Alá por maio do
2011 xa escribín do señor Chuflas e agora no 2017 creo que lle volve a tocar,
non solo vai falar el, tocará contestarlle, con verdades coma puños.
Se non sabedes
quen é o señor Chuflas, pois é un chavalote, un famoso futbolista casado cunha
famosa cantante colombiana. Como decía Estacado por tuister Chuflas é un mestre
da distración cando seu equipo xoga unha merda. Aínda que tamén me vale
outra definición que vin no tuister non
recordo a quen , Chuflas é o que foi o club do país pequeniño toda a vida,
arrogante na vitoria, victimista na derrota e co Madrid sempre presente como
decía Don Santiago Bernabeu : o Real
Madrid está presente na celebración de tódolos títulos, propios e axenos, que
grande é.
E Chuflas como é
moi listo xa desviou a atención. O que non nos conta é que os árbitros veñen
designados a través dun estamento, que non é precisamente a Liga. Saben cal é
ese estamento, si ese que está presidido polo mesmo señor fai tropecientos
millóns de anos.
Tampouco nos
contou que ese señor sigue o frente gracias a que seu club presidido daquela
polo señor Joan famoso nas discos, hai outro Joan do que falaremos despois,
rompeu a disciplina de voto da Liga xunto co ex club do señor vitalicio que
sempre di furbol. Chufliñas como nos escondes esta información oh, porque
apuntas a onde non é.
Queda moito
mellor desviar a atención a Liga en vez de pegarlle o estamento que tanto nos
leva axudado dende que cambiamos a disciplina de voto eh! Sen ir máis lonxe a
Liga pasada 19 penaltis a favor creo recordar, 13 goles en fora de xogo e máis
de 300 minutos en superioridade numérica. Que nos non esquencemos. Que levamos sufrido moito.
Tampouco falamos
que nos últimos 60 partidos de Liga, levamos solo un penalti en contra e unha
expulsión. Como nos facemos mans involuntarias como a do xefeciño o domingo e
temos un dianteiro que é un santiño. Quen non recorda o señor Chuflas
estombeando polo céspede e levando o balón ca man no mesmo campo o ano pasado.
Creo que aquel día non sinalou a ninguén.
Podes falar con
outro ex presi de nome Joan, o propietario de hoteis. Ese é vicepresidente da
Federación. Ese mesmo que aínda así dixo : “ Perjudicaré deportivamente al Real
Madrid hasta el día que me muera.” , “ Soy culé y antimadridista” e tantas
outras cousas. Ese si ten poder cos árbitros e ben que o levamos sufrindo nos.
Ou cando o ex
directivo Godall dixo que tiñan boa relación ca Fede e iso axudaba e beneficiaba cos árbitros.
De feito xa che
digo eu que o madridismo estaría feliz dun cambio no estamento que domina o
fútbol, pero vos non, vos dicides que o malo é outro, que tan listo eres
chufliñas. Por certo que o Barça votou o actual presidente da Liga tamén, o
Madrid non. Por se non o sabías.
Que tempos tan
felices aqueles nos que enchiamos a boca dicindo que non sei que de valors, non
sei que de canteira, non sei que “es que no saben perder tú”. Todo volve
amigacho. Por sorte para vos aínda podedes gañalo todo, pero o bonito é o
retratados que quedades día a día. Despois de criticar tanto os tempos de Mou,
vese moi claro que cando veñen mal dadas non sodes tan diferentes a nos aínda
que tentárades disimulalo. Que tempos cando no 2011 decías que non falabades de
árbitros.
A felicidade que
sinto agora que por fin se vos caeu a careta non a imaxinades. Tanto tempo
predicando no deserto parecía.
Como digo sempre
isto vai e ven, igual o xoves chimpanos o Sevilla e o domingo gáñanos e xa
entramos nos na crise, é lei de vida. Pero que nos quixeran enganar dicindo que
eran santiños e que estaban por encima do ben e do mal, non iso non, como dicía
miña avoa, as soberbias caen todas.
Amigo canto
estaríamos disfrutando eu e ti xuntos agora. Seguro que alá onde esteas o disfrutas
coma min. Esa imaxe de Chuflas no tunel de vestiarios da para millóns de memes e
de risas.
O máis mellor do señor Chuflas :
E agora queren vendernos que é un problema ca directiva, son uns mestres do escapismo e a persuasión. Manexan os medios de maneira incrible.
ResponderEliminar