miércoles, 22 de agosto de 2012

Carta aberta as xogadoras do Fisober F.S.F.


No día de hoxe decidín publicar esta carta para o público en xeral, tentando  poñer en valor os esforzos e dificultades cas que se atopan para competir un grupo de rapazas nun deporte que moit@s entendían de homes aínda que elas amosaron todo o contrario.
   


A CARTA :

O domingo minutos despois de rematar a Final do Campeonato de España miraba para as vosas caras e facíase difícil non emocionarse. Ver chorar dende a máis veterana ata as máis xóvenes foi un momento  complicado.

Supoño que doía o resultado, doía telo tan preto e que se fose das mans, ou máis ben dos pes . Doía máis que nada  quizáis defraudar os pais, nais, familia , amigos……. Non vos equivoquedes eles deben e están moi orgullosos de vos. Mellor ca nadie saben polo que pasástedes para chegar alí.
Foron case oito anos de entrenamentos, pasástedes por Coristanco, Agualada, Baiñas, Vimianzo, Muxía…………….. , tantos e tantos km que eles fixeron o voso lado ou no voso corazón. Partidos en recónditos lugares, esas  “maravillosas”  viaxes  a Sobrado, Mabegondo, Esteiro, Boqueixón, Marcón, Guntín, Castrelo, Ribadeo, Bembrive ………., cada unha terá a súa localidade “preferida”. Tantas e tantas  anécdotas.

Aqueles comenzos nos que había máis xente na porta do pabellón que dentro. Pero pouco a pouco , pasiño a pasiño, fostedes crecendo ( tamén físicamente )  e con vos o equipo e tamén o apoio. Pasástedes de dez personas no pabellón a máis de dúascentas. De non ter casi  nadie nin nos partidos da casa a que madrugaran por vos, a que viaxaran con vostedes. Eso tamén é un título, eso conseguistedelo vos. Que a prensa se preocupe por chamar para saber o voso resultado, a saír día tras día nela.

Xa quererían moitos equipos de supostos  “galácticos” costeiros  masculinos ter a xente que tendes en moitos dos  vosos partidos. E eso que a eles regálanllo todo, para eles todo é moito máis fácil e incluso na última das  categorías moitos cobran, incrible pero certo.

Xa lle gustaría a moitos ser Campeóns Galegos, chegar a Final do Campeonato de España, chegar a Final da Copa Autonómica. Ganar deportivamente o ascenso a Segunda División do fútbol sala femenino español, no económico xa se verá. A inmensa maioría deles nunca poderán nin acercarse a vivir momentos como eses. Triunfos dese tipo.


Quen de nos non firmaba alá por Agosto os resultados que conseguístedes ata o día de hoxe e aínda queda unha Final nesta tempada e si deus quere moitos momentos que disfrutar e tamén sufrir, nun futuro.

Co paso dos días, meses , quizáis anos valoraredes  moito máis todo o acadado, todo o vivido. Recordaredes as gominolas de Barca e o seu paraíso culinario cheo de pasta e lechuga, os irmáns de Patri, a animosa prima de Oly, as notas de selectivo nun vestiario , aquela persona que nunca pensástedes que vos fora a ver, ou aquelas que vos dan a noraboa porqué vos virón no periódico, nunha web, nunha foto tuenti, no facebook…… e que nin sabían que xogábades o fútbol sala ,  o conserxe  e o seu alento  a “ juiskiño” , a competición de masaxes de Noelia , a min rompéndovos a cabeza….. ………. E sobre todo a remontada o Emeritense , pero recordarédelo, cada unha terá o seu momento na memoria.

 Cada unha ten o seu gol no Campeonato de España, excepto   Ylenia que terá o seu golpe no ollo, jaja,   as porteiras recordarán unha parada. Mención aparte para Elsa que non pudo disfrutar destes momentos sobre a pista, viviunos incansable dende o banco, quererá ser entrenadora?

Xa que como ben dixo Myrella : “ Pode facer que toques o ceo e pode facerte caer no inferno. Pode facerte chorar de alegría , enfadarte, saltar de emoción, poñerte dos nervios, chorar de rabia, de impotencia, de tristeza….. …Pode ser xusto e pode que non. Pero así é o fútbol e esa é a súa grandeza. Queda mirar para adiante e quedarse cunha experiencia inolvidable. Levantarémosnos con máis forza que nunca como xa o fixemos máis veces “.

Levades esperando estes momentos dende que empezástedes a practicar este deporte , e todo o que ocurre é fruto do voso traballo, da dor que fóstedes capaces de soportar. Tantos e tantos sacrificios e tantas derrotas inevitables.

 Pero señoritas así se construen os soños, esa é a maxia que vos convirte en ilustres campeonas.

Fdo : Un servidor  , socio n º 5 do Fisober.

                        


                   Unha carta que as xogadoras do Fisober xa coñeceron alá a finales de  Xuño  días despois de perder a Final do Campeonatode España e para tentar animalas ante a Final de Copa Autonómica que aínda lles quedaba por disputar.


Unhas rapazas de diferentes localidades da Costa da Morte a cal representarán na vindeira tempada  por todo o Norte de España na Segunda División do fútbol sala femenino.

Competirán en desigualdade de condicións cos outros equipos pero a bo seguro ca maior das ilusións. Limitadas na posibilidade de entrenar e nas posibilidades económicas,nun clube tan humilde que ata elas se pagan a ficha, fronte a moitas rivais que cobran por  xogar.

Unhas xogadoras que na súa maioría chegaron o clube cando se fundou o 4 de Setembro de 2004, sendo uns “garbanciños” como di o presidente  e oito anos despois o levaron a Segunda categoría do seu deporte, do deporte o que aman. Un grupo cunha media de idade de 21 anos no que solo 3 xogadoras superan esa idade.

 Necesitarán  todo o voso apoio para unha dura e trepidante tempada na que dara comenzo   o venres 24 de Agosto co primeiro entrenamento  #AléFisober.


VIDEO A POLA LIGA.

VIDEO A POLO CAMPEONATO DE ESPAÑA.

FISOBER , QUERES XOGAR ?

FAITE SOCIO.

FISOBER NA COPA XUNTA.


No hay comentarios:

Publicar un comentario