miércoles, 22 de febrero de 2017

A vida sigue igual.

Tódolos anos igual, chega un Valencia morto ou que non se xoga nada e zas, palmatoria ou empate, e claro a Liga o caralliño outra vez, xa que o Vilarreal é outro equipo deses.


Nada  ! é imposible así, cada vez que nos chegan é medio gol e nos por moito que fagamos non hai maneira. Hoxe non fixemos un partido para palmar pero palmamos, tampouco xogamos coma outros días está claro,  que é cousa do fútbol, o de “merecemos” non se axusta a realidade, sempre o dixen, e as copiñas nas vitrinas.

Non creo que arrancáramos tan mal, menos para ir 2 a 0, iso si penalizounos Varane hoxe e algo Keylor quizais. Outros días foi o Churu, Marcelo ….. Pero é sempre a mesma historia, semana de pre-crisis culé e vamos nos a salvarlles o cú xunto ca Orga. Incrible, sempre disparamos o noso propio pé.

E todo se acabou co erro final de Zizou, desesperou e matounos, quitar a Lukita foi a perdición, desde esa fomos a pique. Claramente ese non era o cambio, tiñamos o partido controlado a pesares de non marcar, con ese cambio quedaron cero opcións de remontada. É máis si tiña pensado quitar a Varane, pois ese era o home un máis adiante e Casemiro para seu sitio, pero quitar a Modric cando necesitas crear , por deus. Kovacic, Isco ?

Bueno e que siga xogando James, non ten senso, sinceramente, Kovacic,  Asensio e Isco están a anos luz del, incluso Lucas que dende a lesión non anda o supera. É que  a xestión de Zizou do partido foi penosa. Mira que non me gusta moito Isco pero que James estea por diante nel, non mo creo. As ligas pérdense en noites coma a de hoxe, toca apretar os dentes e darlle ata maio e non deixarse ir, non queda outra, pero con Modric non campo sempre.

Que o Barça está a punto da quebra, con Piqué que di que teñen que cambiar o estilo de xogo, saíndo con 10 extranxeiros e 2 canteiráns, e vamos nos a salvalos, hoxe  era un día para cravar puntiñas na súa tumba coma outras moitas veces e vamos nos e dámoslles osixeno, fai un par de anos fixemos o mesmo e sabemos o que pasou raparigos. Non temos o instinto asasino que hai que ter e listo. Queremos salvar a Barto unha e outra vez......

Por certo onde andarán os babosos do tiki-taka coma única forma de xoga e os da canteira, mira que me teñen dado días con esa matraca, que dirán agora os pobres, manda carallo, estarán na coviña ou terán unha nova teoría. Porque lla desmontaron dende dentro, nin un servidor tivo que facelo, o tempo da e quita razóns sempre o dixen. De feito sobre isto ía xirar meu próximo artigo, pero nada, non me deixan, temos que pinchar para evitalo. Ía tirar de hemeroteca, agora xa non.

E sigo sendo moi madridista e non me baixo do barco, nunca , pero que critique o que se fai mal non quere dicir que deixe de apoiar. Quédase semana para tirar das camisetas do Madrid, non queda outra.

Anteriormente :







No hay comentarios:

Publicar un comentario