martes, 24 de octubre de 2017

Search Me ! Un servidor !

No día de hoxe tocan unhas divagacións dun servidor  en modo  tuister......


Punto 1 :

Xa anda a xentiña que si The Best para Cristiano que debería ser para Lionel, que si o Balón de Ouro , que si Iniesta non debería estar no once ideal, que si Pep é mellor adestrador que Zizou  ....., como madridista e como sempre digo un servidor o que quere é títulos. Liga, Copa de Europa, Mundialito, Supercopas..... eso é o realmente importante os títulos colectivos o resto ten unha importancia relativa. Eu sei que o Real Madrid leva 3 Champions das últimas 4 con Cristiano , do que non son moi fan, e co denostado Karim de dianteiros. O super Barça con Messi, Ney e Suárez leva 1 de 6. En cambio non sei nin me importa quen levou os últimos The Best, BdO e premios da galleta. Eses para quen queira contalos.

Por certo si Cristiano non marca con Portugal e Messi o fai xenial con Arxentina importame bastante pouco tamén. Preocúpame cando non o fai co Madrid e Messi o fai co Barça.

Punto 2 :

Creo que o partido do Madrid o domingo en Girona vai ser utilizado de maneira política e creo tamén que se vai montar. Témome unha encerrona.  Mesturar política e deporte é un gran erro. Non tivo moito sentido que se enchera o Bernabéu certo día de bandeiras pero os siareiros poden con educación e dentro da legalidade  facer o que queiran, pero o que non me gustou foi que certo partido o utilizara políticamente.

É como certo periodista o que paga certo magnate televisivo que sempre lle fai o "filosofer" unha pregunta sobre o tema nese país pequeniño, todo tan estudiado e pactado que da noxo. Ese mesmo magnate que é o que produce RMTv e despois nos da polo cuiño nas súas retrasmisións, aínda non comprendo o tema. Ou moitos dos que están a cobrar de RMTv que nos seus medios son anti, non me cabe na cabeza.

O dito mesturar política e deporte sempre mal negocio, total o tema a quen lle vai ben é os de sempre e a quen lle vai mal é tamén os de sempre , o pobo. Aínda que moitos antes de falar deberían informarse un pouco máis, un pouco de historia e falar as cousas con tranquilidade arranxaría moitas cousas pero non interesa. Aqueles lodos traen estos barros e os galegos sempre puteados sería o resumo.

Punto 3 :

A pouca repercusión e tempo que se lle da o basket en RMTv, algo que se debería mellorar e moito.

Punto 4 :

O baixón de presuposto no basket a ver a quen traen por Kuzmic, témome o peor. Un Real Madrid de basket polo que non daba un peso e que está a funcionar moi pero que moi ben. Pero bueno en fútbol tampouco se gastou moito que digamos.

Punto 5 :

Non sei que problema hai cun porteiro por Portugal e un tema de filtracións e tal. Non digo máis.

Punto 6 :

Non entendo todos os minutos que ten Lucas Vázquez estando como está e os poucos que ten Ceballos que sempre o fixo ben.


O último sobre o Real Madrid.

No hay comentarios:

Publicar un comentario