lunes, 13 de marzo de 2017

Lendas, mitos e pandullasos!

Como dixen o mércores na Copa de Europa o que se trata é de sobrevivir os días malos, eso fixo o Barça esa noite, sobrevivir. Pero esa noite destapou moitas máis cousas, viñéronse abaixo algunha que outra careta. Neste artículo vou deixar pinceladas de certas lendas e mitos incertos, nada máis que pinceladas e pandullasos como lles chama un servidor. Ademais aproveitarei outros artículos escritos nos últimos días, para que os poidades disfrutar. Pinchade nos links, danlle sentido a esto.



Non vin ese mítico partido do PSG que se lle vai facer. Un servidor non é moito de ver o Barça en fútbol debo recoñecelo, pero de estar aberto o meu bar de cabeceira para estes partidos pois posiblemente o vería, certo é. Ademais un servidor fai tempo que se desenganchou da prensa tradicional deportiva, esa que din que é toda madridista, tes que rir desas afirmacións, coitadiños. Pero claro o partido creou tal repercusión nas redes sociais, que coma sempre nestes casos pois a través delas fun atopando información.

É do partido sacamos certas conclusións. Faiseme moi raro que aos periolistos deste pais se lles faga máis impactante o arbitraxe de onte fronte o Betis que a  da super remonta fronte a do PSG.Xa que dende onte si se podía falar xa dos árbitros. Solo se fala de árbitros si se regalan bolsas e bolis, por certo mola moito que poñan unha foto de Jurado cunha bolsa do Real Madrid e digan que é un árbitro, son risas, un mitazo vaia. Esta semana tamén se falará a full xa o veredes, raro non aparecer o "tuit" do Chuflas.

Ou como explican hoxe en La Galerna. O Madrid Ens Roba, O Madrid Al carrer !!!!

Ou este outro de El Pais falando do árbitro, bastante bo tamén. Interesante tamén : Show Truman.

Tamén se me fai raro de que despois de que Mascherano faga estas declaracións : " Está claro que hice penalti a Di María pero creo que ese no es el motivo por el que eliminamos al PSG."  Meu querido Masche 3 penaltis sinaláronlle en 7 anos que leva aquí. Non sexas capaz de ver unha sola repetición da xogada, nin unha solo. Póñeste a investigar e descubres a Tv de Roures é a que produce e realiza os partidos de Madrid e Barça en Liga, Copa e Champions. Descubres tamén que o realizador é declarado culé e independentista. E xa ves claro porque de certas xogadas hai cámaras por todos lados, incluso as 360 e doutras xogadas non hai unha, desaparece todo. O mítico a prensa e a Tv é do Madrid, tes que rir de novo. Raro é que Mache diga que foi penalti e árbitros da prensa digan que non, e xa non paras de rir.

Pero o máis mítico é o tema dos penaltis e as expulsións. Escoitas a xente e parece que nos últimos anos  lle pitan máis penaltis a favor o Madrid e lle expulsan máis rivais os equipos que xogan contra o Madrid. Outra lenda máis. Por sorte temos a Maketo Lari para desmitificar esto. Por certo hoxe hai un bo artículo que fala en parte desto.

Saldo arbitral.

Vamos a explicalo un pouco :

Dende o 1993 ata o 2017 en Champions  : 234 partidos ambos en Champions ambos equipos, os mesmiños.

Tema penaltis :

FCB : 46  penaltis a favor e 18 en contra. + 28

RM : 37 penaltis a favor e 24 en contra. + 13

O Bayern 36 a favor e 22 en contra. +14

Si falamos de eliminatorias e finales:

FCB : 15 penaltis a favor e 7 en contra. +8

RM : 7 penaltis a favor e 10 en contra. -3 . Incrible en eliminatorias pítanlle máis penaltis en contra o Madrid que a favor. A algún igula lle estoupa a cachola.

Si poñemos o Bayern sería 15 a favor e 11 en contra.+4

Vamos ahora cos cartóns vermellos neses mesmos anos e partidos:

FCB : 8 cartóns vermellos en cambio os rivais 32. Casi nada.

RM: 13 cartóns vermellos en cambio os rivais 17. Casi iguales. Como nos favorecen.

Bayern : 17 cartóns vermellos e 22 os rivais, cifras parecidas as do Madrid pero a anos luz do Barça.

En eliminatorias e finales  :

FCB : 2 cartóns vermellos en cambio os rivais 17, sigue a tendencia.

RM: 6 cartóns vermellos en cambio os rivais 7, parello parello.

Bayern: 6 cartóns vermellos en cambio os rivais 12, bueno non está mal comparado co Madrid.

Poderíamos seguir cos cartóns amarelos e ver a mesma tendencia pero non ten sentido.

Solo vou mostrar un último dato relacionado co Madrid e o Barça, sobre penaltis e expulsións en tódalas competicións dende o 2003 e o 2017, si mirades no artículo do saldo saberedes porque se elixe 2003.

Penaltis :

FCB : 166 a favor e 79 en contra.

RM : 148 a favor e 89 en contra. Peores datos co Barça pero acusannos de Penaldo e demais.

Cartóns vermellos :

FCB : 75 expulsados e 147 rivais.

RM : 111 expulsados e 91 rivais. Pero como pode esto, non o podo creer, si din que expulsan sempre un rival do Madrid.

Como vedes hai mitos e lendas que non son o que parecen.

Como di Emil Sorel : " O vivo exemplo da escandalosa prostitución intelectual coa que ten que convivir o Real Madrid."

E despois queredes decirme que os periolistos son do Madrid, en fin. Iso vos fan creer.

Outro mitazo é o dos títulos en branco e negro e todo iso. O meu uso de razón é ca Quinta do Buitre e vin as mesmas Ligas e Copas de Europa ca eles, pero depende cando lles entrou a eles o uso de razón ese do que tanto falan, ou si contan as Catalunya Cup.

Outro mito é :

Polo mundo non dixeron nada, si claro . En México ..... ,,,, The Guardian .....

P.d. Keylor está peor co último Casillas. Un porteiro así lastrache, fai que a defensa recué, gustaríame falar desto pero preferides polémica e a min vaime a marcha tamén.

Últimos artículos :

Liga ao Garethe.

Hai moito link no artículo, é cuestión de ir tirando.

Foi feito as presas e correndo aproveitando o traballo de outros, un saudiño haters.






No hay comentarios:

Publicar un comentario