Este debía de ser un artigo sobre a posible marcha de Morata e James , de como vía un servidor a situación e dos posibles sustitutos, pero vai chegan CR e Xorxiño e cambian completamente o taboleiro de xogo, así que ala vamos nos co tema logo.
A teoría que temos por aquí é a seguinte : Xorxiño pifiouna, coma con todos os seus xogadores, están todos implicados. De feito Falcao rompeu con el e culpouno directamente parece ser. Cristiano chegou a xunto el e dixolle pero como que me di esto Facenda, e vai Xorxiño e vendeulle a moto de que todo é culpa de España e do Madrid, e que lle diga o club que faga coma o Barça con Messi que pague e que se baixen os pantalóns con campañiñas e demais. Vergoña axena dame pensar iso, dar noxo como derón outros ca campañiña de marras, que pague a Facenda se ten que pagar. Claro Xorxiño quere escurrir o bulto, polo tanto colleu e dende a súa prensa afín vendeu o descontento de CR para presionar o Madrid. Porque se non fora campañiña de Xorxiño xa o desmintiría, pero ahí seguen caladiños como pitos solo soltando cousiñas.
Pero en principio nin o Real Madrid , nin o madridismo está a comprarlle o tema. Si quere marchar que marche, que traia os cartiños e listo. De feito eso vale para Morata, James..... quen queira marchar que veña cos cartos que pida o Madrid e todos contentos, xa ficharemos nos quen teñamos que fichar. E si quedan que loiten o posto e contentos tamén.
Espero que o Madrid e o madridismo sigan así de inflexibles neste tema fiscal, CR si crees que eres inocente vai a xuizo e saberase, pero non pidas campañiñas nin que pague o club, cada pau que aguante súa vela. Explícano moi ben Jabois neste artigo ou El Mundo neste outro. !!!! Por favor leede estes artigos son Top.
No tema deportivo todo é moi simple, que queredes que vos diga levo pedindo a saída de CR fai uns anos e vai o ano que nos reconciliamos saeme con estas. Que non se equivoque a estas alturas e con 32 anos necesita máis Cristi o Madrid que o Madrid a Cristi. Si Morata fora listo agora esperaría a ver como se desenvolve o tema, ademais as posibles saídas de Cr son United e PSG non ten outras, e United e Chelsea son as únicas nas que lle vería futuro a Morata polas súas cualidades, como xa dixen no seu día alá por 2014. De feito del ía tratar o artigo antes de todo esto.
Si sale Cristiano pois habería que cambiar cousas, pero as rotacións serían máis factibles aínda. O seu sustituto perfecto sería Lewandoski, imposible pero sería o perfecto. Outra opción xogárnosla con Mbappé, Mariano, Mayoral "a lo loco" . Creo que a motivación para o plantel de gañar títulos sin Cristiano sería tremenda, demostrar todo o que vale o plantel. Os Isco, Asensio, Bale ..... ao poder. Para min temos un potencial enorme sen Cristiano e faríame moita ilusión Campeonar sen Cristiano non o podo esconder.
Unha puntualización si se vai Cristiano, Karim tería un problema xa que o seu gran punto a favor é que funciona xenial no ecosistema CR habería que velo sen el, tería que marcar máis goles. Por outra banda onte en RMTV ofrecían a final de Copa fronte o Barça que non xogou Cristiano e o Madrid fixo xenial, ou o mellor partido da tempada pasada que foi en Copa vs Sevilla tamén foi sen el. Cada vez por idade será menos determinante e menos necesario. Agradecemos os seus servicios e a súa grandeza, como no seu día a Íker, Hierro ou Raúl pero se ten que saír debe saír.
Con este tema tamén lle vemos as costuriñas a algún que outro. Manda "webs" os que criticaban a Flo por Cristiano, estilo "Gordaño" ahora critícano polo contrario, así lles vai o seu periódico, vale para limpar o cú e pouco máis, para que o madridismo prefira ler os de Barcelona xa se pode creer.
Pero bueno pouca credibilidade teñen, piden que Isco, Morata, Asensio, Lucas deben ser indiscutibles no Madrid por diante de Bale, Cristiano e Benzema. Pero cando toca selección nin palabra cando son suplentes eses mesmos de Diego Costa, Koke, Cazorlas e demais. Un servidor pouco sabe de fútbol pero Cristiano, Bale e Karim son algo mellores cos seus supercracks da selección, así que ou unha cousa ou outra pero que non me vendan as dúas porque non lla compro. Todos sabemos que van a polo Real Madrid. Este é un tema que outro día se podería desenrolar máis, o pouco que se pediu o Isco titular na selección cando o pedían a diario para o Madrid por exemplo.
Pouco se fala agora de quen fichou a Asensio por 3,5 kilos en cambio se o deixara marchar como fixeron outros cantos periódicos vendería. Ou de que Marcos Llorente é noso, ou Fede Valverde, ou Vallejo ........, moito potencial e moita xuventude ten o Madrid, Flo agora non fai nada, pero se non coida a Cristi si.
Pouco se fala agora tamén dos fíos dos palcos. Agora veñen con que camiseta sae Cristiano na prensa, que si Flo controla eso tamén, bueno L´Equipe e Mirror sacárono ca de Portugal por exemplo, Flo controla a prensa mundial. En cambio certa prensa sacou a Asensio ca do Mallorca despois dos seus tres goles, tamén cousa de Flo.
Por certo Florentino creo que arranca hoxe a súa "turné" pola prensa pre-eleccións a ver que nos vai contando.
Estaremos expectantes a James ( librouse hoxe), Cristiano, Morata....... como decía Bernabéu o que queira marchar xa sabe onde ten a porta, o seu prezo xusto está claro. Que grandes frases nos deixou.
Como digo sempre a min gústanme máis uns xogadores que outros pero sempre pro encima de todo gústame o Real Madrid.
Cristiano puxo por diante o interese persoal ao club novamente e é algo que o Bernabéu non perdoa, como siga xa pode ir facendo un lavado de imaxe.
P.d. Creo que Cristiano vai seguir pero vamos a ver como sale desta.
P.d. 2 : Xorxiño podería quedar sen homes no mellor equipo do mundo e iso é un fracaso para el por iso montou todo isto tamén, por iso vai a guerra contra o Real Madrid. Por iso este pulso a Flo.
Toca esperar que falen os protagonistas de verdade. Continuará.......
En capítulos anteriores :
Bilis.
Reflexións.
O pouco que sei de fútbol.
Economía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario