sábado, 16 de abril de 2022

Tarde de Arliña.

 O pasado domingo puiden ir a Arliña a vivir o primeiro partido da fase de ascenso a Primeira Rexional para o Muxía. Como se deu a oportunidade de ir ao partido a última hora, cheguei ao campo ca idea de facer unha crónica coma nos vellos tempos por recordar tradicións pasadas, algo que fun rumiando no viaxe  pero finalmente desistín, xa que non tería moito sentido, decidindo pintar a mona doutra maneira e hoxe cun pouco de tempo pois saco unhas liñas.



O destino quixo que a tódolos partidos aos que asistín esta tempada  para ver o Muxía o resultado fora a prol do conxunto da vila da Barca, parece que son un seguro de vida  de momento. Sinceramente o partido non foi coma un servidor se esperaba, o Castriz gústoume e moito, utilizou as súas armas e amosou que os equipos van sufrir moito contra eles, por exemplo en San Pedro vai ser unha tortura sacar algo positivo para o Muxía.  

No futbolístico foi un partido de goles raros e sicolóxicos como din os expertos, tres goles en propia porta para os locais, dous deles despois de balón parado ( non sei si entraban igual) e en minutos cruciais, un gol tras rexeite para os visitantes, un partido extrano en si. Pero vamos dispersarnos máis en letras que no fútbol en si hoxe.



A tarde era de sol e vento, boa para ir ao partido igual non tan boa para os que estaban no campo e notouse. Vento do sur non tan típico na Arliña o cal fixo que fora agradable estar no campo. Unha tarde na que me tocou ser o carrusel para meu pai, un si habitual que non puido vivir este partido, confiemos en que si poida nos dous seguintes, con todo o que leva sufrido nesas gradas, un pouco de ledicia non lle ven mal.

Veñen a mente as fases de ascenso xuvenís no seu tempo fronte o Montañeros ou Negreira, ou cando se xogou unha de infantís.  Pero sobre todo toca disfrutar do momento despois de tantos anos penando na Arliña os catro gatos que éramos tantas veces.



O que máis gustou ao que escribe estas palabras foi ver o gran ambiente nas gradas, con moita xente ao igual co día do Camariñas. Moita desa xente familias, con rapazada que comeza a vivir o club dende categorías inferiores e arrastra aos da casa a Arliña, non sabemos o importante que é iso. Xente pouco habitual no fútbol e incluso  de diversas parroquías, pechando locais e todo para ver o partido,  cousas que sen querer fan sentimento de pobo. Aínda recordo o muro e as táboas rodeando toda a Arliña, naqueles tempos no que o campo sempre estaba cheo e cando o fútbol profesional e televisado  non era competencia e a xente pasaba a súa tarde mirando o fútbol e o mar.

Incluso recordarei sempre dúas cousas  vivir o partido cun amigo que rara vez vai ao fútbol e ver o debut do fillo de outro co primeiro equipo sendo aínda cadete, facémonos vellos pouco a pouco.  Quédome con iso, acadar o ascenso ou non é secundario, disfrutar da tarde doutra maneira é o importante, si gañas o partido premio dobre.



Disfrutemos o momento e non desperdiciemos a oportunidade de enganchar a xente ao club, os partidos pasan pero o sentimento perdura.

Anteriormente:

Marea safada.

Novo Arliña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario