lunes, 31 de diciembre de 2018

Search Me ! Agora Van a por Campazzo.

Pois nada o último post do ano vai ir adicado aos haters do "Campachu" e a un servidor tan crítico do Lolaso en xeral, o 2018 foi grandioso para o Lolaso e terrible para os seus haters, aquí vive un que sen criticalo non pode vivir. Feliz 2019 !!!

lunes, 24 de diciembre de 2018

Apuntes de Noiteboa !

Unha vez cumprido o expediente do Mundialito gustaríame deixar uns apuntiños para que non vos confundades , que o torneo é o que é :

miércoles, 12 de diciembre de 2018

Search Me ! Cska again.

Non sei quen pensaba que con Solari ían trocar cousas, se temos o que temos , se sufrimos co colista da Liga, e o Cska nos gaña os dous partidos, solo fixo un punto máis en toda a Champions indica o que somos. Que me explique Solari que fixo poñendo a "Tibú" , Bale e Karim hoxe se son seus titulares. E o de Bale deambulando polo campo con Isco, esperpéntico, de Marcelo non falemos polo seu perfil chegou todo, ollo que Vinicius axudaba pouco ou menos. Llorente faltal hoxe tamén.

domingo, 25 de noviembre de 2018

Indiferencia.


Pois non sabemos igual había madridistas que despois dos catro triunfos seguidos de Solari pensaban que era  a solución é que xa estaba todo arranxado. Nada máis lonxe da realidade os problemas son máis gordos e teñen difícil solución.

sábado, 24 de noviembre de 2018

Search Me ! A primeira Solari.

Non sei si había xente que pensaba que chimpando a Lptgui, que había que facelo xa se lle fora todo, e poñendo a Solari se ían solucionar os problemas, en fin igual había ilusos. Posiblemente chimpando a uns cuantos si, pero como non é posible toca mamar, a temporada vai ser moi longa, e a semana máis con Roma e Valencia no horizonte.

jueves, 22 de noviembre de 2018

domingo, 4 de noviembre de 2018

lunes, 29 de octubre de 2018

Fin de ciclo e agora que?

Pois nada pasou o que parecía que ía pasar, goleada e sen Messi, non era difícil de predicir de feito xa se escribiu por aquí o mércores como premonición o problema é que vamos a facer agora, quen agarra este barco a deriva. Sinceramente por estes lares non teño nin idea do adestrador que ten elexido o club, nin se hai algunha idea provisional para pensar en algo en Xuño.

miércoles, 24 de octubre de 2018

Defuntos.

Achéganse tan sinaladas datas e o Real Madrid, deambula polas competicións simulando un grupo de defuntos, a Santa Compaña poderíamos dicir, tendo coma comandante o máis grande dos defuntos a JLo e coma capitán outro que tal baila. O domingo e grazas a deus que non está Messi iso vai ser unha sangría, tal peli de medo das que so aparece sangue por todolos lados a ver quen sae a falar despois do partido ca cabeza de Julen aínda quentiña.

martes, 23 de octubre de 2018

Search Me ! Winter is coming J.Lo.

Julen está sentenciado, entre mércores e luns caerá, non é o principal culpable pero si ten culpa de pleagarse as vacas sagradas do vestiario en vez de tirar dos máis en forma e xa se ve do que lle valeu. Agora deixamos as opinións dos tuister stars :

sábado, 20 de octubre de 2018

miércoles, 17 de octubre de 2018

Outros falan da Euroleague.

Vamos sacar un triple de artigos falando da Euroleague deste ano  a competición preferida dun servidor . Ata que podamos atacar o Lolaso quizais hoxe despois do partido de Milán, o Lolaso necesita unha crise e as miñas críticas se quere chegar a bo porto, ata eso deixamos estes entrantes.

lunes, 8 de octubre de 2018

Cando o río sona.

Pois nada cada vez sona máis que JLo está o caer, posiblemente teña a graza ata o partido do Campo Novo e despois se hai debacle pois irase a rúa, algo que deixamos caer no search post-partido o sábado.

sábado, 6 de octubre de 2018

Search Me ! Mendizorroza fin de camiño.

Tiraremos dos tuister stars coma moitas outras veces pola falla de tempo pero creo que podemos dar a JLo por sentenciado, a falla de peso co plantel está sendo a súa morte. O cambio de Marcelo en Girona foi o principio do fin ao non saber superalo e mostrar quen mandaba, deixou claro que mandan os xogadores. Guti era o meu novo , Benítez-Zizou pero con el lonxe e sen carisma estamos mortos. Por certo Levante e Barça próximos rivais, en Outubro podemos estar out xa, superando a tempada pasada.

miércoles, 3 de octubre de 2018

Ruleta rusa.

Pois nada tocou outro erro , desta vez tremendo en Moscú, e agora todos a chorar a Cristiano. Non vai a ser un servidor o que o chore xa que fai anos que digo que tiñamos que vendelo pero o que queda claro e que non fomos quen de comprar. Algo que xa facía falla con el para arriba e sin el xa non che digo. De feito como sabedes por aquí chimpabamos a BBC ao completo e traíamos outros. Benzema porque está acabado, e Bale polas lesións e a vista está a saltar.

martes, 2 de octubre de 2018

sábado, 29 de septiembre de 2018

Search Me ! Eu non sei nada #175

" El Bernabéu es silencioso como el fondo del mar, y como el fondo del mar, está lleno de buques desguazados. " La Biblia Blanca.

jueves, 27 de septiembre de 2018

Sospeitosos habituais.

Pois nada non sei cantas veces vin xa este partido, algo que se leva repetindo endémicamente dende que rematou o ciclo triunfal el Liga da Quinta do Buitre. Quen poñe partidos entre semana, quen os poñe despois duns premios, quen os poñe a esas horas, despois de paróns de seles, quen vai gañar así Ligas, dende a Séptima levamos así. En vez de aproveitar o pinchazo do Barça van eles e salen a facer o ridículo, cantas veces xa, cada vez que pasou ao contrario estes anos non desaproveitaron. Pero bueno chega un batiburrillo de ideas.

jueves, 20 de septiembre de 2018

Search Me ! Eu non sei nada #173

"Ser competitivo non significa solo xogar con INTENSIDADE e con GARRA . Tamén implica LEER correctamente a competición para poder DAR o que necesita..

viernes, 14 de septiembre de 2018

Search Me ! Eu non sei nada #172

" Non cambio o que provocou Mourinho no espírito do club por títulos. Era un club morto ao que se lle viña encima un dos mellores equipos de tódolos tempos. Mourinho fixo que

miércoles, 12 de septiembre de 2018

Pensa mal e .... pandullaso.

Pois hoxe toca unha de pandullasos para a xentiña que andan líando , de todo un pouco e para todos en xeral ao tolo, para sacar temas de actualidade de diante. Sigue pendente falar do plantel do Madrid.

domingo, 19 de agosto de 2018

Search Me ! Eu non sei nada #170

"Escribes para rehacer a tu modo las historias que hay en tu vida. Escribes porque tu mente es una confusión de ruidos y abres una senda en ella para orientarte acerca de ti mismo [.

sábado, 18 de agosto de 2018

Search Me ! Arranca a Liga e xente nerviosa.

Pois xa arrancou a Liga e o Madrid segue sen fichar, a día de hoxe somos o terceiro plantel da Liga e lonxe de Barça e Atleti pero esperarei o fin de mercado para falar do tema. E a flipada o presi de solo soñar con Neymar, si o brasileiro non o merece, anda o que anda e deixarao tirada unha e outra vez . Por certo xa sabemos como acabou o Zidanes e Pavones, co presi dimitindo vamos camiño deso se non toma medidas, ven fáciles, central e dianteiro,  agora deixo cos tuister stars :

jueves, 16 de agosto de 2018

Search Me ! Supercup Tallin.

