Cada vez que gaña o Madrid unha Copa de Europa, venme a mente o título dun artigo da Voz que vira en certo bar dun ex-compañeiro e famoso xogador da Costa, despois de gañar a ansiada Sétima, " O Madrid sempre volve" , así de claro o Madrid sempre volve.
Aquela Sétima que sempre vivirá nos nosos Recordos . Ata daquela vivíamos torturados pola mítica frase, pedindo as nosas Copas de Europa en color, sempre o impertinente recordando iso, tedes moitas si pero ningunha en color, ou aquel mítico anuncio co velliño que nos deu sorte con aquela frase " Y el Madrid que otra vez Campeón de Europa" . Claro os títulos solo valen dende que eles queiran. Dende que os novos inventores do fútbol o fixeron, que o fixeran antes os ingleses non vale, iso non é fútbol. A tortura da mítica Quinta do Buitre ( o mellor Real Madrid que vin penso ) que non foi capaz de poder co muro da Copa de Europa, un ano tras outro despois de 5 Ligas consecutivas foi caendo ano tras ano en semis en Europa ata qua apareceu a súa némesis co Milán de Arrigo o gran demo da época, que os matou definitivamente.
Pois nada aquela Copa de Europa abriu a veda e acadamos 3 en 5 anos, casi nada e claro os antis caesulles abaixo todo o tinglado do branco e negro. Pero nada chegaron os anos do gurú e da invención do fútbol, míticos anos. E volveron a virse arriba, aínda recordo cando me decían para o 2015 ou antes xa vos pillamos en Copas de Europa e no 2020 xa non vos vemos diante. Bueno había que deixalos falar, porque cando lles replicabas nada non entraban en razón, Busi, Puyi, VV tiñan a pócima máxica para crealos pensaban. Como decimos sempre por aquí, nada é eterno e os ciclos veñen e van. Non sempre sae ben o traballo ca canteira, os fichaxes ......, pouco se fala agora deso da canteira. Hai cando tiñan tódalas copias xa abaixo decíanme, si claro, fabricanse os xogadores a medida, empezaban a decirche nomes e nomes, demo un chegou, coitadiños creían calquera cousa.
E vai e por arte de maxia de novo, vai o Real Madrid e gaña 3 Copas de Europa en 4 anos, 6 nos últimos 19 e de novo se lles ven todo o tinglado abaixo. A Décima tamén foi importante despois de 12 anos sen ulila.Un servidor xa viu gañar 6, as mesmas que xa tíñamos cando tanto mo recordaban e máis ca eles macho. De feito a miña xeración non viu perder unha final de Copa de Europa o Madrid, a última foi no 81 fronte o Liverpool. Claro as novas xeracións pensaran que é sinxelo ,pero non é épico facelo. Por iso hai que disfrutalo, como ven dixen antes nada é eterno tampouco para nos. Agora estamos confiados pero igual o ano que ven foise todo o lixo.
Pero bueno esto sirve para destapar caretas e ver que algúns non son tan diferentes a nos, aos que criticaban , dos que se rían. Agora vexo que si falan de bota de ouro, de balón de ouro, da mítica remontada o PSG que van poñer na sala de trofeos, do gol do amigo do dietista no Bernabéu que tamén vai para a sala de trofeos, de certas vitorias épicas. Faime gracia porque fan todo o que criticaban, están a voltas cas 2 míticas fotos do amigo do dietista, a que se colga no pau e a de colgar a roupa, 0 títulos valeron, como sempre dixen copiñas no cabazo é o que vale, o que sempre lle critiquei a CR e os madridistas que se contentaban con iso e vai os inventores e tamén o fan, pobriños son tan cual.
Que se dirá dos palcos, patrocianadores e fios hoxe, exemplo que son de limpeza patrocinados por certo pais bastante repudiado a tal hora.
