lunes, 28 de octubre de 2013

Ribera Navarra - Fisober . 5-6.

SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL

RESULTADO : RIBERA NAVARRA – FISOBER F.S.F. : 5-6.

RIBERA NAVARRA:Eva, Ana Saso, Maju , Sandra e Cristina Ochoa; tamén xogaron : Yessi, Cristina Viñaras, Estela, Irene e Aline.

FISOBER : Eva, Patri, Elsa, Inés, Ana ; tamén xogaron : Raquel, Noelia e Myrella.


ÁRBITROS : Javier Díaz e Alberto Ansa ; CRONO : Iñaki  Percaz.

GOLES : 0-1 Patri, 1-1 Yessi, 1-2 Inés, 2-2 Yessi, 2-3 Myrella, 2-4 Patri ( descanso ) , 2-5 Noelia, 3-5 Cristina  Ochoa, 4-5 Yessi, 4-6 Raquel, 5-6 Maju.

O Fisober acadou unha difícil vitoria a domicilio nun traballado e sufrido  partido dos que gusta xogar e  ver o espectador. Boa presenza no Ciudad de Tudela cun  público local moi metido e combativo.

Non podían comezar  mellor as cousas para as da Costa xa que os tres minutos unha combinación de todo o equipo o primeiro toque acabou con Ana cedendo para que Patri fixera o primeiro gol.

O Fisober atopábase cómodo na pista e saía con perigosas contras e tiña as mellores ocasións  ante o dominio pouco profundo local.

Os sete minutos de partido unha xogada de saque de esquina a favor  das locais provocou a igualada no electrónico. Xogada ensaiada e zurdazo inapelable de Yessi.

Tocáballe  remar de novo as da Costa, e a seis para o fin desta primeira metade de novo unha combinación visitante terminaba co balón nos pes de Inés que poñía en vantaxe as súas, marcando o seu primeiro gol da tempada e celebrando desa maneira a súa convocatoria para adestrar ca sub17galega.

Pouco lle durou a ledicia o Fisober, xa que un minuto despois,  de novo un saque de esquina, unha nova xogada ensaiada e outra vez un zurdazo de Yessi igualaba o tanteador.

O partido seguía entretido e as visitantes deixaban a impresión de que podían volver a poñerse en vantaxe.

E así foi pouco antes de entrar no último minuto o balón chegou a Myrella , que se estreaba como goleadora na tempada, que regateou a porteira para poñer o 2 a 3 a favor do Fisober. E case sen respirar e aínda sen entrar no último minuto Patri facía o 2 a 4 deixando noqueadas as navarras camiño dos vestiarios.

A saída do tempo de lecer a local Sandra tivo unha moi boa ocasión pero quen golpeou foi a catorce para o fin o Fisober,  nunha contra con Patri  que rematou co gol de Noelia que tamén se estreaba esta tempada como goleadora.

Neste momento cambiou o rumbo do partido. As locais decidiron xogar moito máis intensas e agresivas, o seu público tamén,  o que fixo que o Fisober tamén tivera que por o mono de traballo. Comezaron a sinalarse faltas a ambos lados o que presaxiaba que os dobre penaltis poderían ser decisivos.

Mediada esta segunda metade Cristina Ochoa facía o 3 a 5 e dáballe máis emoción o partido. O público local cada vez máis metido dáballe máis intensidade e interese o partido.

A falla de sete minutos de novo un zurdazo de Yessi desta vez de falta, a quinta por certo, apretaba aínda máis o electrónico e poñía o 4 a 5.

Solo un minuto despois a seis para o fin, a quinta falta das locais, provocaba unha xogada de pizarra do Fisober, por fin saiu ben,  que remataba co 4 a 6 de Raquel  o que daba un certo aire as visitantes.
Raquel e Myrella marcaron gol no partido.

Os últimos catro minutos o Ribera decidiuse polo ataque de cinco para tentar igualar o marcador.

Pouco despois Patri dispuxo dun dobre penalti para senteciar que non aproveitou. O Fisober respostaba ben ante o ataque de cinco e non pasaba excesivos problemas.

E todo pudo cambiar a menos de dous minutos para o fin cando Patri roubaba un balón o ataque de cinco e mandaba o balón o pau cando as visitantes xa cantaban o gol. Desas xogadas chave que cambian o rumbo dun partido.

E peor se puxo cando  case deseguido as locais poñían o 5 a 6 por mediación de Maju a 1:35 para o fin e o conseguinte medo no corpo as visitantes.

Ese último minuto e medio fíxose unha eternidade e máis cando por dúas veces se prantaron as locais ante Eva dende o dobre penalti. Pero nin Yessi a primeira vez nin Sandra a tan solo dez segundos do fin foron capaces de superar a Eva, que taménestreaba convocatoria para adestrar ca sub21 galega.

A pesar do intenso e disputado  partido, o final chegouse cunha excelente deportividade entre as xogadoras de ambos equipos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario