jueves, 6 de abril de 2017

Decisións difíciles para Zizou.

Non todo vai ser polémica, Trolls, Pandullasos, Chuflas e demais artigos, de vez en cando hai que falar un pouco de fútbol, que é o que toca para hoxe.


E un servidor pensa que Zizou ten que unha serie de problemas que debe acometer máis cedo ca tarde si quere sacar isto adiante.

O principal e máis difícil é a portería, xa o dixen outras veces pero volto a repetilo Keylor está a un nivel lamentable, peor ca Casillas fai un par de anos, vive debaixo dos paus. Que implica iso, desconfianza do equipo, sobre todo da defensa e o conxunto 20 metros máis aculado, un drama vaia. Kiko Casilla non é unha cousa doutro mundo pero a día de hoxe da moita máis seguridade. A Carlo tumbouno a decisión de continuar con Íker a Zizou pode tumbalo esta.

Outro problema é o non suplente de Marcelo e as lesións en defensa. Marcelo non ten suplente e claro ten que xogalo case todo, incluso partidos coma o de onte que o fixo andando. Ademais que teñamos tantas lesións durante todo ano atrás, fixo que non se puideran dar moito outras posibilidades, con Fumeta que non conta, pois Danilo ou Nacho poderían xogar pola esquerda algunha vez, pero as lesións non o permiten moito. Hai que ter en conta que xogamos nove partidos este mes.

De James non vou falar que o teño cruzado, pero que se cabree por ser cambiado despois do partido que se marcou onte é de risa. Está a anos luz de Kovacic, Isco ou Asensio.

Outra difícil decisión de Zidane é esa, dado o estado de Kroos e Modric, non son dubidoso con ningún dos dous, creo que debe descansalos máis dado o estado dos tres , Kova, Isco, Marco. Iso si os 10 minutos de Lukita onte foron primorosos. Decidir en que partido utilizar cada un é chave.

Outro gran problema é a BBC, desequilibran o equipo en defensa e non tanto en ataque, e visto o estado de Isco ou Asensio poñer a un dos dous por un da BBC en algún partido grande non sería ningunha tolería. Creo que Bale é o mellor da BBC pero que a día de hoxe está en peor estado ca ningún, hai que poñelo en dinámica pero non a calquer prezo.

Sabido é que  a un servidor Marco Asensio lle encanta por encima de Isco, de James xa non falamos. Creo que Zizou desaproveita o potencial de Marco o igual co de Kovacic. Si Asensio fora comprado por 80 kilos xogaría o que xoga, esa é a pregunta. Zizou debe ser máis valente con Marco. Sempre partidazos, nunca recompensa. Si se casca James os seus partidos.

O tema Morata é o de sempre, suplente perfecto para o Madrid o problema é que el e a súa prensa afín non pensan iso. Gran problema este tema. Esa prensa que solo enlama en moitos tema, esa prensa.

O que temos claro é que o Madrid debe tender a un 1-4-4-2 nos partidos chave, senón disolverase coma un azucariño e iso implica que caia un da BBC para que entre Isco ou Marco así de claro.


Plegarse as estrelas ou o que marca o campo, momento de adestrador e de xestión de vestiario, non sempre é fácil nin positivo cargarse a alguén.

Últimos sobre o Real Madrid :





No hay comentarios:

Publicar un comentario