Pois nada que os do club dos valors están indignados disque, deben de estar indignados porque non lles pitaron un penalti en contra en toda a Liga e lle expulsaron un tio en todo o ano. Deben de estar indignados porque en 80 partidos de Liga levan 1 penalti en contra e 2 expulsións. Como eles deben flotar polo campo, e os seus Masche, Suárez e demais non fan nada, tes que rirte que senón!
Son os mesmos que din que deben expulsar un xogador do Madrid pero non Digne. Os mesmiños que piden penalti por unha man FORA DO ÁREA de Varane, recordoume a cando o seu gurú se queixou nunha final de Copa porque o linier acertara nun fora de xogo por pouco, pero que non viron ningunha das moitas que hubo similares o mítico día do Ovrebazo. Si señores si, o día do Ovrebazo a vista fallouvos algo non, porque unhas cuantas mans si que houbo aquela noite. Que hubo man de Varane, está claro, que foi fora da área tamén, por moitas repeticións que puxeran a man non foi para dentro.
Do posible penalti a Aspas tanto do mesmo, evidentemente non é segundo cartón non se tira e pode ser que sexa penalti, pero claro que mo veña a protestar esa xente a que non lle pitaron ningún en toda a Liga !!!!! Si ese é PANAL, cantos se comeron en contra do Barça este ano, así sin forzar véñenme a memoria dous no Clásico da primeira volta dos que non falastedes nada "amighos". ENS ROBAN din coas pelotas na man. A ver si vos aclarades ou é según a área que sexa ? Recordo moi ben un de Valdés a Cristiano coma unha catedral que terminou con cartón para Cristiano tamén, daquel que pouco falastedes eh !
E claro despois tes que aturar tamén o "inclés", o parabólico e o fanático disfrazado de imparcial desmenuzando a polémica en contra do Madrid, na que nos perxudican nin mu, unha das teles do Réxime.
Do posible penalti a Benzema na primeira parte unha repetición que case nin se viu, pero das polémicas do Madrid 79.543 repeticións fixo o NODO. Do posible penalti a Cristiano tanto do mesmo, das mans do xogador do Celta no área, hubo repetición ? Da posible expulsión do Tucu, falouse algo porque o viaxe que mandou tendo tarxeta !!!! Do non fora de xogo que deixaba a Benzema solo ante Sergio, falouse ? Da que montaron o Tucu e Iago no tempo de lecer, deso interesa falar, creo que é un pouco ilegal eso, creo. Bueno si o fai Chuflas and friends non, eles son moito de rodear ao árbitro en calquer momento, teñen portección e xogan con rede.
Acostumados a protección do seu ex-presi e vicepresidente da Orga, claro. Por certo informovos por se non o sabedes que quen controla os árbitros é a Orga, entre o cantabro e o voso ex-presi. Eles controlan, eles designan que non querades enterarvos non quere dicir que non sexa así. Pero claro vende máis falar que é cousa da Liga, para os vosos propositos. Creo que ese é o gran problema, pensan que os rivais do Madrid deben recibir os arbitraxes sibilinos que reciben eles a favor e o Madrid os que reciben os seus rivais. Non lle pitan un penalti en contra en toda unha Liga non me extraña que o pensen por outro lado. Había que facer un estudio estadístico sobre o tema ou un equipo de investigación. Hai que chamar a tipiña da Sexta a ver que descubrimos. A tempada pasada record de penaltis a favor en Liga "solo" 19, este ano record sen ningún en contra e aínda se queixan. Cun saldo de 28 a favor e 1 en contra en 80 partidos, pero ENS ROBAN. Como din en Twitter o Madrid ten comprada a Liga pero non lle pitan penaltis ao segundo para disimular.
Claro si Jozabed di: " La segunda amarilla a Aspas ha sido excesiva, pero el árbitro no ha decidido el partido.", non falamos e listo. De feito é unha honra ver como lle pelean os partidos o Madrid, competindo ata o final, así da gusto.
