jueves, 27 de febrero de 2020

Regreso ao pasado.

Dende o día da Real Sociedade a caída é tremenda e xa se vía vir dende o sábado que o equipo se estaba a marcar de novo un Solari, perdelo todo nunha semana. Pero bueno estaba claro que non temos equipo para competir en Champions por iso era primordial non tirar a Liga e a Copa e vai e tirámolas, eso vai no debe de ZZ.

lunes, 24 de febrero de 2020

RtuisMadrid. Co Levante tamén.

A Zizou estalle a quedar unha faciana de Solari que non se aguanta, chega a semana chave nunha situación similar a Santiago e comezando a caída. Non sei si a xente se deu de conta que no gol de Morales o que o intenta pechar é Lukita, nin o lateral , nin un central, nin o mediocentro. Aínda vou ter que darlle a razón ao xefe da casa con CR.

lunes, 17 de febrero de 2020

Search Me. Pinchazo inesperado.

Pois non hai maneira de vivir tranquilo co Madrid de Zidane , levamos unhas semanas de baixon e xusto cando chega o momento chave da tempada, cando se desinflou todo o ano pasado. Champions e Clásico. Nun partido que pedía control despois de remontar e contra un rival que non sabe defender, dámoslle o balón e perdemos o control, dantesco.

Outra Copa o Lolaso que non para.

Por máis que hateo ao Lolaso este non para de gañar, dous de dous este ano loitando contra o todopoderoso, faltan os dous máis importantes haberá que seguir a hatear. Contigo comezou todo.

viernes, 7 de febrero de 2020

Search Me ! A Real-idade Zidane.

Por aquí somos grandes defensores das rotacións, pero tamén levamos dicindo dende o primeiro día que como non estexan no once Casemiro, Valverde e Mendy , non hai ritmo , nin forza. Tamén que facía un medio para descansar a calquera dos citados anteriormente.  Non se pode obviar o capellismo lippiano. Desaproveitamos un momento chave para afondar na crise do Barça, coma sempre.