martes, 29 de noviembre de 2022

A entrevista: Ordóñez.

 Hoxe retomamos as entrevistas, si decimos o seu nome Jose Manuel González quizais lles pareza un nome común pero si lle chamamos Ordóñez quizais algún máis o coñeza. Un adestrador que actualmente dirixe ao Castrelo e que ten o mérito de non levar nin un solo cartón dende que se senta nos bancos, algo atípico na Costa.



Alá vamos.

Seu nome é Jose Manuel González, pero todo o mundo o coñece por Ordóñez, de onde ven o nome?

Do comercio familiar mobles Ordóñez. Cando empezei a adestrar os rapaces chamábanme Ordóñez polo do comercio.

Para quen non o coñeza, quen é Ordóñez e como se iniciou no mundo de ser adestrador?

Sempre me gustou, cando era mais novo e estaba de moda o fútbol sala fixera un equipo e quedaba máis no banquiño a dirixir que a xogar.

Despois fai 25 anos cando estaba de presidente do Porteño no ano da súa volta a liga despois de varios anos sin competir, fixen durante un mes de adestrador do equipo, é decir un Piterman  jaja ja.

Un día falando cun amigo díxome que fixera o curso de adestrador en Baio, e ahí  encendioseme a bombilla e dixen, e porque non, porque non intentar facer algo que sempre me gustou.

Ten tódolos títulos de adestrador, sirve de algo ou é un come cartos como din moitos?

Si teño todos, adestrador nacional ou como lle chaman ahora Uefa pro.

Aprendes moitas cousas, ainda que creo que os cursos tiñan que ter mais prácticas vendo equipos de diferentes categorías nos seus adestramentos. Pero ahora creo que Iván Cancela está a facer un gran traballo e estaos mellorando.

Si sirve de algo, debería servir pero nestas categorías cos poucos días de adestramento e a dificultade de contar con todolos xogadores nos adestramentos parece ser mais importante ser un bo “fichador”. Moitas veces é o que che preguntan antes de ficharche “podes traer algúns xogadores contigo”.

En canto o de come cartos a min saliome casi gratis porque ademais de título federativo collín o de ciclo e tiven beca os dous últimos anos.

Están sempre os mesmos adestradores na roda e non hai espazo para outros?

É complicado meterse na roda como ti dis, eu empecei no Porteño dous anos en cadetes e dous en xuveniles, e despois quería empezar a probar nos seniors e púxenme no mercado pero non aparecia nada, entonces falei con Tono que fichara polo Cabana si lle facía falta un segundo. Aprendin muitas cousas con el.

E o ano seguinte Álvaro e a directiva doume a alternativa co Muxía.

A prensa costeira sempre ensalza aos mesmos  e esquencese do resto?

Hai moita prensa e cando hai moito hai de todo, e hasta ahí podo ler. Danlle visibilidade  o fútbol costeiro e eso é o importante . Aínda recordo o dos cromos meu fillo flipou cando me vio nun cromo. Ese fui un gran traballo creo de Ubaldo e J. Parri.

Parecía que deixaba os bancos pero finalmente fichou polo Castrelo, como sucedeu?

Empezei tarde nesto do fútbol e os anos pasan un xa non é un rapaz, levo varios seguidos e esto vaiche agotando sicolóxicamente.

O final chamoume o Castrelo e como este vran morriome miña nai, pensei que era mellor ter a cabeza entretida outro ano.

É moi difícil adestrar en Terceira Galicia?

É complicado porque é moi difícil xuntar a xente, en tódalas plantillas hai  xogadores que traballan fora ou estudian, eso tamén pasa en segunda autonómica e primeira.

Eu intento facer os adestramentos o mais entretenidos posibles para ir enganchando os xogadores.

Moitos anos adestrando en Terceira Galicia, este ano por fin cun bo número de equipos, que lle parece a competición?

Este ano tralos arrastres quedou unha terceira como ten que ser, mínimo 14 equipos,no que levamos ata  ahora paréceme que subío algo o nivel dos equipos.

