Pois nada parece que sumamos o palmarés a Supercup e a Supercopa, trofeos que suman e que gañas gracias a embolsar outros anteriormente pero pouco máis, non deixan de ser copiñas da ghalleta as que lle da algo de importancia o rival, nada máis. De feito últimamente o que gaña a Supercopa non sole facer boa tempada, a ver si cambiamos iso.
A xente andaba preocupada por non gañar partido na pretempada, pero a pretempada non deixa de ser iso. Sempre recordo aquela superpretempada do Depor que arrasou e despois en Liga nin fu, nin fa. De feito non vin partido dela, por non ver non puiden ver boa parte da Supercup fronte o United. Polo tanto do que levo visto, o equipo deu moi boa impresión, quizais estamos demasiado ben para estas datas, igual tamén é que o Barça non está moi ben afectado pola saída de Ney e o famoso "se queda". Pero non o matemos xa, teñen a Messi, e ficharán si ou si, gastarán un pastón pero ficharán, Coutinho e Dembelé viríanlle moi ben, incluso Di María, apuntalan plantel. Teñen un problema mental tamén.
Pois iso que está moi ben gañar as Copas da Ghalleta e sobre todo pasar por encima ao Barça amosando potencial pero o bo de verdade empeza o domingo na Coruña. Moi difícil campo para arrancar, sempre nos teñen gañas e nos vimos de tres super esforzos. Campo típico onde nos baixan os fumes e se nos escapan Ligas. A Liga, a Champions e en menor medida a Copa marcan a tempada, agora aínda queda outra copiña destas a do Mundial que tamén estamos obrigados a gañar pero que solo valen para engordar curriculums nada máis, non teñen a menor importancia.
Creo que temos un gran plantel, estes días viuse o que sempre dixen de Kovacic e da súa validez para o proxecto, non debía saír. Marco Asensio é outro do que nunca dubidei e día a día da un paso máis, o que non o quixo fichar para o Barça deberá estar tirándose dos pelos. Preocúpame máis a situación de Marcos Llorente que tamén é moi válido. Creo que debería quedar hai partidos e minutos para todos aínda que no mediocampo temos conxestión, pero el tamén pode ser unha solución de urxencia para unha defensa que si que anda algo xusta. Vallejo é un xogador que se lesiona moito e non sabemos que vai pasar con Achraf, outro co que me quedaba, sen experiencia pero o que se lle podía dar minutos. De saír ambos traía un defensa, central ou lateral dereito, pero cubría ese posto.
Realmente un servidor quedaba co actual plantel ,sabedor si que quizais no posto de dianteiro estamos algo xustos, dianteiro Mariano era o suplente de luxo este ano, non ten moita relación co balón pero si é un goleador nato. Ou quizais aínda teñamos algunha sorpresa nese posto ? Están gardando minutos para Asensio arriba ? Definitivamente Cristiano dianteiro ?
Zizou saberá, ata o día de hoxe a súa xestión é implecable, títulos, xestión de grupo ..... non hai máis que dicir, xenial. Leva 7 títulos os mesmos ca Bigotes e superando con creces a Mou, e non leva nin 2 anos, faga o que faga de ahora en diante xa entrou na historia do club. Parece que non solo é Flor, como decía en xaneiro, onte o baño táctico foi curioso na miña humilde opinión. Para Ecos que "sabe" máis foi desta maneira.
A posta en escena oficial do Madrid de Zizou esta tempada foi impresionante e a saída onte o campo máis, Coruña dirá como estamos realmente. Pendente das rotacións tamén, onte sen Isco, Cr, Bale, Casemiro, ollo ! Faime recordar o partidazo que fixeramos a tempada pasada vs Sevilla sen a BBC, e a importancia do equipo, de que todos estean enchufados.
P.d. : O xesto de Ramos a Messi, fixollo o filósofo a Cr no Campo Novo tamén.
P.d 2 : A expulsión e sanción de CR fíxolle un tremendo favor ao Madrid e a CR ahora si que non o van a pitar na súa volta o Bernabéu, voltará coma un heróe.
Últimos artículos :
Mbappé.
Pulso.
Bilis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario