lunes, 29 de enero de 2018

Search Me ! Datos , datiños, curiosidades.....

Non todo vai ser atizar a Zizou hoxe vamos a sacar datos, datiños e curiosidades que aparecen por tuister. Por certo a Zizou tocáralle máis, o partido do Valencia o equipo tivo bastantes lagoas coma sempre.

jueves, 25 de enero de 2018

Search Me! Pepinos.

Non foi por non avisalo de feito díxeno ao coñecer a convocatoria, estaba claro que Zidane tiña que ter ademais de Modric a Bale no banco , os dous únicos xogadores capaces de cambiar partidos a día de hoxe no Real Madrid. De Zizou case non vale a pena falar máis, avisei tamén que debía mesturar equipos pero tampouco. Apegouse demasiado aos xogadores e agora creo que xa é tarde. Sinceramente e polo aprecio que lle teño a Zizou doeme dicir esto pero debería deixar o posto. Perdeuse o rumbo totalmente. De feito non está despedido por sen quen é e polo ano pasado.

miércoles, 24 de enero de 2018

martes, 23 de enero de 2018

Search Me ! CR o tfno e máis.

Pois hoxe no Search investigamos sobre CR e o tfno, Kepa e todo o que lle pareza aos "tuiester stars". Mira que un servidor non é dos pro-CR pero xa lle pegan por todo. Alá vamos :

lunes, 15 de enero de 2018

La zizanie.

La zizanie significa a discordia en francés que mellor xogo de palabras para falar de Zidane no día de hoxe. Vou  volver utilizar outra frase que me encanta de Jabois : " a derrota está mellor escrita que a vitoria, e a literatura solo é arte cando o final non é feliz, os finales felices son a precuela de algo que o autor nos aforrou ler. " , así nos sentimos os madridistas agora infelices , agardando a chegada do desastre final e cunha discordia interna, de quen é o culpable, Zizou, xogadores, Flo, a prensa....................

viernes, 12 de enero de 2018

Search Me ! Ruido.

Segue o ruido na volta de Zidane e témome que xa non rematará. Toca outra rolda de "tuiester stars" esperando o próximo artigo se o tempo me permite falar de Zizou. Hoxe sen especificar que vai o rápido.

miércoles, 10 de enero de 2018

Search Me! Eu non sei nada #149

" En general encuentro que a los entrenadores nos gusta mucho la táctica. La táctica sin técnica individual no sirve para nada. Tenéis que aprender a disfrutar de los detalles de técnica individual de los partidos." Aíto

martes, 9 de enero de 2018

Search Me ! RdP by Zizou 9 X.

Estamos rumiando un artigo sobre Zidane aínda que sobre el xa dixemos bastante e non estamos lexitimados para demasiadas cousas. As pautas están marcadas dende o verán sobre este e outros temas. Xa falamos cando foi o pulso de Cr o que opinamos do tema , xa nos mollamos no tema Mbappé e o que nos parecía, da pouca importancia que lle damos as Copas da Ghalleta e o seu gafe, do que opinamos da confección do plantel e as carencias,  e do que se debía facer tralo batacazo no Clásico, así que pouco marxe e para pouco máis estamos lexitimados a falar, si se da no seu día falaremos, de si necesitamos fichaxes agora ou non ................

Agora quedamos coas opinións da xente da rolda de prensa de hoxe. Ante a prensa dixo o que ten que dicir a cuestión é actuar dentro do vestiario ou si será capaz de facelo. Hai opinións de todo tipo pero se non actúa vaise a tumba cos xogadores.

lunes, 8 de enero de 2018

Search Me ! Crise.

Nestes momentos deberíamos estar falando de  porque non saiu ningún obispo a falar do fichaxe de Coutinho, de porque non saiu o Chuflas a decir non sei que de que eles non fichan xogadores de 160 kilos que eles son canteira, de porque non dimiten  Roberto e Soler despois do que dixeron o 2 de setembro, de porque non fala  agora o tuister do Barça coma no 2009 de comparacións de canteiras e de máis e máis faladuría barata que tivemos que aguantar estes anos. Como eses cartos non os gasta o Real Madrid nin Flo non vende, non vale para facer política, nin periodismo aos pseudomadridistas de sempre . Aquelos tempos cando vivían para darnos leccións, cantas puxeron pola boca, espero que agora as recoñezan. Cantos trolls tivemos que aguantar.

viernes, 5 de enero de 2018

Search Me ! Eu non sei nada. Lukita Doncic.

Estes días estanlle caendo a Don Lukita Doncic ( o xa "centenario" con 18 anos ) así que tiro de tuister para defendelo. Mira que poñerse con Lukita dicindo as barbaridades que din os incultos. O nome real é antimadridismo , o igual que o dos comentaristas en fútbol ou basket. Ser antimadridista vende é unha realidade e hai moito antimadridista na prensa por moito que digan.

Por certo hoxe vin a cachos o Pana-Efes, Barça-Cska, Uni-Vale , e ollo o Barça que Sito arriscou antes de morrer e parece que os secundarios lle están salvando a cachola.

Por certo 2 : O Maccabi chegou a Madrid antes que o propio Madrid, manda truco.

jueves, 4 de enero de 2018

490 partidos hateando a Lolaso.

Onte Pablo Laso igualou a lenda branca Pedro Ferrándiz con 490 partidos no banco do Real Madrid e mañán fronte o Maccabi T.A. superarao, e neses 490 partidos un servidor sempre coma un Pepito Grillo criticándolle case todo. Por iso hoxe é o día de recordar os mellores momentos de hateo, moi ligado o Lolaso ao blog.

miércoles, 3 de enero de 2018