martes, 26 de diciembre de 2017

Crítica ou alabanza ?

Como xa indiquei o domingo non puiden ver o Clásico, como non podo ver a maioría dos partidos que o Real Madrid xoga os sábado, por esa razón tirei coma moitas veces esta tempada da opinión dos "tuister stars".  Dende o sábado levo escoitando e lendo todo tipo de cousas, dende o ensañamento típico dos periolistos madridistas disfrazados, outros con crítica, os que menos crítica constructiva e tamén hai os de alabanza desmesurada , " con lo que nos han dado  " , esa mítica frase. Un servidor vai tentar tirar pola crítica constructiva aínda que de todos os que pasan por aquí habitualmente un pouco hater si que sou. Solo unhas letras tampouco moitas xa que da construcción do plantel xa se falou por estas terras tempo atrás.

Como di @atooca : " Nadie es más madridista por criticar más al equipo y nadie lo es por defenderlo más. Cada cual que viva el madridismo a su manera. Pero como en todo en la vida, los extremos son malos. Feliz navidad a todos y HALA MADRID!! "

Como aquí non pagan por ir a tertulias a criticar todo o que faga o Madrid ou a defender sin xeito. Xa que un quere o Madrid, pero eso non significa deixar colar todo, creo que ambas cousas son compatibles.

Como ben dixen non vin o Clásico, de feito o último partido que lle vin o Real Madrid foi a semi do Mundialito e xa me chegou a dentro, vaia tormento , polo tanto tampouco vin a final fronte o Gremio.

Podo dicir que Zidane é o adestrador perfecto para o Madrid a día de hoxe, non quere dicir que sexa o mellor adestrador do mundo pero tampouco tan malo como din os outros, e mira que un servidor dalle bastantes paus. Todos temos exemplos de adestradores que funcionan bastante ben nun club e noutros son un desastre. Eso é compatible con dicir que penso que se equivoca, que se equivoca con Benzema, nunca fun hater de Karim tampouco pero está lamentable, Casillas matou a Carlo que Karim non faga o mesmo con Zizou.

Caéronlle moitos paus por elixir a Kovacic, para min o principal pau debería ser que os partidos que lle vin estaba moi lonxe do seu mellor momento de forma, esa é a miña principal crítica por poñelo. Como vin a Isco tamén bastante mal, en plan facer toquitos e taconazos sen xeito. Pero porque se cae Isco solo, Marcelo ou Benzema non están fatal tamén. Eso é o que lle imputo a Zidane esta tempada, a falta de meritocracia para certos xogadores. Parece que solo Lucas pode chegar a base de traballo e iso a larga e malo para o desenrolo da tempada. Co partido pasado quizais un Asensio, Isco, Cristiano arriba ? pero agora é moi fácil falar.

É innegable que 2017 foi o mellor ano da historia do Madrid con cinco títulos. Tamén é innegable que a 2016/17 foi a mellor tempada en títulos que un servidor lle vio o Madrid, non debemos esquencelo e foi grazas a Zizou. Tamén é innegable que o Madrid ten que aspirar a todo, intentar ganalo todo, neste punto radica o éxito do Madrid a veces a destrucción tamén. Nun nivel de esixencia tremendo por gañalo todo, sinto pero así o penso. Evidentemente sempre non poderá gañar, pero si se poden facer as cousas "lóxicas" para intentar chegar a ese éxito. E parece que non se fan. Se nos contentamos solo co pasado en vez de branco deberíamos pasarnos a unha camisola con raias. Non vamos ser nos os que esteamos contencos coma outros, por 2 fotos do hormonas no Bernabéu e outro no Campo Novo tras remontada inútil o fin e o cabo  en plan que humilde son e tal, unha das do noso campo queda moi ben na mesita pero nas vitrinas non valeu para nada.

Non traer dianteiro, Mbappé era o culmen penso,  ou quedar con Mariano este verán por exemplo, por exemplo o sábado dos fichaxes ningún xogou o sábado nin entrou dende o banquillo, algo se está a facer mal, non ? Pode ser que non fora partido para eles, pero a súa utilización está sendo paupérrima e creo que todos eles merecen máis oportunidades das que teñen.

Non digo poñelos todos xuntos, pero si mesturar dous ou tres de vez en cando non estaría mal.

Tratouse de cambiar cousas na plantilla dende a vitoria, que é o que se debe facer pero non se tocou algo fundamental que foi a dianteira e parece que Zidane se quedou curto cas rotacións e a meritocracia. Con estes xogadores que son incapaces de gañar dúas ligas seguidas igual máis importante rotar aínda. O que máis me fastidía é perder a liga cun Barça bastante ramplón, ademais regalarlle a liga dalle máis opcións no resto de competicións xa que poderá descansar xente.

Espero que Zidane tamén o faga, que mesture os seus "titulares" cos rapaces en Liga e Copa, xa que a Copa é o que lle queda, unha competición pola que debe loitar agora. Ademais son dos que pensa que se non somos competitivos en Copa e Liga non vamos ter nada que facer en Champions, o equipo non pode enchufarse e desenchufarse según a competición. E si os suplentes non ven opcións de poder comerlle a tostada os titulares tampouco, a fame de todos fíxonos grandes a tempada pasada, non volvamos a erros de non tan lonxe.

Tamén teño a sensación que non andamos tan ben de pasta como parece e por iso non facemos fichaxes galácticos xa, pero bueno a min non me disgusta o de fichar xóvenes o que si me disgusta e non darlle oportunidades. Tampouco renovaría a CR de feito a día de hoxe chimpaba a BBC enteira , cada un por diferentes razóns, hateo un, lesións outro e nivel o último.

Pero bueno dende aquí é moi fácil decir as cousas dende dentro a suplencia de Isco, os minutos de Karim, que non aparece Ceballos teñen a súa explicación aínda que un non a entende moito, sobre todo se penso en moitos tempos pasados nas que o pasamos moi, moi mal.

Un último inciso, sempre que temos o Barça na lona non lle damos a puntiña, en cambio eles se poden fan sangue, eso é algo que non entendo destes xogadores, nunca o entenderei.

En conclusión , creo que a posición actual en liga débese a que non temos un xogo solvente,e  a que moitos "titulares" están a un nivel lamentable . O técnico debe solucionalo pero non vou chimpar a Zidane así de claro, que lle poña pelotas e listo, solo lle pido eso.

Os resultados que o cambian todo no deporte, ser hateador profesional é o que ten, pero dende o cariño o Real Madrid non coma os periolistos que o fan por destruir o Real Madrid, críticas moi distintas.

Gran tempada 2016/17 e ano 2017 pero o que importa é o presente, eso que llo expliquen aos capis Marcelo e Ramos que vaia declaracións post-clásico.

P.d. : Un servidor non chora a saída de Morata, James, Pepe ou Danilo a de Mariano si e as poucas oportunidades os chavales tamén. Queda dito.

P.d.2 : Agora o dos valors, canteira  e o "bo fútbol" xa non vende, agora véndelles máis falar de política,  que tan igualiños somos todos e o tempo da e quita razóns.

Bo Nadal e Hala Madrid !

Anteriormente :

Varas..........

Copas da Ghalleta....

Bilis............

Reflexións da XII.

Que pouco sei de fútbol. Neste teño un bo compendio de cagadas.

Anteriormente en search :

Clásico de Nadal.

Tormento no deserto.

BallonD´or.

Servidor.

Girona.


No hay comentarios:

Publicar un comentario