Decíao antes da final e sigo dicindo despois o Real Madrid necesita un dianteiro e un central/lateral esquerdo e si Lopetegui non confía en Llorente ou Valverde pois quizais tamén un medio defensivo xa que cando se caeu Casemiro todo foi un desbaraxuste, aínda que o físico non axudou.

lunes, 13 de agosto de 2018

Breves ideas tolas.

Vamos cunhas ideas tolas que nos rondan a cachola despois destes días tolos que levamos e coa Supercup as portas :

lunes, 30 de julio de 2018

Search Me : Preocupados.

Pois a xente está un pouquiño preocupada esta Summerania xa que o Madrid non ficha. Certamente debemos fichar xa que o ano pasado faltounos gol nas competicións locais, Liga e Copa nas que quedamos algo curtos en ataque. Hai que fichar  gol pero sen tolear. Se o ano pasado nos faltaba un killer este ano máis evidente ca marcha de Cristiano.

lunes, 16 de julio de 2018

Summerania 18.

Como xa apuntábamos fai unha semana por estes lares a saída do xogador máis importante da historia recente  do Real Madrid troca toda a situación do verán e dos fichaxes esta tempada. A pesares de que un servidor nunca foi moi de Cristiano negar o evidente sería mentir, chega unha nova Era, difícil por certo vendo como está o mercado, pero tiña que chegar, de feito penso que chega un ano tarde.

jueves, 12 de julio de 2018

Search Me ! Ciao Cristiano.

Para que me pai se cansara del despois das declaracións na Final de Champions xa se pode creer. Agora recordo as súas palabras cando se foi Redondo e viñeron Makelele e Flavio, ganarán ligas pero non Champions, si por Flavio fora....Tamén recordo o seu debut co 9 no Bernabéu fronte ao Depor. Despois da marcha de Cristiano as redes ferveron, alá vamos cos tuister stars :

lunes, 9 de julio de 2018

Intro :Summerania 18.

O plan do verán para o Real Madrid neste 2018 é moi 2017 pero con innumerables problemas máis ca o verán pasado por como está o mercado. Deixaremos o escrito no 2017 e unhas pinceladas como intro para un artigo maior con máis tempo e vendo como evoluciona todo.

jueves, 5 de julio de 2018

Search Me ! Eu non sei nada #168

"El deporte me ha enseñado que en muchos momentos, a pesar del sacrificio y de la superación, la vida no te proporciona todo en el tiempo y de la manera que nosotros queremos.

lunes, 2 de julio de 2018

Fracaso Mundial.


Deixade de buscar culpables  que dende o día un xa estaba decidido de quen era a culpa do fracaso deste Mundial, e non era outro o culpable que o Real Madrid, personificados en Flo e Lope, nin máis nin menos.

martes, 26 de junio de 2018

A cuarta liga do Lolaso.

Non podo deixar de ser hater do Lolaso senón os títulos non chegan. Despois da derrota no primeiro partido pensei que Peter Mtz , o cal por certo vin non fai tanto pola city, lle ía mollar a orella por segunda vez consecutiva. Por sorte non pasou e o Lolaso mollouma a min, gracias a deus.

lunes, 18 de junio de 2018

II Guerras Mourinhistas.


A semana pasada lin en tuister esta definición sobre ao que se enfrontaba agora o Real Madrid e non me puido parecer máis correcta, encántame de feito. Creo que fai tempo que levamos nesa tesitura pero co tema do fichaxe de Lopetegui saltou a palestra. Debemos de estar preparados dende xa para esta nova guerra cos medios.

miércoles, 13 de junio de 2018

Search Me ! Lptgui.

Pois nada unha semana que parecía tranquila e con comezo de Mundial tornou onte en sorpresiva co anuncio de Lopetegui. Un xa estaba preparando un search sobre o tema e vai o pelao e tumba a Julen e todo saltou polos aires. Os periolistos que non lles gusta que o Madrid faga as cousas sin que se enteren. Vaia presión dende onte.

Search Me ! Eu non sei nada #166

Cando hormonado ou outro di "dende Madrid " , a que se refire con "dende Madrid ? Ao Goberno, a prensa, ao Real Madrid, a Flo, a Felipe VI, Cifuentes, Carmena, aos cidadáns da cidade, ao madroño, ao oso ?

domingo, 3 de junio de 2018

Aurevoir Zizou & Search !

Con Zidane pasábame coma co Lolaso, sempre crítico cas súas decisións pero sabedor que era un adestrador propio para o club. A pesares diso creo que esta última tempada non lle sacou todo o proveito que puido ao plantel, pero a min plin, nin tres tempadas estivo e cascous 3 Champions, que máis pedir.

lunes, 28 de mayo de 2018

martes, 22 de mayo de 2018

I feel devotion, X .

De todos os que siguen este blog é sabido a relación de máis odio que amor que temos co Lolaso, pero que tamén iso é parte do cariño ao Lolaso, o hatea que algo queda. Pero é que o Lolaso devolveunos ao Olimpo do basket europeo, con 2 Euroligas, outras 2 finais perdidas de forma dorosa e unha F4 máis nos seus 7 anos, impensable cando chegou. E nas dúas Euroligas tivo que superar a Obradovic o rei dos reis en Europa. Algo aprendemos de London e Milano, aquelas si que doeran.

viernes, 18 de mayo de 2018

Search Me ! Eu non sei nada #163

“We lose finals because we play them. Others instead decide to be eliminated at round of 16. They are choices. But there are moments in which you need to apologize. Respect is a must in life; and you pay the consequences if you don’t have it” Chiellini in response to Insigne.

lunes, 7 de mayo de 2018

Pachanga.

O de onte non era máis ca unha pachanga na que ningún dos dous equipos se xogaba un pouco máis ca o orgullo. Pero o que quedou claro é a importancia da Shempions, cun Barça que pegou máis ca nunca , buscarían lesionar xogadores ? E un partido no que o Madrid foi moito mellor na primeira metade. E foi peor na segunda despois da lesión de Cristiano e contra dez. Aínda que na segunda vaia  2 tangadas.  O árbitro un desastre , un servidor que agora anda lonxe do fogar e ten que buscarse a vida vendo o partido, tivo que velo cuns comentaristas do outro lado dos mares, que o dixeron ben claro aos 14 segundos foiselle o partido, entradón de Iván como lle chamaban eles, xogada moi similar a de Bale da que tanto falan outros. E que tapan tanto os medios pro-independence.

miércoles, 2 de mayo de 2018

Search Me! Outra final con sufrimento.

O Real Madrid chegou a outra final de Shempions quen o diría fai uns anos, tres seguidas, pero creo que foi o partido de Europa máis sufrido da Era Zizou. Agora toca ler aos tuister stars hoxe poucos que hai que intentar ver a outra semi :

miércoles, 25 de abril de 2018

Search Me ! Munchen.

O día foi bo de resultados para o Real Madrid , pero o partido de fútbol foi lamentable, o de basket malo e o do Castilla na súa liña. As tardes libres dan para sufrir moito.

Tocan os "tuister stars " :

lunes, 16 de abril de 2018

Search Me ! Contra todos !

Pois o penal de Lucas destapou tódalas caretas e fainos seguir cos nosos fíos. Non fan falta nin másters invisibles , nin laciños independentes . O penalti claro de Lucas , un acerto arbitral, recordanos cando laciños dixo, que o linea  acertara o fora de xogo de pequeno Peter na final de Cup que se levara na prórroga o Madrid de Mou, dando a entender que penaliza acertar a favor do Madrid. Xa que aquel fora de xogo era e o penal de Lucas tamén foi.

viernes, 13 de abril de 2018

Search Me ! Seguimos para bingo.

Pois aínda doe e moito o pase do Madrid , sobre todo entre a prensa e os antis, así que seguimos sacandolle punta cos tuister stars. Alá vai  :

jueves, 12 de abril de 2018

Search Me ! Dona Bilis.

Despois do partido de onte ca Juve e do penalti no último minuto , unido a inesperada eliminación do equipo do réxime e do equipo do amigo dos laciños pois saltou a bilis por todos os lados. Así que vamos tirar dos tuister stars. Alá vai :

domingo, 8 de abril de 2018

Search Me ! Pasillos.

Gañas a Supercopa de Europa o seguinte partido oficial é a Supercopa de España fronte ao Barça non che fan pasillo.

Gañas o Mundial de Clubs o seguinte partido oficial é en Liga fronte ao Barça non che fan pasillo.

E agora queren que llo fagas ti, unha cousa é o señorío outra ben distinta é que se rían de ti na cara, eu tampouco son quen de dormir polas noites con este tema vaia.

miércoles, 28 de marzo de 2018

Search Me ! Isco, Ceballos e todos os demais.

Onte antes do partido subimos o debate Isquista de Alistair pero claro despois do partido todo multiplicouse e moito, así que aquí deixamos un novo "tuister stars " . Pero bueno o entorno na selección para Isco é mellor, tamén está claro que levaba uns meses nun estado lamentable dando voltas sobre si mesmo, que lle el era titular e pasaronlle por encima Asensio e Lucas, culpa del tamén penso. Para min o seu sitio podería ser ao lado de Cristiano con total liberdade , o tema Ceballos é distinto creo que ZZ o utilizou pouco, dándolle descansos a Lukita ou Toni non o descartaría tanto , é certo que lle dixeron que esperara un ano máis e que no mediocampo temos overbooking. O sitiño hai que gañalo os que lle gustan a prensa e Benzema tamén así de claro.

Tamén un saudiño a Morata por salir do Madrid, que ata Iago Aspas lle comeu e moito a tostada. En cambio Isco, Asensio e Lucas na sele a pesar de non ser indiscutibles no Madrid, pois eso que lle dea as gracias aos seus palmeros. Pero non perdamos a perspectiva , os amistosos, amistosos son.   Vamos logo :

martes, 27 de marzo de 2018

Search Me ! Debate Isquista de Alistair.

Nos próximos meses vai ser difícil escribir polo tanto vamos tirar moito de search. Hoxe tiro de frases de Alistair Hisoka sobre Isco, interesante coma sempre. Alá van :

jueves, 22 de marzo de 2018

Search Me ! Pais e basket.

Reproduzco unha rolda de prensa de Frank Martin o Head Coach de South Carolina Basketball, traducidas e reproducidas en "tuiester"  por Marc_Castillo , sobre basket e pais pero poderíamolo traspasar a calquer deporte por aquí, o video é moito mellor :

miércoles, 21 de marzo de 2018

Search Me ! Rugby.

Nunca vin a tanta xente falar de rugby en España, nunca vira xogadores de rugby correr detrás dun árbitro, e claro como protagonista España, curiosos os "tuits". Alá van :

martes, 13 de marzo de 2018

Search Me ! Uns artigos.

Hoxe vou compartir uns  grandes artigos sobre o Real Madrid , un sobre ZZ e outro sobre Karim, outro interesante con outra vertente ,  de uns  grandes de tuister, un incluso non é madridista e o outro moi crítico, o que os fai aínda máis interesantes. Totalmente recomendables. Alá van :

viernes, 9 de marzo de 2018

Search Me ! 10 Estrategias de manipulación mediática.