Como sabe neste blog somos moi do Muxía, como foi a súa chegada ao club da vila da  Barca co que acadou ascender a Liga da Costa, despois de moitos anos de penuria en Terceira?

Eu xa son un corviño mais, sempre lle estarei agradecido o Muxía por regalarme un título. A diretiva fixo unha gran plantilla e tocoume o honor de dirixilos.

Soubolle a pouco un ano solo en Muxía?

Pode que si, pero quédome co bo, deixar amigos na plantilla e na directiva.

Que nos pode dicir desa xeración de xogadores e dos que foron chegando despois aos cales seguro que tamén coñece?

Unha gran xeración de futbolistas que lles gusta xogar o balón ademais con un gen competitivo incrible

Tiñamos unha gran plantillaEli, Jose Antonio, Papi, Breo, Denis, Martin, Munitis, Chans, Lagoa, Pereira, Ruso, Negro, Currás, Picallo, Castreje… e os que aida quedan no Muxía Michael, Congui, Julián ,Adrián e Victor Alcaina, tamén Peski pero aquel ano casi se perdió toda a tempada por lesións, non sei si me queda algún . E xa ves a calidade , dores de cabeza para facer as convocatorias e alineacións, por sorte casi sempre acertabas xogaran mais ou menos cando estaban no campo dábano todo para ganarse o puesto .

No seu momento refundou o Porteño, como foi aquela etapa?

Daquela eu tiña o Pub Tejanos aquí na Ponte e xuntábase toda a xuventude. E ahí fui xurdindo o xermen. Uns amigos Canducho e Rivadulla empezamos a darlle voltas.

Había pinos no campo da Grixa. Conseguimos facer unha xestora e despois unha directiva, todo o pobo se volcou poñendo unha man.

Moi importante tódolos que formaron a diretiva, pero quero destacar a Cándido que estaba de vicepresidente e cando eu marchei seguio el moitos anos de presidente.

Hoxe pasaron xa 25 anos o tempo pasa e da gusto cando vas ver un partido a Grixa e ves tanta afición vendo os partidos.



Que opina do actual Porteño?

Este ano teñen moi bo equipo polos partidos que lle vin, son claros favoritos o ascenso.

Pensa que terá a oportunidade de adestrar o novamente ao Porteño?

Non creo, no Porteño xa pasei por todo, xogei, fun directivo, presidente, adestrador, son o socio nº 5 , a Grixa ahora de espectador.

Cando se dorme peor antes ou despois dun partido?

Ese e uns dos motivos polo de tomarse un descanso, durmo mal o día de facer as convocatorias e o despois do partido toda nuite dándolle volta os fallos.

Compartíu banco con Tono do Atlántico un mítico da Costa, como foi a experiencia?

Non o conocía personalmente, si de vista.

Fui unha agradable sorpresa, é unha gran persoa e un gran adestrador e coincido con alguna xente que opina o mismo ca min, Tono é un adestrador de Preferente para arriba.

Aprendin moitísimo.

Florentino di que a xuventude está a pasar do fútbol. Que cambios nas regras do fútbol ou das competicións proporía de cara a un futuro?

O problema está na saturación de fútbol o que levamos os rapaces, cando chegan a xuveniles xa están cansados de tanto fútbol.

O futbol base tiña que ser nos colexios, con partidos de vez en cando entre colexios e sobre todo sin a presencia dos pais.

Todo o mundo leva un adestrador dentro  din, que opina vostede cando criticamos, aquí tamén nos incluimos, aos adestradores, xa sexa de Terceira Galicia ou de Primeira División?

Os  que adestramos sabemos que vamos ser criticados. Cada un faría unha alineación.

Teño neste tema dúas anécdotas, a primeira pasoume en cadetes, deuseme un día por darlle un papeliño a cada xogador para que puxera o seu once ideal, e encóntrome con que un chaval que xogaba pero non sempre de titular, e cando non era titular sempre me estaba no banquillo con boas palabras dicindo que tiña que ser titular, poús na sua alineación non se puxo de titular, e dime con humor cando lle pregunto “e que estes 11 son mui  bos”.

E a segunda e no Muxía, ganando casi todos os partidos e líderes con diferencia, un partido que empatamos, nas redes sociales do Muxía vexo un comentario de unha aficionada que me da volta e media, e penso eu como menos mal que estos rapaces me ganan todos os partidos…

Pero como digo é normal, o que xa non me gusta nada é cando un compañeiro critica a outro.

Que adestrador Top se adaptaría mellor ao mundo costeiro?

Mourinho.

¿ Adestrador  que admira ?

Cruyff. Ainda que son do Madrid de sempre, Cruyff foi  o meu ídolo como futbolista e adestrador. Tiven a sorte de estar nunha charla del na Coruña. Un crack.

Que opina da lista do Mundial?

Non opino, é  unha gran responsabilidade e levará  o que el pensa que é o mellor para conseguir bos resultados.

Este cambio de xeración collíome co pe cambiado, ahora xa os von conocendo pero o principio con algún tiña que preguntar, donde xoga este chaval.

Ahora hai moitos que xogan en ligas extranxeiras.

¿ Peor e mellor momento que lle dou o deporte?

O mellor sin duda o título de liga e ascenso co Muxía.

O peor non recordó.

Como madridista, ganara o Real Madrid algún título este ano?

Xa non sei que decirche a tempada pasada o principio pensei que non ganabamos nada e o final mira liga e champions.

Este ano o barsa esta mellor e vai poñer difícil a liga, e a champions outro ano de remontadas imposibles?

Foi algunha vez o Bernabéu ?

Non, a ver si convenzo a algún amigo e von un día.

Sua maior virtude e defecto ?

A paciencia. Virtud e defecto, a veces xa teño de mais.

O maior pracer da súa vida?

Os fillos.




Un lugar para vivir?

O meu pobo.

 Un lugar para perderse?

Reira. Meu lugar de camiñatas e carreiras dende a primaveira ata o outono.


Película favorita?

Interestellar.

 Actriz/ Actor favorito?

Michael Cane.

Grupo musical favorito?

La Guardia e Duncan Dhu.

Canción?

Mil calles llevan hacia ti de la Guardia  e Cien gaviotas de Duncan Dhu. Por ese orden.


Libro?

2001 una odisea espacial, o libro leíno primeiro antes de ver a película.

 Refrán favorito?

Non é un refrán é un trozo de texto de Calderón de la Barca que miña nai cando era pequeno me soltaba de memoria cando me queixaba.

Cuentan de un sabio que un día

tan pobre y mísero estaba,

que sólo se sustentaba

de unas hierbas que cogía.

¿Habrá otro, entre sí decía,

más pobre y triste que yo?;

y cuando el rostro volvió

halló la respuesta, viendo

que otro sabio iba cogiendo

las hierbas que él arrojó.

 Comida preferida?

Unha moi sinxela que von meter moito de menos porque ninguén ma  vai facer igual , colifror con bacalao que facia miña nai.

 Personaxe fora do deporte, que admira? 

Jesús de Nazaret.

Un acontecemento histórico mundial?

O das torres xemelgas, impactoume bastante.

Un sono por cumplir?

Polo libro e película favorita, xa te podes imaxinar, un imposible dar un paseo espacial, como me decía miña nai “ baixa das nubes Jose Manuel” ja ja ja.

Que espera do 2023?

Mira despois do que me sacou este 2022, disfrutar da familia o máximo posible.

 


BONUS TRACK.

Porque Álvaro posou para ficharche pero non che saca a sua típica foto coa bandeira do Muxia como fai cas celebritis cando lle vas comer o restaurante?

A paciencia ten un límite, ata ahora funo levando pero cando ahí atrás saca unha con un tal Matias Prats que presentou dous telediaros, home,home ja ja ja.


OUTRAS ENTREVISTAS:

Barca Toba 2022.

Antonio González.

TODAS NESTE LINK.

No hay comentarios:

Publicar un comentario