Rematou a tempada de basket, por desgracia para min non puiden ver moitos partidos do Real Madrid nestes play offs de feito das finais solo cachiños e resumos, ademais de tirar dos meus analistas de cabeceira. A dous deles vounos plaxiar hoxe, Emil Sorel ( @emilsorel ) e Karusito alá ides. Sinceramente creo que Laso merece seguir pero ten que cambiar cousas, roles e xogadores. Non me gusta moito opinar a través doutros pero son de confianza. Comparto as súas palabras agora cas miñas pinceladas. Canto tempo facía que non falaba do Lolaso, era boa señal iso. Outra razón é o tema dos dereitos de Tv, faise moi difícil ver o basket agora, unha pena.
Toca facer moita autocrítica, toca tomar medidas máis das que nos imaxinabamos fai pouco. Unhas cantas ideas sobre unha tempada que baixou dende o sobresainte ao notable acabando en suspenso alto ou aprobadiño moi raspado. Para mín Laso debe continuar, os xogadores están con el e pódese considerar experimental este ano con Euroliga nova. O fracaso ten moito que ver con erros dende o banco, "viejazo" de xogadores chave, baixas e intermitencia dos novos ( AR e Hunter). Acabamos o ano prendidos a heroicidades de Llull, testiculina de Felipe e Chapu e os fogonazos dun chaval de 18 anos.
Un plantel profundísimo ( nesto discrepo algo os postos de base/aleiros algo xustos ) , derivou nunha con xogadores que non se sabe si están ou non ( D.D. e Trey ) e outros que parecen acabados ( Jonas e Rudy ).
Tema Llull, o xogador máis determinante de Europa? , terminou sen defender e no plan "balóns a Will", erro do técnico e do xogador. Un servidor viulle unha defensa do mércores que parece o típico base americano zumbón en defensa.
Tema Rudy, a baixa do Chacho era dura pero levábase con Lukita. As baixas de Rudy e Chacho ( creatividade e puntos ) matáronnos.
Tema Lukita, primeira metade sobresainte con pico na Copa, e segunda metade solo correcta. Mestura de saturación mental e quizais física. Crendo que Lukita é un xenio, quizais esquencemos que un neno de 17/18 anos sexa o faro de todo un Real Madrid.
Decía Llull que non se valoran solo os títulos, senón tamén o camiño. Ten razón pero ese camiño con moitas vitorias non foi excelso.
O camiño está en recordar as bases do Lolaso : alegría, contraataque, creatividade, xogo coral, extrapass, Algo que faltou este ano.
Cando nos esquencemos o que era o Madrid de Laso e nos convertemos no Madrid ( solo ) de Llull , iniciamos a senda da derrota.
Para o ano que ven necesitamos ; un base, un 2-3 titular, arreglar o pasaporte de Trey ou buscar un xogador de primeiro nivel. Ollo os cupos tamén. Pero sobre todo recuperar a humildade e o sentimento de equipo. Dous nomes deben capitalizar iso, Pablo Laso e Sergio Llull. É un tema psicolóxico pero tamén táctico, non pode ser que todo sea pick Llull-pívot e carretón de J. Carroll. Hai que integrar ao equipo.
Eso básicamente foi o que dixo Emil. Ahora linko o de Karusito que tamén da a súa opinión sobre o tema.
Un servidor seguiría con Laso que por certo lle queda un ano de contrato pero cambiaría bastantes cousas. Unha Copa non chega e máis estando como está o Barça, podíamos seguir ca nosa Era Triunfal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario