jueves, 28 de diciembre de 2017

Real Madrid e Free Tabarnia.

O Real Madrid entra de cheo na política mostrándose a favor da creación de Tabarnia coma nova comunidade autónoma dentro do estado español e independizarse de Catalunya . Presionado pola gran cantidade de peñas que ten o clube na zona e todas elas a favor da creación de Tabarnia. Como Tabarnia é  despois de Madrid ,  é a segunda con maior número de peñas  brancas ,  fixo posicionarse o club neste tema político , en prol do pobo tabarnés. FREE TABARNIA.

Ademais das peñas certo porteiro da zona do que debemos omitir o nome por razóns de dereitos de autor  é o gran abandeirado do Free Tabarnia no club. De feito propuxo aos seus compañeiros que mostren o seu apoio a causa cun laciño branco, que levarán todos os que se posicionen a favor a partires de agora. Del son as declaracións : “ Os tabarneses non odiamos ao pobo catalán, é un problema co goberno catalán que nos marxina e por iso pedimos ser independentes de Catalunya” ,  parece ser que dixo : “ É certo que Tabarnia é un pouco fascista  e non existe un réxime democrático, pero a xente é feliz. Están encantados coa familia real , levan as súas fotos nos coches”  , tamén  se di que falou : “ En Tabarnia esperamos unha oferta da Generalitat que nos seduza. Non pensamos abandonar noso anhelo de liberdade e de dignidade das nosas mobilizacións. Non vamos desaparecer, as cuestións políticas resólvense con dialogo e negociacións.”

Outro gran defensor de Tabarnia é un ex dianteiro do Real Madrid ,que agora xoga noutro país quen tamén por dereitos de autor  debemos omitir seu nome,  quen dende Lión ( ups creo que xa sabedes quen é )  xa mandou un video de apoio a causa lendo un manifesto. Ademais comprometeuse a facer campaña en Francia co seu laciño, ademais de en cada rolda de prensa e nos pre e post partidos da Europa League. Del son as declaracións : “ Que fácil é falar dun pobo perdido de Lleida do que pasa en Tabarnia” , atribuienlle tamén “ A única saída para as lexítimas aspiracións de Tabarnia é un dialogo bilateral e sen condicións. Ir o choque de petroleiros non beneficia nin a Catalunya nin a Tabarnia”. De feito conta unha anécdota das súas vacacións de Nadal en New York : “ Cando cheguei a New York, colleume un taxista islandés , cando lle dixen que era de Tabarnia comezou a chorar coma un neno da emoción, non me cobrou e díxome que me leva onde queira gratis. Visitamos Disneyland o Golden Gate e voltamos pola ruta 69, deixeille 10 dólares de propina e prometeume levar o laciño branco para sempre”.

A campiona de xadrez ucraniana  A. M. que se nega a participar en campionatos en paises árabes por mor das súas leis tamén se mostrou encantada de apoiar a causa de Tabarnia a pesares das palabras de certo porteiro arriba recollidas  e a aparente falta de democracia.

Para os que non o coñezan Tabarnia é un territorio de Catalunya proposto polo movemento Barcelona is not Catalonia, tamén chamada Plataforma pola Autonomía de Barcelona, como unha comunidade autónoma diferente de Catalunya. Dende esta plataforma consideran que “a división actual non se corresponde coa realidade”  e son partidarios de o que denominan como “a soberanía histórica do condado de Barcelona”. A nova comunidade autónoma estaría formado por 10 comarcas actuais. O movemento apoiase na lei de Claridade canadense ( referendum Quebec ) e no artigo 143 da Constitución. Para máis información poden consultar nas redes sociais, na prensa ou nos lugares habituais, que a xente xa sabe onde informarse con calidade e liberdade.

O procés tabarnés tamén se mostrou de acordo en devolver a Galicia o expoliado no acordo dos presupostos do 2015 cando o goberno central de Madrid e o de Catalunya cambiaron boa parte do orzmento que tiña asignado Galicia e mandarono para Catalunya a cambio dos seus votos a favor no parlamento. Resulta curioso que o pobo tabarnés se acorde de algo que pasou sen que se enterara  case ninguén en Galicia, Madrid ou Catalunya. Por esa razón esperan contar co apoio dos galegos para o seu procés.

De feito tamén temos no blog as peticións e as normas a aplicar nun posible Referendum  as cales faremos públicas se os nosos letrados no lo permiten nas vindeiras horas.

Agora toca esperar como afecta ao Real Madrid todo este asunto, e como vai reaccionar tanto a súa masa social coma o do resto de equipos aos que se enfronte. De feito no día de hoxe o Real Madrid de basket ten partido en Turquía e saberemos se a sección de basket e os seus xogadores apoian esta medida do club e do plantel de fútbol. Aínda que parece incrible Cristobal de Soria tamén apoia ao Madrid no procés tabarnés.

Aradecer a tódas as contas de "tuiester" onde recabamos as declaracións de certo porteiro e certo dianteiro, dos cales debemos omitir datos por motivos legais.



No hay comentarios:

Publicar un comentario