Son de Noam Chomsky e atopeinas by Ana Visconti , pódense aplicar a política, a vida en xeral  ou o deporte pola Orga & Friends  e a súa prensa de pleitisía  que son uns cracks aplicando boa parte  desto. Viuse ben a semana pasada despois de 2 anos sen un penal en contra en Liga, pítanlle un e parecía o fin do mundo. Tanto temos os galegos que aprender deles, a xentiña de alí arriba como dicía "Eau ". Ou como con Marcelo,Kroos e Modric entre algodóns solo se falou da baixa de Neymar, o preocupada que está a prensa patria polas baixas do PSG, sabemos de que perna coxeadas, seguidores dos colchóns.

miércoles, 7 de marzo de 2018

Search Me ! Parque dos Príncipes.

Como fixera un ano antes en San Paolo, e moitas outras veces este ano  tiramos dos "tuiester stars" para o partido de onte, recordando que non nos veñamos arriba que solo estamos en cuartos de Champions despois de tirar con Liga e Copa. Haberá que velos fronte ao potencial táctico-técnico do City ou Barça.

lunes, 5 de marzo de 2018

Search Me ! Javicrossman , dilema ZZ .

Recopilo  as palabras de @Javicrossman sobre o dilema ZZ moi interesantes, creo que así estamos un pouco todos  :

sábado, 3 de marzo de 2018

miércoles, 28 de febrero de 2018

Search Me ! A vida sigue igual.

O madridismo volve a estar moi cabreado, normal por outra banda , despois do esperpento de partido de onte. Dende a alineación que non tiña senso, os cambios, a actitude..... Sempre igual! Alá vamos cos nosos tuister stars, xa ata os máis fieis están resignados :

miércoles, 21 de febrero de 2018

Search Me ! Eu non sei nada #156

" Estamos muy mal si creemos que el futbolista debe someterse a unas instrucciones, obviando que la principal cualidad que debe poseer es

martes, 20 de febrero de 2018

Search Me ! M. Jabois.

Despois das declaracións de Xavi e a súa enésima visión de como debe ser o fútbol, contestou un crack coma Jabois., para min o galego é un crack que se lle vai facer,   e claro polémica ao canto servida polos seus colegas de profesión. Según eles Xavi si pode opinar, Jabois e outros futbolistas que non lles molan non. Pero moita xente opina sen coñecer realmente como escribe Jabois fixándose solo no que lles interesa  Deixamos aquí o artigo e moitos outros:

lunes, 19 de febrero de 2018

Search Me ! Copazo, Lolaso, Pesicaso, camaso, estacaso !

Pois non puiden ver a Copa de basket, cousas da vida e de que en Acb non teñamos un league pass coma na Euroliga ou en Nba, quizais a un dos grandes patrocinadores da liga e o que ten o dereitos de tv non lles conveña, quizais esa é a razón. Vamos alá cos tuister star, os que ven basket a menudo non solo días coma onte :

jueves, 15 de febrero de 2018

Pois de momento "Alive".

Onte era o primeiro partido de vida ou morte e de momento seguimos vivos, un servidor aínda non o cree moito aínda que  sacamos un moi bo resultado para volta pero para nada definitivo, queda moito que remar. Tan solo hai que recordar o ano pasado en Nápoles  a onde fomos co mesmo resultado que nos vimos fora ou co Atleti cun 3-0 que en nada se nos puxeron 2-0, hai demasiados factores que o trocan todo nun segundo. De feito tal como vía o partido no tempo de lecer firmaba o 1-1 e no minuto 80 parecíame incrible seguir con ese resultado para que vexan. Sinceramente teño a sensación de que realmente tivemos moita sorte onte, do cal me alegro, leva toda a tempada escapando de nos. E xa vin caer o Madrid en París que xa teño uns anos.

miércoles, 14 de febrero de 2018

Dead or Alive.

Pois chegou o día, chegou a romería. A mala xestión de Zidane estes meses, o pasotismo do plantel e os erros de configuración da mesma lévanos a que hoxe a estas alturas de febreiro o Real Madrid se atope ante a súa última táboa de salvación, ver para creer meses atrás. Loitar por entrar en Champions dende xa pode ser moi duro para todos, bo para a prensa eso si.

viernes, 9 de febrero de 2018

Mercato.

A crise do Madrid venlle perfecta a dous mundos, a prensa e o Barça que incluso a veces parecen o mesmo.

jueves, 8 de febrero de 2018

OT : Operación Triunfo.

Eu xa o sabía, eu xa o dixen e así continuamente. Xa que todos sabemos de fútbol, todos , absolutamente todos sabíamos que o Real Madrid despois das Supercopas  que se cascou fronte a United e Barça , servidor incluído, que íamos facer tan deshonrosa tempada. A posteriorí é moi fácil colgarse medallas. Pero non é así poucos ou ningún pensaría tal descalabro, un servidor tampouco. Un win-win de manual, sempre temos a Operación Triunfo nas nosas mans, sempre acertamos, o malo é que nas quinielas e nas apostas non damos unha, tan bos non seremos.

martes, 6 de febrero de 2018

Search Me ! Chuflas.

Hoxe vamos cos "tuister stars" sobre o señor Chuflas, hoxe non poñemos o "propietario " do tuister :

Search Me ! Eu non sei nada #152

“Yo odio el tiki-taka. Lo odio. El tiki-taka es pasar el balón por pasar, sin ninguna intención. Y esto no sirve para nada. No os creáis lo que dicen: ¡El Barça no tenía nada de tiki-taka! ¡Eso es un invento! ¡No hagáis caso! En todos los deportes de equipo el secreto es cargar mucho un costado para

domingo, 4 de febrero de 2018

Search Me ! Destapando miserias.

Despois do último tropezo fronte ao Levante a xente xa empeza a estar ata as mesmisimas de que nada cambie. Sinceramente un servidor ve todo bastante fastidiado. Tanto o presente coma os fichaxes futuros. Ou pagamos cláusulas ou vexo moi difícil fichar como está o mercado. Porteiro, un ou dous defensas e dianteiro as necesidades penso.  Alá vamos cos "tuister stars":

lunes, 29 de enero de 2018

Search Me ! Datos , datiños, curiosidades.....

Non todo vai ser atizar a Zizou hoxe vamos a sacar datos, datiños e curiosidades que aparecen por tuister. Por certo a Zizou tocáralle máis, o partido do Valencia o equipo tivo bastantes lagoas coma sempre.

jueves, 25 de enero de 2018

Search Me! Pepinos.

Non foi por non avisalo de feito díxeno ao coñecer a convocatoria, estaba claro que Zidane tiña que ter ademais de Modric a Bale no banco , os dous únicos xogadores capaces de cambiar partidos a día de hoxe no Real Madrid. De Zizou case non vale a pena falar máis, avisei tamén que debía mesturar equipos pero tampouco. Apegouse demasiado aos xogadores e agora creo que xa é tarde. Sinceramente e polo aprecio que lle teño a Zizou doeme dicir esto pero debería deixar o posto. Perdeuse o rumbo totalmente. De feito non está despedido por sen quen é e polo ano pasado.

miércoles, 24 de enero de 2018

martes, 23 de enero de 2018

Search Me ! CR o tfno e máis.

Pois hoxe no Search investigamos sobre CR e o tfno, Kepa e todo o que lle pareza aos "tuiester stars". Mira que un servidor non é dos pro-CR pero xa lle pegan por todo. Alá vamos :

lunes, 15 de enero de 2018

La zizanie.

La zizanie significa a discordia en francés que mellor xogo de palabras para falar de Zidane no día de hoxe. Vou  volver utilizar outra frase que me encanta de Jabois : " a derrota está mellor escrita que a vitoria, e a literatura solo é arte cando o final non é feliz, os finales felices son a precuela de algo que o autor nos aforrou ler. " , así nos sentimos os madridistas agora infelices , agardando a chegada do desastre final e cunha discordia interna, de quen é o culpable, Zizou, xogadores, Flo, a prensa....................

viernes, 12 de enero de 2018

Search Me ! Ruido.