E así con todo, mentir e facer correr a bola. Mentir coma cando din que Mijatovic estaba en fora de xogo na Sétima, claro omiten a imaxe na que se ve a Pessotto xunto ao banderín de corner desfacendo o fora de xogo. Pero clara así quede máis bonito. Outra bonita é a da expulsión do sordo-mudo no Bernabéu, creada polo Réxime. O sordo-mudo que xa tiña cartón despois de tropecientas patadas, cometeu a súa enésima falta, toleoulle o árbitro con aspaventos e demais e mandou o balón o quinto carallo co cal o colexiado lle puxo o segundo cartón amarelo. Pero un periodista moi avispado do Réxime encargouse de ir dándolle vida a falacia e claro como convén seguimos a bola non vaia ser.
Outra moi boa é a mítica imaxe dun suposto xogador do Madrid marcando en posición dubidosa nunha final de Copa de Europa, así ganaba as finais o Madrid din. Pero resulta que poñen a imaxe dunha final de FA Cup do 58 entre o Bolton e o M. United e véndenche que o xogador do Madrid é o de pantalón oscuro e camisola branca e a xente tamén compra eso. Ata onde eu seu o Madrid nunca xogou unha final de Copa de Europa con esa mestura pero queda moi ben enmerdar.
Unha mentira repetida moitas veces sigue a ser mentira, iso si se non estás suficientemente informado poderías creela.
Unha mentira repetida moitas veces sigue a ser mentira, iso si se non estás suficientemente informado poderías creela.
O mellor de onte foi conseguir que Apelación lle quitase o cartón a Nacho e non poñelo, vedes temos razón pero non o vamos a usar. A bilis que soltaron.
Pero claro os medios de comunicación veñen a por nos, estamos nunha guerra sin fin e vamos a loitar. Loitamos contra os NODOS, contra a Orga e contra Messi, unha loita titánica, cando se lles caía un elemento deses, que vai pasar ?
Claro como adoctrinan xa dende os libros de texto, pois nada, como din por alí a "Corona catalanoaragonesa" e quedan tan anchos. O que digo Enlama que algo queda, trollear tamén vale.
Aquí tamén vamos a falar e non vamos a calar, non somos imparciais está claro pero non nos vamos a deixar embaucar como pretenden os seus NODOS. Hai que combatir a propaganda fora o igual que hai que combatir no futbolístico, ese é o poder da prensa.
Ese Real Madrid que tan malo é que xogou un amistoso na Coruña para axudar o Depor, ou no Bernabéu a días dun Clásico para recaudar fondos no tema do Prestige contra un combinado do Celta e do Depor , falando do Prestige que incluso mandou o Castilla a Muxía ao Castilla ! , que foi a Lorca , pero aos boiños aínda os esperan. Como vos adoctrinan xentiña.
Por certo a prima onte para o Celta era 220.000 euros por cabeza di o rumor. Polo menos pagan por gañar non coma en Tenerife que pagaban por gañar e tentaron comprar tamén por perder. Por certo un partido aprazado sempre se ten que xogar antes das 2 últimas xornadas e se non hai datas mover toda a Liga creo que di o regulamento, pero é mellor facer apandar o Madrid cun lote de partidos a ver si estoupa.
E repito o dito, pánico a que nos pode ter preparada a Orga en Málaga. Que un que xa ten unha idade non se esquence de García de Loza que logo acabou pola Costa e recoñeceu certas cousiñas. Que nos tangou nunha Final de Copa contra os de Don Chupa Chups e despois tivo un papel no Tenerife fase 1 anulando goles que mataban o partido que non foi todo cousa nosa. Ou Gracia Redondo no Tenerife fase 2 mirando para outro lado cada vez que derrubaron a Zamorano no área, pobre Floro como viña de eliminar o Barça o mércores en Copa non quixeron que fixera dobrete. Anos despois aquela mítica frase de Hierro en San Sebastián : " No sabes como jodernos eh". Ou a gran esquencida gracias a Tamudo, o manotazo de Messi a rede que casi nos costa unha Liga, naquel mítico partido co Espanyol a falta de 2 xornadas, esa tampouco a viu ninguén, un palmeo que nin Pau Gasol. Pois iso que espero calquer cousa xa.
Ten máis validez a opinión deles que a nosa, pregunto , solo pregunto. O que din eles é certo e o que di un servidor non ? Esa superioridade moral que nos queren vender, agora tamén é visual ?
Ten máis validez a opinión deles que a nosa, pregunto , solo pregunto. O que din eles é certo e o que di un servidor non ? Esa superioridade moral que nos queren vender, agora tamén é visual ?
Anterior :
No hay comentarios:
Publicar un comentario