Era como o madridismo que se indignaba polas portadas dos diarios cataláns ou o anuncio de TV3, si era todo o contrario , o anuncio era orgullo. Querían que perdéramos, normal, pero facíano recoñecendo a nosa superioridade. histórica. Era o maior recoñecemento que fixo nunca un rival o Madrid, mostraba pleitesía, claudicación ( by Pepe Kollins), debíamos sentirnos ledos por tal mostra de admiración e como o final saiu ben, máis aínda. Que inmenso placer é velos sufrir así. Velos sufrir porque na mellor época da súa historia, e como eles din : co mellor xogador da historia, co mellor 9 da historia, co novo Pelé, o mellor xogador español da historia, o mellor central da historia.......... virón como nos gañamos máis Copas de Europa ca eles e iso ten que ser duro para os que se paran a pensar iso, creo. Mentras pensen que fan todo ben, mellor para nos.
Agora a defensa da Juve xa non vale para nada e a Juve tampouco, cando eliminaron a outros non decían tal cousa, din os anti Flo, como disfruto diso. Esa mesma prensa que unha vez finalizado o partido en vez de preguntar pola ledicia do título, preguntaba por si quedaban os xogadores, enmerdando unha vez máis, buscando polémica.
Porque como leín onte a diferenza entre a Champions e a Liga é a mesma que a intensidade de como berrástedes o gol de Cristiano en Cardiff e en Málaga, así de certo, suelo vivir os partidos do Madrid ca mesma xente dende fai anos, e nin por asomo celebran os goles igual nunha e outra competición. A min particularmente facíame moita máis ilusión a Liga que a Champions este ano, pero a gran maioría non. Gañar gañamos 4 de 5 este si sumamos as Copas da Galleta que son Supercopa e Mundial, que tanto lle suman a outros. O valor dos títulos xa llo dixen a Mou tamén. o primeiro ano e o último.
Tamén se demostra o pouco que sei de fútbol. Con todo o que critiquei a Zizou nas malas e mira todo o que conseguiu ata agora, buff xa leva as mesmas Champions co gurú, incrible e sin ter idea. Pero como di Jabois : " A derrota está mellor escrita que a vitoria, e a literatura solo é arte cando o final non é feliz, os finales felices son a precuela de algo que o autor nos aforrou ler" . Así se sinte un servidor , desafoga mellor cando escribe na derrota, flue todo moito mellor. Pero de vez en cando hai que falar na vitoria, disfrutar deste momento e largar algún que outro zasca, que tamén somos de deus.
Disfrutemos pero traballemos en mellorar dende xa, quedar estancados será a nosa morte. Que Zizou siga convencendo os xogadores deste modelo é difícil pero é a solución, outros tentaron seguir facendo e non foron quen. A xestión dun vestiario é moi complicada, e creo que en clubs coma o Real Madrid é máis importante ca táctica incluso. Manter a fame, convencer a esta xente que está por encima do ben e do mal, que Vallejo ou Marcos funcionen como James ou Pepe( vaise a un rival directo como o PSG ) .... non cagala con certas decisións, aprendamos de erros pasados. Ano de Mundial, algo que cambia todo na cabeza dos xogadores , ollo que non é un dato a obviar.
Valverde é un gran adestrador, sempre me gustou, o do Tamudazo por certo. Pero coma todos hai que velo nese vestiario Top no que nada é fácil que llo pregunten a Pep ou Lucho, sobre todo como dixen despois do primeiro ano. Messi en ano de Mundial, pendente a renovación del e de Andrés, co que pode lastrar iso, a ver.
Como di o NYT : " It is not something another team can replicate, a lesson that can be learned or a pattern can be mimicked, which is why it is so often ignored. It is something that is really only available to a team of the wealth, power and history of Real Madrid.
But that does not make it is any less valid, or any less worhty of praise. There is a Real Madrid way, which does not need a book to define it. The Real Madrid way is to win. That is how this era will be defined, in hindsight: as the era in which Real Madrid won, and won again, and won again. There is no way it would rather be remembered."
Entre este e o anterior igual sacamos un de ideas deslabazadas :
O pouco que sei de fútbol.
Pero sinceramente desafogan moito i evita ir contestando un a un.
No hay comentarios:
Publicar un comentario