martes, 30 de mayo de 2023

Corvineta.

 O Muxía ven de pasar rolda de Copa da Costa despois de igualar a un no partido fronte ó Soneira con gol de Mauro, os visitantes igualaban no desconto e gañar nos penaltis por cinco a catro, marcaron Michael, Eloy, Anxo, Fran e Maikel. Pero comeuse 120 minutos e as importantes lesións de Adrián e Manu.

Para a semana toca, Bertamiráns en fase de ascenso e Xallas en Copa ( supoñemos que no exilio novamente). Pero dende o club informan:



domingo, 28 de mayo de 2023

O día que Tere Abelleira.....

Recordades  unha tarde na que Tere Abelleira xogou en Vimianzo? Finalista de Copa da Raíña co Real Madrid, pero tristemente protagonista porque fallou un dos penals na tanda. Tere  tamén é unha das posibles convocadas para o Mundial con España para Vilda.


viernes, 26 de mayo de 2023

O Moucho. Rosalía de Castro.

Eu ben vin estar o moucho

enriba daquel penedo

¡ Non che teño medo, moucho,

moucho, non che teño medo!

Undécima- Oderint Dum Metuant.

 Pois cando menos críamos que podía pasar vai o Chus Ma Team e levanta a Undécima Copa de Europa de Basket, unha Euroliga para sumarse as catorce en fútbol e facer 25 entre os dous grandes deportes de equipo.


miércoles, 24 de mayo de 2023

Vini.

 Estoupou definitivamente o tema Vini, e claro como xa deu o volta ó mundo agora a xente rásgase as vestiduras e recolle cable. Nos somos os culpables, non sabemos comportarnos como sociedade e solo vemos cos nosos cores. Como me di sempre unha persoa que me quere moito, si como sociedade sinaláramos sempre o que se salta os pasos de peóns, os que tiran cousas o chan, non recollen os excrementos do can, a primeira rebótanse pero se sempre llo din igual se lles cae a cara de vergoña, pois aquí o mesmo. Xustificamos o noso e criticamos os outros.


martes, 23 de mayo de 2023

O gran Camiño. Muxía.

 Pois xa temos rival e camiño para o Muxía na busca do ascenso a Primeira Galicia. Iniciamos o noso Gran Camiño o domingo as 17 horas fronte ao Cacheiras. Vamos encher a Arliña o domingo, bo lugar para pasar o día das municipais.


jueves, 18 de mayo de 2023

RTuisMadrid: Bye Bye.

 Despois da debacle de onte, tocan os tuister star, pensan moitos coma un servidor, de momento os stars quizais nuns días, o que escribe, pero curioso porque tamén tiven a sensación do día do Milán e tamén do da Juve e Nedved pasando coma un avión sen Makelele:


miércoles, 17 de mayo de 2023

O Real Madrid e as Letras Galegas.

 Pois chega a Semana Fantástica do Real Madrid como club, un todo ou nada que coincide curiosamente cas Letras Galegas e cas Festas da Ascensión en Santiago, que tan bos recordos. Ata catro equipos de diferentes seccións xogan partidos do Mata-Mata coma din os lusófonos.


lunes, 15 de mayo de 2023

Algo máis sobre o ascenso e a Copa.

 Onte o traballo deixounos a oportunidade de pasar pola Arliña, podendo disfrutar do amigable vs o UC Cee con triunfo para os locais por catro a un.


sábado, 13 de mayo de 2023

Xestión.

 Fai tempo que tiña en mente falar algo sobre a dificultade da xestión de grupos e dos egos nos vestiarios  e despois dunhas conversas onte toca darlle vida.


lunes, 8 de mayo de 2023

Sentimento copeiro e outras cousas.

 Sentimento copeiro é o que tiñamos o sábado, despois de tantos anos sen rascar en Copa e máis sen gañarlle a un rival que non fora o Barça, pois había gañas de triunfar con outro rival como así foi. Nesta conta estamos pola labor por celebrar calquer título por pequeno que pareza non vaia ser o demo. Coma nos últimos anos os títulos do Madrid van adicados a quen non pode celebralos con nos, un sentimento que perdura e perdurará, é a meu pai que disfruta e sufre tanto vendo ó Madrid.



domingo, 7 de mayo de 2023

RTuisMadrid #20CdR.

 Vamos a deixar as palabras dos stars trala Copa do Rei a ver si antes do martes deixamos algo noso pero coma sempre que gañamos un título temos a mente nos que xa non están, e cos que tanto festexamos. Agora: