jueves, 28 de febrero de 2019

Non da para máis.

Adiantabao onte nada máis rematar o partido, o fútbol trátase de marcar goles e de que non chos marquen, nin máis nin menos. Onte quedou claro que non damos para máis e con iso non chega obviamente para os grandes partidos, xa que perdemos cun Barça bastante malo e o que non lle fixo falta nin que aparecera Messi. Creo que tiraron dúas veces a portería e marcaron tres goles, xa que un gol foi noso en propia. Foron aquel Madrid de Casillas e Nazario que tanto criticaban. Polo menos o tempo sempre acaba dando a razón en todo, xogo, canteira, carteira .... os gurús. Hoxe tampouco tocará falar diso, solo cando cae do lado equivocado, ventaxismo. Co que mola gañar a contra, en fin.

miércoles, 27 de febrero de 2019

Search Adianto do CupClásico.

O fútbol trátase de marcar máis goles e sobre todo aproveitar as túas oportunidades. Non temos gol gratis e iso é moi importante. Máis ben faltanos a calidad diferencial ante o gol. Como molan eses goles a contra que dirán os puristas.

martes, 19 de febrero de 2019

Teoría rara.


Levo tempo pensando nunha teoría conspiranoíca que pasea  pola miña cabeza e a que non sei darlle nome, pero está baseada nun tema político  engadido  a  que o Real Madrid non sabe ou non é quen de gañar a batalla mediatica e dende ese punto perde tódolos demais.

domingo, 17 de febrero de 2019

Lolaso sin fin.

Un pouco lamentable todo non, primeiro o Real Madrid Nba dilapida 15 puntos, despois na última xogada casi,  falta de Randolph non pitada sobre Singleton estilo a que lle deu a Copa o ano pasado o Barça de Claver sobre Taylor , Carroll consigue un 2+1, os arbis acongoxan, despois o Barça tarda máis de cinco segundos en sacar e non se enteran os arbis e para finalizar Randolph colle un rebote - tapón legal e dan canasta (porque unha vez toca o aro xa é rebote ) , si despois a chega a poñer Llull xa é o Lolaso total.

Mini post Gironí.

As derrotas de Solari teñen un denominador común, sempre xogou Marcelo. Hoxe tiña que ser títular había que rotar e a liga estaba perdida antes de hoxe, pero está ben que se dean de conta algúns. Ademais foi sacar a Lucas do campo e todo un desproposito, incluido o adestrador, non sei que empecinamiento hai en poñer dianteiros e quitar medios, eso solo vale si queres mandar continuamente pelotazos senón esa non é a maneira de remontar sobre todo si o partido se estaba a perder dende o mediocampo. 

jueves, 14 de febrero de 2019

Mini post , Ajax.

Neste primeiro partido vs o Ajax viuse o que viña avisando nos últimos días que Solari debía rotar fronte ao Atleti xa que a Liga está perdida e tódalas nosas opcións xogaranse en Copa e Champions.

jueves, 7 de febrero de 2019

Mini post Clásico.

Vamos facer un mini artigo post Clásico xa que non temos moito tempo. Outro día tamén teremos que falar de cousiñas que nos chaman a atención de aquel país de alí arriba coma dicía o dos perfumes, coma o tema de repeticións que censuran e o ben que ven as pancartiñas , ens robam pero aos galegos que non vos confundan.

domingo, 3 de febrero de 2019

Search Me ! Eu non sei nada #186

" O concepto de "pico de forma" utilizouse no fútbol perante anos estando este relacionado cos ciclos de "Realización" da planificación ATR , a cal como sabemos non ten cabida hoxe en día neste deporte.