jueves, 27 de julio de 2017

Mbappé ?

Creo que chegamos tarde a este debate ou non, xa que oficial non hai nada e todo son hipóteses, desmentidos e temas da prensa pero vamos a desenrolar un pouco o tema, sobre esas hipóteses.

Non sei pero pagar 160 kilos por Mbappé por moito que nos pareza o novo Ronaldo , o Nazario non CR. Sería subir outro nivel o tema económico do fútbol. Pódese entender cun saldo positivo duns 100 kilos que leva o Madrid e a rebaixa en tema fichas que leva a inversión é menor, pero é unha tolemia igual. Tamén pode ser unha estratexia de comunicación e traelo por 130 e que pareza barato. Si se paga por encima de 100 que foi o de Bale, marca unha nova cifra para o Madrid ca que terá que lidiar en novas negociacións.

O límite dun servidor os 120 de Pogba e xa sona forte. Sobre todo porque é un xogador que remata contrato en 2 anos, que si, que así te adiantas a moitos outros , pero son moitos cartos. O xogador non ten dúbida o prezo si. O prezo é cousa do mercado e de como o vendeu os meses antes Mendes e os seus medios afíns. Xa dende o primeiro momento cun prezo de partida por encima de 100 kilos a pouco que o menearon, subíu. O sobrecusto dun xogador para o Madrid tamén é algo co que temos que loitar cada día, sexa cal sexa o nome.

Para min a chave é o salario que se filtrou, 7 kilos, entra forte pero sen romper a escala salarial do club, o gran problema do Barça, os salarios e as escalas salariais son a chave do funcionamento do Madrid, creo que é o que mellor fai Flo, sinceramente. Poñamos un exemplo con ese salario a operación Mbappé iríase a uns 250 kilos en 5 anos, xa que o salario é neto o bruto serían uns 15 kilos. Si se salta a escala salarial vamos o fondo, porque todos quererían mías.  En cambio a operación Neymar o PSG vaiselle nuns 500 kilos co salario e se queda no Barça tamén vai ser un problema para eles porque vai subir salario e ter unha prima o pai si ou si. E para o outro día papa Messi na porta pedindo e así ata o infinito .  Ollo a esto de CQ.

Co que se está a pagar por laterais, co que se pagou polo Pipa fai un ano tendo a idade que ten e o difícil que é de amortizar, estamos vendo o tolo que está o mercado e como se nos escapa das mans o tema.

A boa xestión e os prezos dos Isco, Kroos, Asensio, Vallejo, Ceballos........ , o ben que vende o Madrid nos últimos anos, fan posible que o Madrid se casque algún capricho algunha vez. Son moitos factores a considerar e a xestión do club nese senso parece modélica, pero......

De feito lía en en Transfer-Markt o saldo neto dos últimos anos e era moi interesante. A día de hoxe antes desta operación o Madrid nos últimos 5 anos entre compras e ventas o Madrid solo gastou -67 kilos nos últimos 5 anos mentras que o Barça -335 e o City que é o líder 700 kilos. E por exemplo dende o 2008 o Madrid gastou -302  o Barça - 521  e o líder o City "solo" -1228 kilos. Estas cifras dan outra perspectiva pero sigue sendo unha tolemia o que se move no fútbol a día de hoxe.

Despois están os que falan de Acs, a ver un servidor non sabe pero non creo que os accionistas de Acs quedaran moi contentos se a empresa desvía fondos cara o Real Madrid, humilde opinión podo equivocarme. Que se move moito no palco do Bernabéu, clarísimo, como en todos e senón que lle pregunten a Tino o que subiron as accións de Altia dende que é presi. Non menos certo que os últimso 5 presidentes do Barça están ou estiveron imputados ou presos, as subvencións a fondo perdido de TV3 ou os movementos do palco do 3%, deso non interesa falar que no vende como criticar a Flo.

Tamén están os de si Blesa e tal, fai uns días lía que para que Blesa chegara o cargo foi chave o voto de IU e de CCOO, e que como pago a eso o 87% dos seus  créditos a partidos e síndicatos foron a estas dúas institucións, e ben que usaron as black,  pero o malo é o Madrid, que pide créditos e os devolve, outra cousa sería que non os devolvera. Ou o Barça non devolve os créditos tan bonitos que pide a La Caixa ? Igual é un pouco de cada vez pero os fondos de Diputacións e tal que van a fondo perdido para salvar clubs de élite , ano tras ano, deso fálase pouco. O Madrid ten que xenerar e despois en función do que xenere gastar. É como si un servidor que está no paro critica a un veciño que traballa todo o ano coma un negro  e gaña un sueldazo porque se gasta os cartos nun cochazo que se pode permitir gracias a eso, non tería senso.

Mellor sería gastar o diñeiro na base i en deporte minoritarios obvio. Outra cousa moi distinta é  si un club xenera pode gastar o que sea no que queira. Recordo que fai uns anos o Vilarreal renunciara a unha subvención para que se gastase en clubs modestos, outros non fan o mesmo.

Pero de momento é unha hipótese ! Si se da falaremos do prezo real, dos movementos do plantel........Solo recordar que 94 kilos pareceron moitos polo meu hateado CR e ......

Esta Summerania da para moito Mbappé, Villar , Ney, o Chuflas quedando fatal, pretempada non deixa de ser pretempada ......

P.D. : Unha pena non poder compralo por 17 kilos, 20 anos de carcel e señoritas de compañía coma outros.

Artículos anteriores :

Pulso.

Bilis.

Summerania.








No hay comentarios:

Publicar un comentario