miércoles, 17 de mayo de 2017

Letras e galegas !

Pois hoxe non tiña pensado escribir e de facelo tiña pensado imitar a un profesor de escola que tiña, que falaba todo ano en galego e o día das Letras Galegas ( daquela non era festivo ) facíao en castelán, pero creo que non compensa. Decidín escribir, sobre o Real Madrid por suposto e fago en galego, cos erros que ten un servidor pero en galego. Que bo día sería hoxe para publicar o Recordos pero os sentimentos non van cas datas.



É curioso que o día das Letras Galegas o Real Madrid se xogue media Liga en Vigo. Un partido aprazado polo xa mítico temporal aquel que deu para tanto e no que a culpa por suposto foi do Real Madrid, o #Ventogate chamámoslle neste lugar.

Difícil praza Vigo para Zizou e os seus, ca defensa cos xustos. Ademais sinceramente non sei por onde vai saír estes dous últimos partidos, como vai mesturar xogadores, porque case todos merecen saltar o campo en Vigo e en Málaga, buff difícil decisións. A ver como combina.

Anda a xente preocupada por si o Celta e o Málaga van xogar con titulares ou suplentes, creo que non debería ser un problema ese, por unha simple razón, Celta e Málaga cumpliron, gañaron como locais ambos o Barça, así que nada de excusas neste sentido.

Deben xogar a gañar, os chancullos Barça-Sevilla-Granada do ano pasado xa nos chegaron.  Deso non se fala, nin se falou !

Pero si me preocupa outra cousiña, a de sempre, a dobre vara de medir do periodismo e como lle teñen o coco comido a moita xente. O fin de semana non puiden ver nin escoitar os partidos polo tanto onte que foi cando puiden , púxenme a investigar e aparecen moitas cousas curiosas. O que debía ser falar de fútbol convirtese en investigación.

Asusta o silencio o redor do Barça e todo o que se fala sobre o Madrid. Nadie falou do Las Palmas e de Setién, pero levan máis dun mes falando de Málaga para enmerdar, recorda a Tenerife ( por certo García de Loza e Gracia Redondo os dous grandes protagonistas de Tenerife). Intento de compra de Milla recoñecido incluido . Ninguén  fala do Eibar, nin unha palabra. Pero do alcalde e do Celta, que non vaia ser eh, que hai que enmerdar. Quentar o ambiente, na contra do Madrid, como fixeron en Champions.  Despois din que hai Caverna, dame a risa.

Ninguén  fala da dobre expulsión de Digne, dúas veces debeu ser expulsado fronte o Las Palmas , pero nin unha imaxe, por sorte existe Tuister. Último home, entrada por detrás e marchamos de rosiñas, e despois o cobadazo. Ninguén fala destas declaracións de J. Viera : " Sin duda lo peor es que el partido quedó marcado por no expulsar a Digne en el minuto 6, pero esto con ellos es cada día. Digne tendría que haber sido expulsado 2 veces, una por la falta a Jesé y otra por el codazo, pero ellos siempre igual. "

Sabíades destas declaracións ? Pero claro hai que bucear moito para atopalas, mira ti atopeinas na prensa catalana para atizarlle a J. Viera, o que sempre digo polo menos a prensa catalana non se esconde non é madridismo disfrazado coma a outra.

E claro tes que volver a dar os datos de @MaketoLari :

Últimos 81 partidos de Liga :

O Barça 1 penalti en contra e 28 a favor, 2 cartóns vermellos en contra e 18 para os rivais.

O Madrid 9 penaltis en contra e 19 a favor, 7 cartóns vermellos en contra e 8 para os rivais.

Ninguén fala destas cifras non interesa.

Si solo falamos desta tempada  en Liga, os datos ata hoxe son :

O Barça 7 penaltis a favor e ningún en contra  un 0 así de grande  , e un  , solo 1 expulsado por 9 dos rivais.

O Madrid 8 penaltis a favor e 4 en contra, con 2 expulsados por 3 dos rivais.

Curiosos datos non ? Despois tes que escoitar a campaña de que o Madrid é o máis beneficiado e toda esa basura. Todas esas campañas na contra do Madrid. Cando tes que sacar datos sobre o outro Clásico. Cando descubres por exemplo que este ano en Champions pitaronlle 5 penaltis en contra o Madrid e ningún a favor. Que chegamos as 2 últimas finais e o último penalti a favor que nos pitaron foi en Setembro de 2015, ninguén fala desto.

Porque o que interesa é crear animadversión contra o Real Madrid que é o que vende, eso é o que me fastidia destas campañas o que lle venden a xente. Na prensa solo salen xogadores do Celta, do Málaga, alcaldes .......  hai algún do Eibar ?

Canto se falou da xogada  do gol de Nacho e canto da xogada de Digne ? Ou do cartón de Nacho, por "discutir", un ex colexiado vasco que traballa en certa radio comentou que o de discutir era a trampa que poñían os árbitros , poñían discutir evitando problemas despois. Faime recordar a expulsión de Bale, empuxón foi cartón vermello directo. Vin 2 empuxóns este finde que non o foron. Aquel mítico gol de pillabán de Messi o Atleti no que o colexido lle dixo tira, non foi tan polémico verdade, foi o máis listo e punto.

Periodistas que levan anos dicindo que a dirección deportiva do Real Madrid é un desastre pero que agora din que o Madrid ten mellor plantel co Barça. Pois que mo expliquen porque non entendo nada. Por certo si observamos datos de Transfer Markt  nos últimos 5 anos o Barça é o 4 equipo do mundo con peor saldo no ratio ingresos  - gastos , por venda/ compra  de xogadores  : 180,80 - 474,67 =        - 293,87 . Pola súa banda o Real Madrid é o decimocuarto cun ratio ingresos - gastos , por venda/compra de xogadores : 312,85 - 455,50 = - 142,65.

Eses datos tampouco os verán nos medios non vaia ser, hai que atizarlle o Madrid.

Un que era moi crítico ca 1 de 8 empeza a atar cabos e asustase. Undiano domingo, De Burgos Bengoetxea para Málaga ( intercionalidade esta semana ? ) , Clos Gómez na final de Copa, raro , raro. Árbitros de cabeceira e cuns % de vitorias/derrotas para Madrid e Barça cando menos curiosos.

Contra esta manipulación hai que convivir día a día.

Un exemplo para rematar, un dos periolistos nun programa deportivo mítico da Televisión Española decía que como Zizou pinchara en Vigo ou Málaga ía a criticalo por errar ca alineación o cal lle contestou un adestrador, nada madridista por certo,  na mesma tertulia, que acababa de quedar en evidencia, que claramente ian a por Zizou, non hai máis preguntas señoría.

A presión de ter que gañar sempre os títulos, eso esixe o Real Madrid como di o Chapu, non queda outra que loitar.

Quedou moi polémico o artigo  algo que debía ser outra cousa , ser un Troll é o que da consumo e desafoga moito. Hai que respostar a tanta merda que poñen contra o Madrid, dar datos e máis datos  ! Despois din que movemos fios !  Tanto pegarlle ao Madrid faime aínda máis madridista !

En galego iso si !

Anteriores :

Recordos. 

Economía e outras cousas.

O outro Clásico.

Carlo-Zizou.

Frases de Bernabéu.




No hay comentarios:

Publicar un comentario