sábado, 9 de diciembre de 2017

Euroliga a basura.

O mércores coñecise que Randolph como mínimo ata Xaneiro non pode xogar, outro pau máis para a tempada do Real Madrid de basket. Xa o avisei antes do partido vs Olympiakos que sen pivots non se pode competir en Euroliga.

Mentras tanto entre lesión e lesión, entre derrota e derrota en Euroliga a directiva sigue sin querer gastar un peso nun pivot temporeiro, tirando ca última tempada de Doncic e posiblemente de Rudy. Xa que alá cando cheguen os lesionados, que a ver como chegan, xa non teremos nada que facer en Europa. En liga as derrotas son recuperables solo hai que chegar en forma aos play offs pero na Euroliga non son recuperables.

Tavares-Felipe-Thompkins-Maciulis con eso estamos xogando por dentro, posiblemente e sen posible o peor xogo interior da competición. Non hai un peso para un temporeiro interior? É que nin me sale criticar o meu hateado Lolaso.

Lukita está facendo de héroe esta tempada, e non pode facelo todo el cada partido. Vai chegar morto a Febreiro a este ritmo. Os secundarios cada vez axudan menos. E non me queixo do partido de onte do equipo, traballaron sen fin nunha das pistas máis difíciles do continente. Chegaron a prórroga, nada que obxetar, queixome da directiva. Irreprochable traballo do equipo sen 3 dos seus 4 homes chave, que perdeu aos seus dous pivots titulares. Seguirían sen fichar noutros equipos se lles pasa. O reposto de Llull xa foi tarde, mal e arrastro pero bueno aínda o podo entender por darlle a oportunidade a Facu, o tema pivots e volvo a repetirme, non !

Escoito e leo a moitos entendidos dicir que hai que esperar a recuperar a xente, non se dan de conta de que cando recupermos xente xa será imposible chegar ? Como vamos gañar un partido en Euroliga sen pivots, bueno un igual gañalo, pero non moitos máis. O riesgo de quedar fora é real ou non o ven.

Outro gran problema é que se están caendo tamén os secundarios, Facu e Causeur que empezaron a tempada coma un tiro están lamentables a día de hoxe. Onte non deron unha a dereitas. Gastamos unha praza de extra en Randle que non sei, para a utilización que se fai non sería mellor un pivot a estas alturas ? Non se confía nel, para que o temos ? Os comentaristas portugueses onde vin onte o partido non paraban de dicir iso, gastar unha praza en Randle ? Que mal está Facu, non pedía protagonismo ? Trey non ten sangue ? Eses  comentaristas non eran os de aquí que solo ven o malo noso.

Quedounos un roster cheo de xogadores costa abaixo despois das lesións  Felipe, Rudy, Carroll, Maciulis e os que tiñan que dar un paso adiante non o dan salvo Lukita. Eses xogadores que están escondidos son o outro gran problema e cando nos deamos de conta xa é demasiado tarde. Como dixen o seu día a lesión de Ayón neste equipo é chave.

Paro xa que total estou sendo repetitivo. Barça, Brose , Valencia, Fener ( vin onte o último cuarto contra o Barça e son o gran favorito a revalidar título )  ata fin de mes e con este roster, case nada.

P.d. Onte aínda que nos coseron a faltas e tirou o Oly 36 tl e Real Madrid  11 tl non foi dos peores arbitraxes que vin en Grecia. Por certo un servidor facía falta con 10 segundos por xogar para ter a última posesión estando cos pivots eliminados, total.

P.d. 2 : by @riquiardo12 : "Por cierto, me sorprende mucho la generalización en el basket de que equipos como Olympiacos no tienen talento individual. Talento no es solo driblar y meter desde fuera o tener fundamentos en la zona, saber defender en el 1x1, ayudas o saber atacar el rebote también es talento."

Anteriormente :

Search Me ! Batacazo....

Search Me ! Pivots.......

Lolaso ou barbarie....


No hay comentarios:

Publicar un comentario