Foto do debut de CR en liga vs Depor |
" É evidente e ninguén negará que Messi ten máis cualidade e condicións técnicas para o fútbol que Cristiano, pero Cristiano compensou súas carencias con traballo i esforzo, chegando incluso o nivel de Messi. Os entendidos de fútbol dirán que non se pode comparar a Messi con Cristiano polo seu fútbol, pero esquencense de que o fútbol é un deporte non un arte e o deporte é competir, e competindo Cristiano é mellor deportista que Messi con menos condicións.
É o mesmo exemplo que o de xogar ben ou gañar, o fútbol ( profesional , xa que na base ou amateur tería que discrepar ) é un deporte , e o importante no deporte ( profesional ) , non é facelo bonito, é gañar, o bonito xa se iso para as obras de arte ou os cadros.
No Real Madrid temos un exemplo ben claro, Guti e Raúl, un era un superdotado para o fútbol e o outro con moitas menos condicións chegou a cima con traballo i esforzo, tendo máis éxito que o que tiña moitas máis condicións para o fútbol.
Conclusión : Ninguén debe faltar o respecto a Cristiano polo que conseguiu, cando o conseguiu tendo máis difícil que outros con máis talento innato. "
P.d. de @atooca : As respostas a este fío deixan claro que boa parte do madridismo aprendeu a respectar futbolísticamente a Messi, e que gran parte do barcelonismo non fai o mesmo con Cristiano. Esa gran parte do barcelonismo que cree que solo seu equipo xoga ben o fútbol e que seu fútbol é o único válido, aínda vendo como o rival sigue metendo Copas de Europa nas súas vitrinas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario