martes, 30 de julio de 2013

I Copa da Costa feminina.

O Fisober F.S.F. levouse a I edición da Copa da Costa feminina de fútbol 8 que tamén disputaron o U.C. Cee e o C.D. Baio, unha competición que esperemos que continue no tempo e a cal se  vaian unindo  máis conxuntos. A competición  realizouse  cun formato de dúas concentracións e que tería como gañador o equipo que máis puntos acadara. O Fisober F.S.F. que xa tomara vantaxa na primeira xornada que se levou a cabo en Baio, ratificouno na segunda e definitiva en Cee.

miércoles, 24 de julio de 2013

Fisober , Habemus calendario !

Parece ser que xa temos calendario para o Fisober en Segunda División a espera da solicitude do Leis Pontevedra de integrarse neste grupo o cal podería obrigar a facer un novo calendario. Este calendario é obtido da páxina web do Stilo Berrio , a espera da confirmación por parte da RFEF. O Fisober arrancaría o 6 de Outubro como local cun derbi fronte A Fervenza precisamente o partido co que se rematou a pasada e finalizaría tamén como local o 4 de Maio precisamente fronte o Stilo Berrio.

viernes, 19 de julio de 2013

Mini disque feminino do 19 de Xullo !

Non tocaba hoxe unha de rumores pero ante as noticias de fútbol sala feminino que implican directa ou indirectamente o Fisober e  saltaron nas últimas horas pois vai un pequeno.

jueves, 18 de julio de 2013

Fisober , Habemus grupum !

Pois remataron as especulacións e os rumores e o Fisober F.S.F. xa sabe en que grupo participará na Segunda División do fútbol sala femenino español. O igual ca anterior tempada para a 2013/14 o seu grupo será o Grupo I.

martes, 16 de julio de 2013

O disque disque do día do Carmen !

Arrancamos cun rumor de fútbol sala feminino, xa que a Segunda División do fútbol sala feminino español anda pendiente de que se peche Honor para saber como colocan os equipos e en que grupos os colocan. O Fisober aínda non sabe si queda no mesmo grupo do ano pasado ou pasa o grupo dos madrileños a súa zona de influencia, si van ter que xogar a Canarias, si lle colocan algún aragonés ...... nestes días deberíase de aclarar pero de momento todo son rumores.

martes, 2 de julio de 2013

Pandullasos en "Tuister".

A causa do linchamento público de Arbeloa despois do partido contra Brasil, pois vou utilizar as redes sociais tamén para defendelo, fai uns días fun eu o que o defendío sabedor da situación. Espero que non lle importe os "tuiteiros" utilizados. Un regalo para os grandes expertos en fútbol que alegremente critican a Álvaro Arbeloa Coca. Nesto tamén poderíamos incluir os "periolistos" en certo canal explicaron a derrota en base os erros de Álvaro, noutros coma na Sexta analizaron o partido como ten que ser, en base os erros colectivos. Ahí os van :