martes, 4 de abril de 2017

Trol / Troll .

Na xerga de internet, un trol ( troll en inglés), describe a unha persoa que publica mensaxes provocadores, irrelevantes ou fora de tema nunha comunidade en liña, redes sociais, declaracións en medios ....... ou similar coa intención de molestar ou provocar unha resposta emocional negativa nos usuarios ou lectores, con fins diversos, incluso por diversión. De outra maneira alterar a conversación normal nun tema de discusión, logrando que os mesmos usuarios se enfaden e se enfrenten entre si ou con el.



O trol pode crear mensaxes con diferente tipo de contido, como groserías, ofensas, mentiras difíciles de detectar, coa intención de confundir e ocasionar sentimentos encontrados nos demais.

Todos conocemos deste tipo de persoas, hainas as que o fan para divertirse un pouco nas discusións cos amigos, no fondo todos somos un pouco trol. Hainos que o fan con maldade con afán de destruir. Despois están os que queren vivir a conta deso, é dicir os "famosos" ou persoas públicas que a conta deso, dos clicks nas súas contas, do número de seguidores..... sacan pasta e están sempre na boca da xente, que fala deles. Sen saber que lle estamos facendo o xogo.

E despois está o señor Chuflas que como todos sabemos é un crack do tema. Faino unha e outra vez e a xente sigue comprando o seu negocio. E hai quen o cree e todo, pobriños.

Despois si lle contesta unha persoa implicada no tema, o abogado do Estado, deso apenas se fala, xa que a veces fálase máis da falacia que da verdade.

Lendas, mitos e pandullasos como dixen fai pouco. Ou aquel mítico Enlama que algo queda de 2015. Ou o Lei Mordaza de pouco antes.

Pero hai artígos moi bos na rede sobre o tema dos clicks, as medias verdades e o ben que funciona o "trolismo" , se  pinchas nesta frase poderás ler un sobre o tema por exemplo.

Todos sabemos trolear como dixen antes a cuestión é as razóns polas que se fan. É moi distinto picarse un pouco cos amigos, que facelo con maldade para destruir ( moi perigosos estes ), ou os que o fan para o beneficio económico.

Tamén se podería falar por aquí de visitas a famosos dietistas/nutricionistas que traballaron anteriormente con ciclistas moi "dudosos", soltala así sen querer. Ou de presidentes imputados a go-go, enlamar sabemos todos. A cuestión é ter os medios para espallar a lama.

O triunfo de certo clube non é tanto o seu estilo coma o seu discurso, venderon moi ben o seu discurso e teñen os medios de cara por moito que digan, a dificultade é loitar contra ese discurso distorsionado.

Este outro artículo tamén é moi bo para sacarlle as cores o Chuflas.

Tamén é interesante este artículo sobre Amancio Ortega que define moitas cousas da nosa sociedade. Se dona mal, se non dona mal, un servidor o único que sabe é que dunha ou doutra maneira coñezo a moita xente que traballa para el, directa ou indirectamente e que cando el desapareza como a Pablo Isla lle dea por cambiar cousas en Galicia vamos temblar.

Hai que saber diferenciar e listo, e saber comprar o que che venden. Que che regalen a orella dicindo solo o bo non sempre é positivo, as veces teñen que darche caña e criticarche para que espabiles.

A min particularmente sobre o tema  encantame este do blog sobre egos Mou e Casillas, que onte volveu a miña cachola. Con aquela frase : "Si hai espíritu de equipo prodúcense roces pero o equipo mantense a flote "  Ou aquel Mou vs Valdano tamén interesante, as cousas que se pensaban anos atrás.

Polo tanto xa somos grandiños e cada un saberá si estamos ante un trol ou se é alguén que nos di as cousas porque quere abrirnos os ollos, se é unha simple discusión sen maldade de amigos ou si o fai por destruir,  como digo sempre o tempo vai poñendo a cada un no seu sitio. Nin os bos son tan bos, nin os malos tan malos......

Batiburrillo de ideas coma sempre.

Pinchade que hai moito link interesante chavalada.

2 comentarios:

  1. http://meritocraciablanca.com/2017/04/03/sabemos-funciona-iii-los-valores-del-barca/

    ResponderEliminar
  2. http://meritocraciablanca.com/2017/01/24/sabemos-como-funciona-esto/

    ResponderEliminar