martes, 25 de abril de 2017

O outro Clásico.

Onte tocou falar do Clásico futbolístico pero hoxe vou falar do outro Clásico, do dos periolistos, do de VAR e do bar, do de Chuflas, e sobre todo o dos Trolls. Vai ser momento de curiosidades, datiños, e abrir ollos, non todo vai ser a versión da prensa.



Pouco se fala, pouco se comenta pero aos 2 minutos o colexiado saltouse un penalti de libro de Umtiti a Cristiano, ata o recoñeceron os de RAC 1 como dirían os queridos Trolls. E é que en 77 partidos o Barça leva un penalti en contra na Liga , friolera a cifra verdade. Ningún esta tempada, tranquilos que vai aparecer próximamente posiblemente nun partido que vaian con catro ou cinco cero para disimular. Solo na primeira volta recordo dous así a bote pronto, outro no primeiro minuto a Lucas e un super agarron a Cristiano de Masche, pero sigan , sigan. Nada que dicir tamén do gol en fora de xogo de Suárez aquela tarde. 14/02/16 creo que foi a data do último penalti que lle pitaron en contra, creo que gañaban 3-0 para non perxudicar moito.

Logo dirá Chuflas que controlamos e estamos mal acostumbrados, vaia risas, que tal nos queren vender. Outro dato curioso é que dos últimos 15 expulsados dos Clásicos foron 12 do Madrid e 3 do Barça. Os do Barça ollo o dato  Villa no banquiño na Supercopa de Agosto de 2011, Adriano en Agosto na Supercopa de 2012, e Valdés no 2013 unha vez acabado o partido. Buff que mal acostumbrados estamos, meu deus.

Curioso é tamén que Ramos leve 22 expulsións co Madrid e ningunha ca selección, dato máis que curioso. A protección de Villar e J. Gaspart. Por certo Chuflas fíxolle algo parecido a Cavani na mítica remuntada e levou amarelo, Atrakín, Atrakín, e despois falan de Kaskai que se equivocou para ambos lados, non solo para un.

Por certo Joan dixo que :" Estamos muy concentrados, un título es un título, tenemos muchas posibilidades. " Como que non o tio que controla os árbitros, di esto, por certo o domingo cambiaron un asistente e acaban de cambiar o árbitro para o partido do Madrid fronte o Valencia, preguntade en Huesca   de que equipo é o novo árbitro para ese día, atando cabos ? E colocan o seu querido Undiano no derbi catalán non vaia a ser.  E despois comparanmas cas declaracións de Tebas que non controla nin a Tv, que as controla Roures e o seu realizador culé, en fin.

Joan e Villar os xefes da dictadura como dixo Peter Lion, a quen beneficia a dictadura aos seus dous equipos. Nove rivales expulsados leva o Barça e tres  o Madrid,  pero despois falan de Penaldo e das expulsións. Joan e Villar non piden o VAR que non lle convén os seus equipos. Por certo parece que evitan enviar ( secuestran )  papeletas e puxeron un teléfono de queixas dunha empresa, vaia cracks, estes son os do palco do Nou Camp chufliñas, estes os do 3% ......

Solo mirar os últimos 5 anos e dache a risa ( 2012-2017 ) : Datos @maketolari

Real Madrid :

Tarxetas roxas rivais : 20
Tarxetas roxas RM : 18

Un saldo de +2.

Atleti :

Tarxetas roxas rivais : 25
Tarxetas roxas ATM : 18

Un saldo +7

Barça :

Tarxetas roxas rivais: 33
Tarxetas roxas FCB : 9

Un saldo de +24.

Pero o curioso é que o Madrid ten incluso peor saldo que o Atleti do Cholo, pero estamos mal acostumbrados di Chuflas, tes que rir. Arbitraxes permisivos, en fin.

Tamén montaron o cristo polo tema Neymar, expulsanlle 2 tios en 77 partidos e montan un pifostio por un. Casi van o parlamento europeo da Haya. E claro comparan os aplausos de Ramos cos de Ney, máis ben terían que comparalos cos de Chuflas en Vilarreal que foron tal cúal, ou non te acordas, Roberto Fernández, agora Robert. Que están a que salta os dos valors, o Madrid como institución non di nada nunca, pero os dos valors, saltan a todo e protestan todo, sigo rindo. Si chegan a levar o saldo do Madrid, caese o mundo, literalmente. Contrataba un tipiño solo para contestarlles, xa está ben de quedar calados.

Falan de Marcelo e Casemiro, os mesmos que tapan a Suárez e Masche. Suárez cero expulsións en Liga co Barça o home dos cobadazos e Masche solo fixo un panal disque, expulsións creo que 3 en tódalas competicións, incradibla !

Bueno e si fai Cr o que fixo o amigo do médico dos ciclistas, non che quero nin contar, dobre vara de medir que temos, para Cr ou para Rodolfo que tamén o critican bastante. De regalo chiscoulle o ollo non vaia a ser.

Creo que vou parar que me enveneno, como vos engañan xentiña, como vos engañan, que listo foi Chuflas, pero os datiños e as imaxes que non repiten  din outra cousa. Creo que me esquencín de moitas cousas pero o fio está tirado.

O violento Madrid evitou darlle unha patada a Sergi Roberto no previo do terceiro, si foran tan violentos non saía dalí  verdade.

Por certo o Madrid si lle deixan con 5 vitorias e un empate é campión, así de claro. A última frase que tiña pensada gárdoma para outro día non vaia a ser, contragafeo a full. Tamén sabemos que Depor, Valencia, Sevilla...... se van a deixar a alma, tan solo o Espanyol o fará no lado contrario, o Osasuna xa empeza borrandose do partido de mañán.

Anteriores :

Carlo-Zizou.

VAR.








1 comentario: