lunes, 29 de octubre de 2018

Fin de ciclo e agora que?

Pois nada pasou o que parecía que ía pasar, goleada e sen Messi, non era difícil de predicir de feito xa se escribiu por aquí o mércores como premonición o problema é que vamos a facer agora, quen agarra este barco a deriva. Sinceramente por estes lares non teño nin idea do adestrador que ten elexido o club, nin se hai algunha idea provisional para pensar en algo en Xuño.

miércoles, 24 de octubre de 2018

Defuntos.

Achéganse tan sinaladas datas e o Real Madrid, deambula polas competicións simulando un grupo de defuntos, a Santa Compaña poderíamos dicir, tendo coma comandante o máis grande dos defuntos a JLo e coma capitán outro que tal baila. O domingo e grazas a deus que non está Messi iso vai ser unha sangría, tal peli de medo das que so aparece sangue por todolos lados a ver quen sae a falar despois do partido ca cabeza de Julen aínda quentiña.

martes, 23 de octubre de 2018

Search Me ! Winter is coming J.Lo.

Julen está sentenciado, entre mércores e luns caerá, non é o principal culpable pero si ten culpa de pleagarse as vacas sagradas do vestiario en vez de tirar dos máis en forma e xa se ve do que lle valeu. Agora deixamos as opinións dos tuister stars :

sábado, 20 de octubre de 2018

miércoles, 17 de octubre de 2018

Outros falan da Euroleague.

Vamos sacar un triple de artigos falando da Euroleague deste ano  a competición preferida dun servidor . Ata que podamos atacar o Lolaso quizais hoxe despois do partido de Milán, o Lolaso necesita unha crise e as miñas críticas se quere chegar a bo porto, ata eso deixamos estes entrantes.

lunes, 8 de octubre de 2018

Cando o río sona.

Pois nada cada vez sona máis que JLo está o caer, posiblemente teña a graza ata o partido do Campo Novo e despois se hai debacle pois irase a rúa, algo que deixamos caer no search post-partido o sábado.

sábado, 6 de octubre de 2018

Search Me ! Mendizorroza fin de camiño.

Tiraremos dos tuister stars coma moitas outras veces pola falla de tempo pero creo que podemos dar a JLo por sentenciado, a falla de peso co plantel está sendo a súa morte. O cambio de Marcelo en Girona foi o principio do fin ao non saber superalo e mostrar quen mandaba, deixou claro que mandan os xogadores. Guti era o meu novo , Benítez-Zizou pero con el lonxe e sen carisma estamos mortos. Por certo Levante e Barça próximos rivais, en Outubro podemos estar out xa, superando a tempada pasada.

miércoles, 3 de octubre de 2018

Ruleta rusa.

Pois nada tocou outro erro , desta vez tremendo en Moscú, e agora todos a chorar a Cristiano. Non vai a ser un servidor o que o chore xa que fai anos que digo que tiñamos que vendelo pero o que queda claro e que non fomos quen de comprar. Algo que xa facía falla con el para arriba e sin el xa non che digo. De feito como sabedes por aquí chimpabamos a BBC ao completo e traíamos outros. Benzema porque está acabado, e Bale polas lesións e a vista está a saltar.

martes, 2 de octubre de 2018