miércoles, 10 de mayo de 2017

Economía e outras cousas.

A raíz dun estudo de Sporting Intelligence sobre os salarios dos equipos e pola petición de un usuario de máis información sobre este tema e outros, decidín investigalo un pouco máis e froito deso atopei unha serie de artículos de Tomás J. Rubio en falso9sports.com que poden ser interesantes. Alá vamos logo.



Todo arrancaba cando do estudo de Global Sports Salaries Survey 2016  feito por Sporting Intelligence  víamos que o Barça era o quinto equipo do mundo de tódalas disciplinas deportivas que máis pagaba de media aos seus xogadores. Sendo Cleveland Cavaliers o que máis con 8.652.920 millóns de dólares de media por xogador. Seguido de NY Yankees da MLB , LA Clippers da Nba e na cuarta posición chegaba o primeiro equipo de fútbol o United de Mou. No quinto aparece o Barça con 7.456.800 dólares de media por xogador. Como todos sabemos esa media pode ser debida a que uns cobran moito e outros pouco a media de que un cobre 10 e outro 0 é 5 e o que cobra 0 moi contento non estará, pero si nos da uns salarios moi altos no Barça e uns ratios ingresos/salarios no Barça máis ca perigosos e con Messi aínda sen renovar,  o cal explicaremos posteriormente cun artículo.

No posto nove atopamos o City de Pep, e no 19 o Real Madrid con 6.668.475 dólares de media por xogador. Xa decía Flo que no fútbol todo vai cambiar.

Pero para explicar mellor estes temas utilizamos un primeiro artículo de T.J. Rubio : Lo que la cartera esconde  onde nos conta mellor ca min este tipo de temas. Outra visión, poñamos como exemplo algo que leín onte ,  que para a prensa James costou 80 kilos, sendo 75 máis 5 si é balón de ouro. En cambio André Gomes costou 35 kilos , sendo 35 máis 5 cada ano que o Barça entre en Champions, sendo 4 anos de contrato, curiosidades nada máis.

Outro caso temos agora co tema Theo que queren vendernos que o Atleti non sabía nada si foron eles é o Alavés os que deron permiso para o recoñecemento médico. E aceptaron a oferta de 30 kilos en 3 anos, en caso contrario sería 24 kilos da claúsula e listo e pasar o recoñecemento unha vez finalizada a tempada. Recordemos que unha sentencia di que desaparecen o IRPF e o IVA das claúsulas. Neste outro artículo nos fala sobre o tema das claúsulas.

Tamén preguntaban sobre o caso de menores e FIFA, pois ten outro artículo para falar dese tema. Podémos neste enlace ver como o explica.

Para rematar falábannos de Chuflas e o tema da xuiza, po cal tamén temos un novo artículo explicando o tema.

Tomás J. Rubio ten algún que outro artículo sobre outros temas se interesa, explicando certas cousas e campañas. Como El equipo del pueblo ou Cantera y sus ciclos.

Pero para min hai un de cando falso9 solo era un blog sobre Prisa e Flo que tamén me gusta moito.

E como non están os de elaboración propia deste blog sobre o señor Chuflas, VAR, Trolls, e Outros Clásicos.

Tamén podemos saír da polémica e falar solo de fútbol, como con Carlo-Zizou ou as súas decisións.

Non pretendemos convencer a ninguén solo buscar información e aportala, tan solo iso. E pasar un cacho divertido iso tamén.

P.d. A raíz dos soldos que pasaría si o Real Madrid chega deixar marchar gratis a Dani Alves por non pagarlle o que pide e fai o rendemento que está a ter en Champions ? Que diría a prensa de madridistas disfrazados que decía Mou. Os que buscan excusas para atizar o Madrid tódolos días, os do artículo de arriba.  Eses que vaia portada se gastan hoxe, creo que nin en Barcelona fan esa portada. Por moito que digan parece que xoga un equipo español co Real Madrid de Armenia por exemplo, toca remar moito hoxe.

Por certo Alves está nun ecosistema con tres centrais moi bo para el, humildemente penso que no Barça non funcionaría tan ben con tanto espacio a súas costas sen ninguén que o cubrise.

P.d. 2 : En falso9 tamén hai artículos interesantes sobre o Barça, intentan ser independientes e con moitas visións ou eso parece.



No hay comentarios:

Publicar un comentario