miércoles, 7 de junio de 2017

Bilis.

Non sabedes como estamos a disfrutar o momento dende o madridismo, están tan nerviosos e doeulles tanto a Champions, unida a Liga e as Copas da Galleta ( Supercup e Mundial de Clubs ) que están sacando toda a súa bilis. Catro títulos de cinco, no bad, na súa mellor época pois fainos saltar a mínima e aquí aproveitamos para escribir día tras día, a veces tamén hai que escribir na vitoria , disfrutar da praia e do verán vendo como sufren ata que arranque a nova tempada. Estámolo pasando xenial, non sei si queda alguén por saír e demostrar que a teñen clavadiña.


A demostración palmaria e que fale o Chuflas, si fala o Chuflas algo fixemos ben é o  detector de bilis por excelencia. Non te das conta que agora somos nos os que che troleamos raparigo. Non sei que dixo de ruadas ou romerías, o seu problema é que a hemeroteca non falla e respondéronlle cas que fixeron eles e tal, uns cuantos videos saíron pero bueno el xa intentou desviar a atención e sacáronlle un pouco os cores ( 97 con Mou, Lucho, Gurú nas imaxes, e 2012 con el por exemplo ). Creo que nos axuda máis do que nos perxudica chufliñas e danos que falar. Acordome ben daquel ano de Mou e daquela Copa, escribimos isto por aquí de feito. Esto é todo vasos comunicantes os títulos dun afectan o outro, quen non queira velo é cego. Si o Madrid non gaña a Champions non sufrirían tanto.

Non sei que será peor celebrar unha Copa ou ir a Canaletas a celebrar unha remontada e unha vitoria nun Clásico, se despois non gañas esas competicións,  ben que as celebraron eles pero bueno diso xa falei o outro día que tanto reflexionei.

A ver Chuflas os que lle dades importancia as Copas e Copas da Galleta sodes vos. Vouche sacar un datiños  para que entendas.

Títulos de  Champions, Liga, Copa :

RM : 64
FCB: 58

Títulos Champions, Liga :

RM: 45
FCB: 29

Creo que queda a vista quen lle da máis importancia a Copa, que pensades. Os mesmos que tanto se queixaban de que o madridismo falara do pasado, agora solo teñen na boca os anos do gurú e veña a comparar. A ver si aclarades as ideas un pouquiño.

Por certo que a un servidor non lle importa o de si somos mellor equipo co do gurú e todo iso, nin a forma de xogo...... No Real Madrid o que importa é gañar creo que queda claro, non pretendemos inventar o fútbol . Como dixo o NYT : as the era in which Real Madrid won, and won again, and won again ". Como sufre esa prensa de madridistas disfrazados que tanto nos ataca tamén, acordome cando falou Filipe Luis que dixo que o Madrid che gaña de mil maneiras diferentes ( balón, parado, transición, xogo posicional, contras..... ), tivemos que ir o extranxeiro a buscar as declaracións aquí escondéronas os que solo lles valía o fútbol do gurú.

Que vos estamos troleando home, que cada equipo nun contexto e nunha época, para min o mellor Madrid que vin foi o da Quinta e non gañou a Champions. En cambio Lukita e Bale levan 3, cousas da vida, que non queremos compararnos co do voso gurú, solo demostrarvos que sin tanta parafernalia tamén se gañan. A Décima tamén sacou moita bilis, cantas coviñas descubrimos.


Según os periolistos expertos o  Madrid gaña Champions o estilo Grecia aquela Eurocopa por iso como di Nemesio a Uefa vai implantarlle unha serie de normas a aplicar pero solo vixentes para o Real Madrid :


  • O Real Madrid deberá xogar sempre cun esquema  que será aceptado previamente  por un comité designado por periodistas antimadridistas.
  • Ese comité tamén elexirá a alineación e os fichaxes.
  • O Real Madrid xogará sempre en campo contrario, en estadios sen cuberta, contra defensas xóvenes pero con experiencia.
  • Xogará sempre contra rivais de recoñecido prestixio.
  • Solo partidos intrascendentes, non poderá volver gañar un título.
  • Calquer gol que marque o Real Madrid poderá ser anulado por ese comité de expertos si eles definen que se fixo de forma indigna.
  • Non valen os centros.
  • Ese comité tamén decidirá quen pode ir o palco do Bernabéu.
  • En caso de que nos permitan gañar un título tamén decidirán que títulos podemos celebrar en Cibeles e cales non.
  • O VAR solo poderá anular goles a favor ou conceder os que lle marquen. Nunca poderá ser favorecido polo VAR.
P.d. : Os ciclos marcaraos Chuflas e o periolisto que ten o seu segundo apelido. 

Esa é unha idea que deben ir mellorando os periolistos  patrios os que nunca lles convencen os títulos do Madrid pero os de outros son sempre sobrenaturais. Por certo a algún periolisto este verán vailles estoupar a cachola, teñen que elexir entre Mou e o Real Madrid na Supercup, sufrimento para Lama, Carreño, Pulido, Segurola, Bernabéu ....... buff que placer.

Disfrutemos un pouquiño madridistas que o temos ben merecido e o mellor de todo e ver como se caen caretas unha tras outra, tanta cousiña como me teñen dito. Vivian nos mundos de Yupi, aquel mundo ideal parece que chocou ca realidade e non están sabendo asumilo moi ben. Benvidos nos xa estabamos nel esperándovos. Dende agosto toca empezar a loitar dende cero. Se nos quitan méritos algo estamos facendo ben.

En capítulos anteriores :








No hay comentarios:

Publicar un comentario