Pois estaba pensado escribir pola mañá e máis sobre a confección do
plantel que sobre a noite pero claro o partido fronte o Betis cambiouno todo, e
o cabreo tamén. Estou a pensar que un servidor é o gafe xa que como lle vexa o
partido o Madrid pinchamos esta tempada. Vivir o Madrid quítache e dache vida.
Pois nada foi bonito gañar unha liga a ver se
pescamos outra nesta década, gañamos unha coma o ano de Mou e o ano seguinte
desastre. Quedamos a sete puntos do
Barça que compite as Ligas coma ninguén, temos un “chance” aínda pero depende
única i exclusivamente de nos.
Por sorte hoxe estaba CR no campo errando
goles, quédanos iso coma consuelo. Podo loitar un pouco contra os Cristilibers
que me rodean, el tamén erra. Falabades de Karim o día do Valencia pero hoxe
CR, en fin.
Culpiña abonda de hoxe tivo ZZ, quitar do
campo a Isco e Modric non sei en que cabeza cabe. Marcouse un fail das
remontadas de Mou. Despoblar o mediocampo fronte un equipo de Setién non sei en
que cabeza cabe. Non recorda o ano pasado ? Un servidor non o entendeu moito.
Nos xogando a tolemia pero eles ca bola. En resumen non a cheiramos e pasamos
de dominar a nada máis absoluta, estiven a piques de arriar o partido despois
dos dous cambios seguín solo para poder escribir a gusto.
Si a primeira metade non tivo queixa, foi o
guión desta tempada no Bernabéu, falta de pegada con erros atrás de bulto e un
pouco de sobradismo de saída.
Pero os cambios de Zizou precipitaron a
derrota, vaia ida de perola. Si estábamos a facer un partido digno co campo
inclinado, cos cambios chegou o caos. Cos cambios ninguén sabía onde colocarse,
perdemos orde, posicións, quedamos ca heroíca e os centros e xa vimos o
resultado. O Betis tiña unha leira para disfrutar. Creo que íamos a gañar o
partido cun simple retoque ou cambio e nada vai Zizou e ruleta rusa contra
Setién!!! Zizou equivocouse e a súa ansiedade matou o equipo. Non me gusta que
mamemos tanto a bola o estilo Pep pero tampouco a tolemía que se montou, un mix
intermedio era o punto. Sobre todo si tes moitos e bos centrocampistas non
podes despoboar o centro do campo.
E agora a falar de Carvajal que está penoso,
mima si fai este inicio de campaña Bale ou Danilo o que estarían a falar. Está
xogando de pena, erros en ataque e defensa. Erros de concentración e facendo
controles lamentables. Parecía Villarroya erros tácticos, técnicos de conceptos
simples, fixo un saque de banda que case foi gol, para colgalo.
E claro isto lévame o que ía falar se non fora
polo lamentable partido de hoxe. Creo que si ten a “Arra” no plantel ten que
usalo senón que pedira un lateral e máis vendo a Carvajal, necesita un respiro,
máis de cachola ca físico. E a falta de gol é evidente, a min a marcha de
Morata non me importou, si quere marchar que marche pero que se foran el e
Mariano para non vir ninguén xa non me gustou tanto. Mayoral – Mariano por
Morata parecíame un bo cambio, un dianteiro tanque que se asocia moi mal co
balón e outro menos goleador e bastante verde pero que se asocia co balón, pero
Mayoral solo é moito mar. Fiámolo todo a Mbappé e saiu mal. Por certo levamos 9 goles en 100 remates e despois din da pegada.
Por exemplo ca ruleta rusa hoxe de Zizou o
dianteiro sería Mariano, e como xogamos na primeira parte o partido estaba para
Mayoral, cuestión de conceptos. Un día falamos do plantel. Este fío do Equipo B é bo pero ten matices coma todo. Necesitábamos un dianteiro ou quedar cun dos
que marcharon e tamén un defensa, porque non conta con “Arra” e Vallejo é bo
pero un Woodgate da vida.A ver si dou para escribir sobre este tema e sobre CR e seu aumento de "poder" con este plantel.
Bale un pouco mellor pero non está
fisicamente. Ademais xoga con medo no Bernabéu. Non arrisca nada con bola para
non ser pitado.
E un pouco do de sempre tes o Barça tocado e
na lona e case fundido e resucítalo outra vez. Regalas sete puntos en cinco
xornadas e xa está. Non teñen sangre si na Supercopa lles puideron meter unha
tunda e deixaronse ir, se pasa o revés. Por certo o que dixen a maldición da Supercopa.
Vou deixar un halo de esperanza, aínda podemos
volver pero depende como manexemos todo a partir de hoxe e ata onde vaia chegar
o Messilona, porque viven de Messi. E si quedastes con certos xogadores no
plantel hai que darlles bola. Hoxe era bo día para Mayoral e “Arra” pero non
tivo pelotas, sobre todo trala noite donostiarra. Por certo o ambiente do Bernabéu non axuda, caen na trampa dos periolistos.
Non queda outra que unión, tranquilidade, esforzo, análise son a mellor solución non queda outra. E que volva o Kharma que non sei quen o levou ou o contragafe.
" LAST ARTICLES " :
No hay comentarios:
Publicar un comentario