jueves, 25 de junio de 2020

Search Me ! Covid Lolaso.

Sabedores son os seguidores que neste blog somos bastante críticos co Lolaso sempre pero o Covid rachou todo e non podemos criticalo por esta desastrosa fase final de Liga, deixamos aos expertos:

miércoles, 24 de junio de 2020

O relato.

Pois o conto de que o Madrid controla os árbitros, a Liga, Federación .... queda moi bonito pero a realidade é ben distinta, sobre todo cando miras os datos e ves que o Madrid controlador leva dúas Ligas das últimas once e o Barça oito, mira que somos malos nin controlando todo damos ganado. En cambio en Champions temos mellores resultados, algo raro é. Tocará sacar uns datiños para desmontar todo, as míticas estratexias de manipulación mediática, o madridismo preparado ata para o COVID. A historia xa está montada e vai ti a desmontala coma con Franco e o Madrid.

miércoles, 17 de junio de 2020

Pensamento de 2015.

Deses días nos que pensas as miles de veces que te equivocaches. Nas decisións erróneas que puideron cambiar a túa vida. Decisións tomadas porque  naquel momento pensabas que era a correcta , porque a tomaches sin pensar ,porque  a pensaches demasiado, por cabezón , por orgullo ou simplemente pensando máis nos demais que nun mesmo.