martes, 26 de septiembre de 2017

Plantel 17/18.

Como prometemos anteriormente toca falar de como configurou o plantel o Real Madrid para esta tempada 17/18 non todo vai ser falar do Matrix no que vive o nacionalculerdismo a pesares de que tamén falei da maldición de setembro.

Aínda que xa deixamos algunha pincelada cando se falou do pulso de Cristiano, cando parecía que viña Mbappé,  cando falei despois de gañar as dúas Copas da Ghalleta, pero sen dúbida a mellor foi a gran exposición de D. León sobre o equipo B

Este verán todo foron rumores e faladurías pero o final pechouse o mercado e o Madrid vendeu moito, ( desfíxose dun equipo gañador ), quizais como escribiu D. León algo imposible de manter. Pero bueno con algo si se puido quedar.Nos artigos arriba re-enlazados poden ver pinceladas do que fun dicindo. Aínda que pasamos algo por alto todos e é que as obras do Bernabéu creo que trastocan o gasto, por iso se gastou e se gastará pouco, vese claro no basket que non gastamos un peso e máis aínda ca baixa de Llull, pero bueno a xestión do basket dará para un artigo en outras datas penso.

Como está o mercado de difícil non che deixaba moito marxe de maniobra pero vamos falar das entradas e saídas. A portería é mellorable pero ou traías a Leno ou pouco máis quedaba a bo prezo así que pouco que obxectar. 

Fichar un lateral esquerdo polo pensionista Coentrao era fundamental e o fichaxe de Theo paréceme xenial. A saída de Danilo, ollo que non acabou tan mal a tempada dependía do prezo, a súa saída factible tamén. O posto pode cubrirse con "Arra" pero hai que darlle minutos, el necesita xogar algún partido e Carvajal descansalos, ademais ese posto pode ser cuberto por Nacho se fai falla como pasou co esquerdo esta semana. Si confía en "Arra" respostará e hai partidos nos que o pode poñer, debe elexilos. O posto de central dame máis medo, a min Pepe é un xogador que me gustaba, que rendeu a un nivel excepcional, pero no podía pedir dous anos. Nada de plans de pensións, un ano con outro opcional si pero estar por encima do club non. Ter a "Arra" e Vallejo que é un Woodgate da vida a pesar de ser tamén moi bo é un risco considerable, quizais eu tivera fichado a un central, nese posto vamos curtiños. 

Dos medios non falo, posto cuberto con creces , futuro e presente. Por certo a saída do festas de  James parecime xenial, había que deixarlle sitio a Asensio, Isco e Ceballos. E a non saída de Kovacic tamén outro que me encanta.

O outro gran problema é o posto de dianteiro. Non chegou Mbappé como parecía. Saiu Morata impaciente e mal aconsellado, creo que podería facer carreira no Madrid, aínda que sempre me pareceu que el cree que é mellor do que realmente é. Por iso non me apenou a súa saída, o que non quere estar pista. Pero parecía claro dende o verán que se iría polo tanto tiñamos que ter quedado con Mariano. Creo que a parella Mariano - Borjita como suplentes era moi boa, ademais de barata e da casa. O gran erro de planificación para min é ese. Mariano , diría que non lle gusta moito a ZZ, como dianteiro tanque suplente e Borjita en plan parecido a Karim, con eso estaría contento. Quizais debemos ceder a Mariano en xaneiro para voltar a traelo si se ia Morata ou esperar a deixalo saír.

Pero como non pasou, dependemos máis ca nunca de CR e iso si que non me gusta nada. Voltar a Cristiano-dependencia xa sabemos como nos foi. O seu mellor ano foi o pasado pola gran xestión de ZZ e porque tiña xogadores enchufados e fiables para deixalo no palco. E aínda por encima despois do pulso que nos cascou.

Ademais temos a Bale con medo a lesionarse, medo o Bernabéu e medo a facer cousas. O que tiña que ser sucesor de CR estásenos caendo. E Karim nunca foi moi fiable ante o gol, é un bo dianteiro no ecosistema CR pero falto de fame.

De regalo neste principio de Liga perdemos o Kharma, e de Matrix xa non vou falar.

Hoxe temos unha proba de fogo co B. Dormund, unha derrota ( moi posible por certo, en seis partidos nunca gañamos, 3 derrotas e 3 empates ) aumentaría a presión xa que estaríamos complicados en Champions e Liga o cal podería asustar a hora das miñas queridas rotacións.

Todo o noso centrocampismo necesita pegada e dianteiros. Estase vende ca praga de lesións que estamos a sufrir que en defensa e adiante andamos xustiños, sobre todo en defensa ahora. 

Anteriormente :









No hay comentarios:

Publicar un comentario