Segue o ruido na volta de Zidane e témome que xa non rematará. Toca outra rolda de "tuiester stars" esperando o próximo artigo se o tempo me permite falar de Zizou. Hoxe sen especificar que vai o rápido.

miércoles, 10 de enero de 2018

Search Me! Eu non sei nada #149

" En general encuentro que a los entrenadores nos gusta mucho la táctica. La táctica sin técnica individual no sirve para nada. Tenéis que aprender a disfrutar de los detalles de técnica individual de los partidos." Aíto

martes, 9 de enero de 2018

Search Me ! RdP by Zizou 9 X.

Estamos rumiando un artigo sobre Zidane aínda que sobre el xa dixemos bastante e non estamos lexitimados para demasiadas cousas. As pautas están marcadas dende o verán sobre este e outros temas. Xa falamos cando foi o pulso de Cr o que opinamos do tema , xa nos mollamos no tema Mbappé e o que nos parecía, da pouca importancia que lle damos as Copas da Ghalleta e o seu gafe, do que opinamos da confección do plantel e as carencias,  e do que se debía facer tralo batacazo no Clásico, así que pouco marxe e para pouco máis estamos lexitimados a falar, si se da no seu día falaremos, de si necesitamos fichaxes agora ou non ................

Agora quedamos coas opinións da xente da rolda de prensa de hoxe. Ante a prensa dixo o que ten que dicir a cuestión é actuar dentro do vestiario ou si será capaz de facelo. Hai opinións de todo tipo pero se non actúa vaise a tumba cos xogadores.

lunes, 8 de enero de 2018

Search Me ! Crise.

Nestes momentos deberíamos estar falando de  porque non saiu ningún obispo a falar do fichaxe de Coutinho, de porque non saiu o Chuflas a decir non sei que de que eles non fichan xogadores de 160 kilos que eles son canteira, de porque non dimiten  Roberto e Soler despois do que dixeron o 2 de setembro, de porque non fala  agora o tuister do Barça coma no 2009 de comparacións de canteiras e de máis e máis faladuría barata que tivemos que aguantar estes anos. Como eses cartos non os gasta o Real Madrid nin Flo non vende, non vale para facer política, nin periodismo aos pseudomadridistas de sempre . Aquelos tempos cando vivían para darnos leccións, cantas puxeron pola boca, espero que agora as recoñezan. Cantos trolls tivemos que aguantar.

viernes, 5 de enero de 2018

Search Me ! Eu non sei nada. Lukita Doncic.

Estes días estanlle caendo a Don Lukita Doncic ( o xa "centenario" con 18 anos ) así que tiro de tuister para defendelo. Mira que poñerse con Lukita dicindo as barbaridades que din os incultos. O nome real é antimadridismo , o igual que o dos comentaristas en fútbol ou basket. Ser antimadridista vende é unha realidade e hai moito antimadridista na prensa por moito que digan.

Por certo hoxe vin a cachos o Pana-Efes, Barça-Cska, Uni-Vale , e ollo o Barça que Sito arriscou antes de morrer e parece que os secundarios lle están salvando a cachola.

Por certo 2 : O Maccabi chegou a Madrid antes que o propio Madrid, manda truco.

jueves, 4 de enero de 2018

490 partidos hateando a Lolaso.

Onte Pablo Laso igualou a lenda branca Pedro Ferrándiz con 490 partidos no banco do Real Madrid e mañán fronte o Maccabi T.A. superarao, e neses 490 partidos un servidor sempre coma un Pepito Grillo criticándolle case todo. Por iso hoxe é o día de recordar os mellores momentos de hateo, moi ligado o Lolaso ao blog.

miércoles, 3 de enero de 2018