lunes, 24 de abril de 2017

Carlo-Zizou.

Pois no día de onte Zizou e o Madrid tiraron outra liga oa retrete e xa non sei cantas van. Recordoume a marzo de 2014 cando con Carlo tiramos unha parecida. A quen se lle conta que no último minuto con empate e ca liga ganada vaias a unha presión sen xeito, non sei en que cabeza cae, bueno a presión sen xeito foi toda a noite.


Non é duro perder, foi duro perder co peor Barça da última década, porque señores creo que están peor ca o ano do Tata que foi o ano que relato anteriormente. Camiño paralelo ao ano dous de Carlo o que trazou Zizou o problema é que este Barça é incluso peor o meu entender.

Perdemos cun equipo que xogou a frenética velocidade de 1km/h todo o partido,  excepto Messi e a última xogada de Sergi Roberto. É incrible que che pase iso, nin un solo xogador no medio para cortar a contra. Nin Luka, nin Marcelo quixeron facer a falta, perdemos unha liga por non facer unha falta. Non pasa nin en benxamíns, creo que hai moitos equipos de benxamíns que pararían esa contra en falta, pero os profesionais do Madrid non. Seis xogadores en campo contrario presionando cun xogador  menos a falta de 30 segundos, é incrible.

Grandes erros de Zizou dende o inicio. Algo que solía facer ben, equivocouse de cheo. Poñer a Bale lesionado foi un erro crucial, tal cual Simeone en Lisboa. Gastou un cambio que dado o nivel físico do equipo era vital. Pero non solo iso, tiña que refrescar xogadores despois da prórroga de Champions. Isco e Asensio tiñan que ser titulares seguro e probablemente Morata. Modric ou Kroos debían descansar de inicio e quizais tamén Benzema. Pero nada tiramos das vaquiñas sagradas e así nos vai.

E claro agora a salvarnos o cú Isco o mércores na Coruña. Que pode pensar o xogador máis en forma do equipo se non xoga nin así, como vai a renovar.  Por certo partido que pinchamos seguro, o igual que co Valencia e co Sevilla. Que maneira de tirar cas ligas muchacho.

Poñer xogadores descansados e en forma, era bastante fácil, pero claro hai que ter pelotiñas e non as tivo. Agora pagará as consecuencias porque non vai gañar nada e vaise ir a rúa. Se Luka, Toni, Karim, Bale …. Ou o que sea non está para xogar, non xoga, temos plantilla  para iso é máis. E despois poñemos a James aínda por encima é que é incrible.

Non gañarlle a este Barça na casa é penoso, viña de caer en París, Málaga, Coruña, Turín non sei si me esquenzo algún ?m e vai nos e facémoslle o partido perfecto para que se luzca Messi, parece incrible o pouco que preparamos un partido que daba un título. Solo teñen unha solución e deixamos que xogue a pracer. Creo que como mellor se defende a Messi é escalonandolle xente non con 1 vs 1, creo.

E ata onte parou algo Keylor, non nos podemos queixar, non da o nivel de Ter Stegen ou Neuer que esta semana pararon o imparable.  Pero claro  Karim leva 9 goles en liga e Bale 7 e así non se pode. 

Que conste que son dous xogadores que me encantan, pero un servidor é do Real Madrid, non fan dos xogadores, se non están o nivel deben esperar a súa oportunidade non queda outra.

E da lamentable presión onte do equipo non dicimos nada, que despropósito. Que o Barça que está fatal, porque está fatal, daba grima ver os dous equipos, e nos ca segunda unidade que temos totalmente desaproveitada.

A película de sempre, podemos destruir o Barça e poñelos en crise e facemos partido de risa é que non me cabe na cachola. Sempre rescatando ao Barça e a Messi, ano tras ano.

Seguimos sendo do Madrid como di Jabois : “ Y esto es básicamente el Real Madrid, una fe ilimitada y altanera cuya leyenda es universal, por eso nos rompen tanto la cara, porque no la escondemos.”

Pero podemos e debemos criticar. Mércores tocará volver a loitar.

Últimos artículos :









No hay comentarios:

Publicar un comentario