetir no día de hoxe. Na Copa de Europa trátase de sobrevivir, fixo naquel día o Barça e fixo na noite de onte o Real Madrid. Agora pasaremos a desenvolver un pouco o partido e a eliminatoria co Bayern.

jueves, 6 de abril de 2017

Decisións difíciles para Zizou.

Non todo vai ser polémica, Trolls, Pandullasos, Chuflas e demais artigos, de vez en cando hai que falar un pouco de fútbol, que é o que toca para hoxe.

martes, 4 de abril de 2017

Trol / Troll .

Na xerga de internet, un trol ( troll en inglés), describe a unha persoa que publica mensaxes provocadores, irrelevantes ou fora de tema nunha comunidade en liña, redes sociais, declaracións en medios ....... ou similar coa intención de molestar ou provocar unha resposta emocional negativa nos usuarios ou lectores, con fins diversos, incluso por diversión. De outra maneira alterar a conversación normal nun tema de discusión, logrando que os mesmos usuarios se enfaden e se enfrenten entre si ou con el.

lunes, 13 de marzo de 2017

Lendas, mitos e pandullasos!

Como dixen o mércores na Copa de Europa o que se trata é de sobrevivir os días malos, eso fixo o Barça esa noite, sobrevivir. Pero esa noite destapou moitas máis cousas, viñéronse abaixo algunha que outra careta. Neste artículo vou deixar pinceladas de certas lendas e mitos incertos, nada máis que pinceladas e pandullasos como lles chama un servidor. Ademais aproveitarei outros artículos escritos nos últimos días, para que os poidades disfrutar. Pinchade nos links, danlle sentido a esto.

miércoles, 8 de marzo de 2017

Search Me ! Post San Paolo on Tuister !

Como non tiven tempo para escribir, no día de hoxe collerei opinións de diferentes "Tuister Stars" e xa vos ides mirando si estades de acordo ou non. Un servidor está de acordo en bastante por iso os elixo. Que Asensio gústame máis ca Isco e o malagueño máis ca James. Que non son moi de Morata. Que penso fai anos que acabou a etapa Cristiano no Madrid...... Demasiados xogadores fora de forma e sobre-explotados. De onte casi non salvo a ningún con eso che digo todo. Tamén digo que en Copa de Europa o que conta é sobrevivir, nin máis nin menos, é unha competición na que debes sobrevivir os días malos e aprender.

jueves, 2 de marzo de 2017

Liga ao Garethe!

Quedouse bo día para escribir como xa prometemos  onte no “caralibro” e alá vamos para falar das razóns desta caída das últimas semanas.  Semanas duras, e  cando temos que estar máis unidos ca nunca senón queremos que se vaia todo o “garethe”, o cal  non quere dicir que hai moitas cousas que mellorar.E por encima compran o lixo que nos vende o Chuflas.

lunes, 27 de febrero de 2017

Chuflas volveuno a facer !

Un servidor quedouse tranquilamente vendo En Xogo  despois do Villarreal vs Real Madrid, no mesmo bar por certo e discutindo de motias cousas, pensando nas equivocacións de Zizou no plantexamento de saída, que si hai xente que necesita descanso e con tanto partido seguido debía darllo, que si cada vez que nos chegan é gol, de méritos duns e doutros........ Dase a casualidade que onte fun directamente para a cama axeno a polémica que se desatara.

miércoles, 22 de febrero de 2017

A vida sigue igual.

Tódolos anos igual, chega un Valencia morto ou que non se xoga nada e zas, palmatoria ou empate, e claro a Liga o caralliño outra vez, xa que o Vilarreal é outro equipo deses.

jueves, 9 de febrero de 2017

Search Me ( eu non sei nada) ! #108

Podería novamente explicar as razóns polas que non debemos deixar o Bernabéu para a final de Copa ou o tema de Vigo, pero é que acabo de ver un artículo que reflexa perfectamente a miña opinión sobre Vigo e realmente sobre todo o que implica o Real Madrid porque en realidade é así.

Escribe Raúl Rioja para 20 minutos e é perfecto, nada máis que dicir.

martes, 7 de febrero de 2017

jueves, 19 de enero de 2017

The flower.

Xa o tiña avisado, é lei de vida chegarán as derrotas e chegaron por partida dobre, na miña humilde opinión en ningún dos dous casos foron días que “merecemos” perder, fixemos bastantes méritos para sacar algo de proveito. Pero isto é o bonito do fútbol, no que tantos días estivemos no outro lado, sacando partidos da nada. Pois pode virarse na nosa contra e non pasa nada, hai que seguir tirando para adiante. Xa que o merecemos é tan irreal, o que conta é o resultado que queda no electrónico, non os merecemos duns e doutros.

martes, 10 de enero de 2017

Volve o señor Chuflas.

Alá por maio do 2011 xa escribín do señor Chuflas e agora no 2017 creo que lle volve a tocar, non solo vai falar el, tocará contestarlle, con verdades coma puños.