Xa temos a campaña de Liga Adulterada a full,dende que falou o do Boom compraron a película, pero claro explícana entre mal e fatal, non sei si me entendedes. Porque adulterada si pero por eles claro, fixeron o imposilbe e aínda así non puideron. Unha liga na que incluso tivemos en contra o noso realizador de cabeceira e tivemos que buscar as polémicas no extranxeiro, en fin.
Non paran de soltar datos, pero claro, datos que son mentira, no seu día dixen "enlama que algo queda" agora tería que ser, adultera que algo queda. Os moi embusteros comezan a dar datos subxectivos que son mentira pero o ser subxectivos pois non son demostrables por un ou outro lado , pero o máis gracioso é que falan de datos que son obxectivos ( contantes e sonantes ) que tamén son mentira, como os de penaltis i expulsións desta tempada en Liga. Pero ata ese punto chega o seu cinismo. Aquí dende logo non vamos a tragar cas súas falacias, porque solo hai que saber contar. Os problemas de visión son entendibles un servidor tampouco é imparcial, deixamonos levar pola nosa paixón, pero os matématicos son un problema máis serio. Estratexias de manipulación. Cousas de fios e de palcos que di o Chuflas, pode falar de palcos, de 3% e de manipulación. Ens roban din.
Eses son moi fáciles o Barça 9 penaltis a favor e ningún en contra, nunca pasou tal na historia. E no tema de expulsións 10 os contrarios e unha o Barça a famosa de Ney. Tan boiños son que non fan penaltis nin os expulsan, son mariposiñas no campo. Nos últimos 82 partidos de Liga 30 penaltis a favor e 1 en contra, como os queiman. Con 19 rivais expulsados e 2 do Barça.
En cambio o tan favorecido Madrid, 8 penaltis a favor e 4 en contra, no tema das expulsións 4 contrarios expulsados e 2 xogadores do Madrid. Nos últimos 82 do Madrid 19 penaltis a favor e 9 en contra, con 9 rivais expulsados e 7 do Madrid. Numeriños iguais cos de arriba.
O xoves xa avisaba que nos podían ter algo forte montado, bueno tiñano montado no Campo Novo, con 2 penaltis de risa. Parecido o gol de Messi ca man o día do Tamudazo, que pasou inadvertida coma os 2 penaltis de onte, tapados polo título branco. De feito o de J. Alba foi portada en todo o mundo e idiomas hai de quen as recopilou, molou como o calificaron en The Sun : Jordi Alba dives to win the worst penalty ever. Un periodico de Barcelona regala o bañador do Barça, será porque se tiran moito no área ? Detalles de V.A.R ? Ou que se estaría a falar si lle pitan o Madrid ese penalti, non quero nin pensalo. E claro o inclito Hernández Hernández ten uns números curiosos esta Liga co Barça e co Madrid , ese do que tanto se queixan. 7 puntos de 9 para o Barça e 6 de 12 para o Madrid, perdemos 3 e dous foron con el , curioso.
Tamén falaba o xoves de como o montaron o ano pasado Barça, Sevilla , Granada, e do pouco que se falou deso. Que se fixen un pouco no resumo dese último partido do ano pasado. Ou do que dixeron seus compañeiros de Munir neste.
Outro do que se queixan moito é Villar, pero o que sempre votan é que permanece na Fede grazas a que Joan rompeu a disciplina de voto no seu día. Hoxe foi reelexido co seu voto, o Madrid por certo non pode votar. Un Villar co que levan o 58,33 % do total das súas Ligas, non lle vai tan mal con el parece. Si tan mal lle fora votarían en contra, non ? Villar e o seu ex-presi o Rei Mago como di SR4. Como nos torean e pensan que nos enganan. Os mesmos que non queren o VAR o cal pide o Real Madrid dende o primeiro momento.
E é que a xogada mestra da tempada foron as declaracións do Chuflas , que ben vendio el a campañiña. Que listo é Chuflas, sempre con nos dende 2011 xa por aquí. As súas leccións maxistrais. Cando cree o seu diario a ver si cumpre e investiga e non fai como agora e solta mentiriñas el tamén. Non me gusta nada tampouco que os xogadores se acordaran do Chuflas pero como dixen no seu día, hai que contestarlle gañando títulos e pasando del, somos humanos pero non gusta, aínda que un recadiño non ven mal, calar sempre tamén é malo. Como dixo meu hateado Cristiano non somos santos, somos todos bastante parecidos como sempre digo.
Pesimista como me volvín últimamente, faime ilusión gañar a Liga nestas condicións. Vou bo de pegarlle tamén a Zizou e alabalo pouquiño este ano, no Clásico , cando lle pedín tomar decisións e mira Keylor acabou a Liga coma unha moto, liga ao Garethe, despois de perder co Valencia tamén lle peguei, despois das 2 derrotas seguidas , ou cando volvín a escribir, pero a súa chegada si que a tiña en mente sempre. Como di Israel Loranca : " O Madrid de Zidane é a resposta os que defendían que solo se podía gañar dunha forma, este Madrid gaña de mil maneiras distintas". Será Zizou meu Lolaso do fútbol ?
O partido de onte do Madrid por certo non me gustou nada, 3 partidos en 7 días nos cascaron e Zizou non arriscou a rotar moito esta semana, quizais foi esa a razón. Lukita e Keylor do mellor.
Agora toca o máis difícil, ser o primeiro que gaña dúas Champions seguidas, contra unha Juve que se mostrou intratable este ano. Ademais neste 2017 débelle unha Champions a historia a eles e a Buffon, curioso que no 2015 non pasara eso, daquela non lle debía nada. Ademais teremos que loitar contra o mítico gol do ex , o Pipita neste caso e máis co que o hateamos, mima o que nos vai caer enriba. Será emocionante porque unha camiseta do Pipa é o meu recordo máis preciado.
Tamén é bonito ver como se fala de botas de ouro e de balóns de ouro sen títulos importantes, o dito que tan parecidiños son/ somos. Un servidor sempre dixo que eses premios sen títulos pouco ou nada valen pero hai xente en tódolos lados que non pensan o mesmo. Cando se da a volta a tixola destápanse as mentiriñas.
A imaxe do chavalote ca camiseta enseñandoa no campo do rival e cando se subíu a publicidade agarrado o poste terana na sala de trofeos supoño, porque ningunha das dúas trouxeron títulos por sorte, é máis a segunda penso que lles fixo perder un.
Facédesme imposible comentar sobre o fútbol, levádesme a polémica e o barro. Un chiringhito en toda regra ! Supoño que todos os periolistos que critican o noso director deportivo Florentino Pérez o estarán alabando agora, non din que temos un plantillòn. Mira que lle teño pegado eu a Flo tamén, por exemplo ca marcha de Xabi, pero dende o madridismo non dende o anti dos que lle queren mal porque non lles deixa mangonear no club, xa o deixei claro no 2013.
Últimos :
NODOS.
Letras.
Recordos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario