jueves, 19 de enero de 2017

The flower.

Xa o tiña avisado, é lei de vida chegarán as derrotas e chegaron por partida dobre, na miña humilde opinión en ningún dos dous casos foron días que “merecemos” perder, fixemos bastantes méritos para sacar algo de proveito. Pero isto é o bonito do fútbol, no que tantos días estivemos no outro lado, sacando partidos da nada. Pois pode virarse na nosa contra e non pasa nada, hai que seguir tirando para adiante. Xa que o merecemos é tan irreal, o que conta é o resultado que queda no electrónico, non os merecemos duns e doutros.


Estes días falarán de que o acabárselle a flor acabouse o efecto Zidane, que  xa sabemos  como vai isto. Sorte, sorte o que se di sorte non temos moita. Nos dous últimos partidos chegan tres veces e márcannos 2 goles, pois non é moita sorte. Previo erros individuais grotescos por certo. Vaia pérdidas en medio campo de Karim e Lucas, que si Keylor queda baixo paus, que si Sergio tira mal o fora de xogo, que si Danilo deixa unha autopista nas súas costas…….

Ese si é o efecto Zidane, cada erro é penalizado, non virá cousa tal antes. Como cometamos un erro  é gol seguro, incrible. En cambio nos, os da pegada, erramos múltiples ocasións e non pechamos partidos, pero claro venden que somos Flor e Pegada e hai xente que compra a teoría, en fin. A flor tamén debe de ser que che toquen dous dos equipos máis en forma coma o Sevilla e o Celta, the flor. Ou as lesións, as nosas interminables lesións.

Pero agora vamos co preocupante. O primeiro será erradicar o mito de que as lesións lle fan as alineacións a Zidane e por iso lle vai tan ben. Si claro, estar coma agora sen Bale o xogador máis desequilibrante do equipo, Carvajal, James, Pepe …..iso é bo, si claro, a outro co conto. Sen contar as múltiples lesións que levamos soportado nos últimos anos, sorte chámanlle a iso, periodismo ilustrado!

Outro punto interesante son Danilo e Cristiano. O de Danilo é de expediente X, con el sempre conto que os meus coñecidos barcelonistas me dicían que era un super fichaxe, pois sería en pasado porque é un xogador sobrepasado polo Real Madrid, non deu o nivel aquí, é un desastre. Neste mes sen Carvajal pensaríame a solución Nacho ou incluso Lucas para certos partidos, porque Danilo esta desbordado e é un factor desequilibrante pero para nos. Danilo segue os pasos de Illarra, claramente ademais, superados ambos  polo club, pola presión desta camiseta.

O estado de Cristiano é outro síntoma preocupante, nunca o virá tan mal dende que chegou, é algo que se vía vir por outro lado, pero a día de hoxe non se vai de ninguén e si non finaliza xa nin as ocasións que ten, que lle queda. Caeulle o mazo físico encima. Dixen moitas veces que era a hora de vendelo pero parece que non me fan caso.

E claro si xuntamos os dous coma onte xogamos con 9. A pesar de xogar con 9 fomos “mellores” co Celta polo menos ata o segundo gol deles, ese gol si que nos fixo moito dano.

Por certo  sigue sen minutos o mellor dos dianteiros do Madrid o señor Mariano.Con CR desaparecido, si  Morata volve a ser o Morata de antaño , leva un tempo sen ser o bo suplente que supoño que é,e  Karim si e non, pois hai que darlle minutos a Mariano. Onte era un partido claro para el de titular e Cristiano no banquillo e foi o contrario.O partido de onte perdeuse porque os de adiante careceron da famosa pegada que nos aplican, ocasións producimos, penso. A pegada era a que tiña Ronaldo Nazario, non a que non temos os últimos 5/6 anos, de feito si tiveramos pegada e a bula arbitral doutros tíñamos un par de Ligas máis mínimo, tirando polo baixo.

O problema agrávase xa que antes os goles viñan de Ronaldo, pero se agora nin el marca, temos un grave problema Houston. Xa que Morata e Karim son complementos pero non Killers, o matador é Mariano.

Que non xogue Mariano ou Morata como mal menor   e si Cristiano son decisións que non entendo, coma o cambio de Kroos en Sevilla. Pero Zizou merece o beneficio da dúbida, teno gañado.
Outro problema comeza a ser a portería, aquí sempre fomos máis de Casilla que de Keylor, sendo conscientes de que Casilla non é un porteiro Top pero si bastante completo e pode sacarte de apuros. Keylor é un porteiro basado nos reflexos e no físico, un mini-Casillas, porque nin por asomo chegou a ter o nivel de Íker, pero é que parece que se lle caeu o físico dun día para outro. E de novo podemos comparalo con Casillas xa que imita o  peor  Casillas , o dos últimos anos. Non creía que Keylor se nos caera de golpe, vive debaixo dos paus, xa nin achica, problemón.

Moralexa, erramos nos dous puntos clave que dan títulos, a portería e o gol. Como digo sempre para A Costa, cun bo porteiro e un goleador tes máis da metade do camiño feito.
Unido isto polo eterno problema das lesións, non se pode rotar como é debido e claro. Porque por moito que o digan vin o equipo algo fundido onte, algo que me parece preocupante, moi preocupante. Sobre todo o centro do campo ten que descansar, que é onde máis se nota. E minutos a Mariano por favor. Carga física para a primavera ?

Claramente no Real Madrid non podemos vivir tranquilos, cando parecía que todo ía ben e nos reíamos do Chuflas, chega novamente o caos, a histeria, os nervios, as derrotas …… será a maldición do parche ? Volverán a saír os da coviña?  iso é algo bo, que volvan a virse arriba. No fútbol que pronto chas devolven.

Non , o Real Madrid é eso, e curiosamente desenvolvese mellor no caos que na tranquilidade, no caos casi sempre pesca algo, pero creo que temos equipo para vivir tranquilos, si  o sabemos utilizar e a sorte e as lesións nos axudan, que levan uns anos na nosa contra. Creo que xogábamos peor fai uns meses que agora, sinceramente. Pero xogábamos con 11 non con 9 coma onte, iso si.

P.d. : O mellor partido do Madrid en tempo foi co Sevilla  sen BBC e presionando arriba, non digo máis.

P.d. 2 :O arbitro onte pitounos algo a favor? porque o criterio foi algo imparcial, funcionan xa as palabras do Chuflas !!!

P.d. 3 : Os títulos gánanse en primavera e pérdense en inverno, quizais estamos con moita carga para chegar fortes alá, pero a ver se non perdemos o gañado.


P.d. 4 : The flower leva 3 títulos, 2 deles menores dos que lle suman a outros, pero lévaos.

Último artículo :

No hay comentarios:

Publicar un comentario