viernes, 8 de febrero de 2013

Carta de despedida de Patri.


Fai  máis de oito anos empezouse a edificar o que ahora é este equipo . A decisión de intentalo non foi nada difícil , baseouse nunha charla ca “Capi” que consistio en dicir as dúas : “ Si vas ti vou eu, pois vamos" .

O único que queríamos era pasalo ben e disfrutar xogando e sen dúbida aquí dábanse ambas cousas.

Dende o primeiro día fomos un bloque, nada ía a ser fácil pero iso íanos unindo cada vez máis, ata chegar a ser o que somos ahora unha GRAN FAMILIA.

Sen dúbida este equipo deumo todo e o que vivín aquí nunca o olvidarei. Aprendín o que era chorar de rabia, de alegría, a non durmir nunha semana por unha derrota e desbordar de felicidade por unha remontada. Desexar que chegaran os venres e os sábados para estar tod@s xunt@s. E pasara o que pasara no campo sempre con momentos para as risas.

O FISOBER para min é máis que un equipo, é a miña familia , é a miña casa  e nunca deixarei de sentirme como unha máis.

Por iso tomar esta decisión foi tan difícil e non podo evitar sentirme triste o pensar en todo o que deixo ahí.

Debo darlle as gracias a todos os que fixéstedes sentirme tan a gusto aquí e que fixéstedes que todo esto fora posible. A afición e a directiva por estar ahí sempre apoiándonos. O corpo técnico por todo o que sacrifican por estar con nos , e como non  as compañeiras máis ben amigas  por ser as mellores e facerme pasar tan bos momentos que nunca olvidarei.


Ahora dende a distancia ou dende a grada sufrirei como unha Fisober máis ,pero si  algo teño claro é que esto non é un adeus é un ATA PRONTO.

ALÉ FISOBER ALÉ ! SEMPRE !

Patricia Romaní Vilela . “ Patri"

O noso : Ata pronto Patri.

No hay comentarios:

Publicar un comentario