jueves, 7 de diciembre de 2017

VARAS .

O día de hoxe vai ir adicado as varas, as diferentes varas de medir que ten a suposta prensa madridista española, dame a risa con este calificativo, a diferente vara de medir que ten a televisión do réxime independentista en diferido, e as diferentes varas de medir que se teñen con certos xogadores sobre todo por Zizou.

O primeiro deixar claro algo que se evidenciou esta semana. Que conste que non teño nada en contra do Atleti, quizais para o madridismo da capital é o gran rival xunto co Barça pero a un servidor é un equipo que non lle cae mal.

Pero despois da súa eliminación en Champions quedaron claras dúas cousas. Que o seu status por moito que queiran sigue sendo moi diferente o do Madrid e que o periodismo patrio da capital é preferentemente colchonero.

A razón do status está clara si cae o Madrid eliminado nesta ronda é un fracaso absoluto, como sempre dixen caer para Europaligui é fracasar para o Real Madrid, eles case cho venden coma un éxito e os siareiros tan contentos. Pero o que máis me chama a atención é o tema da prensa, cae o Madrid en semis o ano da Juve e portadas catastróficas, lumes e máis lumes , pero caeu o Atleti e nada , vai a pola Europaligui , nin unha pregunta polémica en rolda de prensa, periolistas mamando do Cholo…….. E despois véndenvos a burra do periodismo madridista, por favor non me fagades rir.

En cambio como o Madrid pasou de segundo e non está o seu mellor nivel, incluso onte nun programa que pagamos todos preguntaban se o ciclo Zizou está esgotado, en fin. As ceas e os vicios que paga Cerezo hai que pagalos dalgunha forma. Das declaracións de Paradas Romero, da corrupción na Orga e todo iso xa falamos menos que temos a barriga ben quentiña, nin palabras das operacións abertas contra Orga. Periolistos ou periogolfos xa non se sabe.

Outra cousa moi curiosa na retrasmisión de onte foi ver como no segundo gol do Dortmund que claramente foi fora de xogo o colega da televisión independentista en diferido paraba a repetición antes de tempo a posta, non se lles nota nada. En cambio na do gol en fora de xogo anulado a Cris tropecientas repeticións. Estes son os que van controlar o VAR, por certo a liga necesita o VAR pero con televisión independente non cos amigos do cabecilla golpista ilegal.

Agora toca falar un pouco de fútbol e da diferente vara de medir de Zizou ou iso parece. Como ben dixo el é o que os ve todos os días pero hai cousas que resultan curiosas na xestión cando menos.
Primeiro , pola parte dun servidor non se entendeu moito a aliñación de Varane. Por unha simple cousa, sabendo o seu perfil de pupitas o igual que Bale e Vallejo. De feito na previa do partido estaba  cabreado coa non presenza de Achraf e Vallejo na convocatoria.

Despois atopeille algunha coherencia. Vallejo está tocado, raro nel, e como Carvajal tampouco está sábado pois , gardou aos dous, correcto. Pero debeu gardar tamén a Varane por moito que corra Auba, parece claro que o puxo por iso.

De feito debeu saír co equipo que máis ou menos acabou, cunha pseudo defensa de cinco e con Llorente e Ceballos no campo. Con suplentes, sancionados para o domingo, con Cristiano claro que quería seu record e senón a ver quen o aguantaba e con Keylor que necesita coller ritmo. Pero Varane precisamente non! Incluso Lucas de carrilero gustou.

Sinceramente non entendo a súa pouca presenza no campo, o igual que Mayoral ou Theo. Non pode poñelos a todos xuntos,  como se veu ante o Fuenla, pero mesturados cos titulares dan o nivel con creces, penso.

Incluso Mayoral está para axudar, de feito marca máis ca Karim. Como xa se dixo por estas terras, a dupla suplente Borjita-Mariano era perfecta.

Se non chega Vallejo, non sei que vai facer o sábado, pero por deus que non tire de Tejero. Ou Llorente de central ou Hernando do filial pero Tejero non por favor.

Claramente temos menos plantel que o ano pasado, pero claramente de momento Zizou non está xestionando como debía, diferentes varas de medir para Llorente, Ceballos, Borjita….. que con Modric, Karim, Marcelo…… De momento decepcionado ca súa xestión, pero non pido a súa cabeza nin nada, Zizou saberá, solo indico que os suplentes están para algo máis parece.

P.D. : Pulisic é puro Real Madrid, mercado USA para Flo e desborde para o campo.

P.D. 2 : A xente non sei que pensaba que era Theo, no Alavés era iso, forza e un gran potencial. Realmente onte non me disgustou como a moitos, a cuestión é que a xente opina de oídas sen verlle un partido a un xogador e clarol De feito a min paréceme un Sergio Ramos en potencia, que non ten o seu tope pero si similitudes, quizais remate de central. O de dobre lateral con Marcelo non entra en ningunha cabeza excepto na de Zizou, necesita carril.

P.D.3 : David Luiz, en serio pensan nese tío ? Non é unha broma, prefiro a política de fichar xuventude, si ese tío non vale. Prefiro xogarma con outro xoven que solo coñeza Zizou que para fichar ten moi bo ollo.

P.D 4 : Si o Barça xa gastaba antes da renovación de Messi o 84% dos seus ingresos en salarios, e a Liga fixa o 70% coma tope, vai dicir algo ? , decíao El Pais en outubro xa.

En capítulos anteriores :




Últimos Search Real Madrid :






No hay comentarios:

Publicar un comentario