miércoles, 19 de abril de 2017

Detalles de V.A.R. !

Xa o dixen alá polo 13 de Marzo despois do caso Atrakín, e volvo a repetir no día de hoxe. Na Copa de Europa trátase de sobrevivir, fixo naquel día o Barça e fixo na noite de onte o Real Madrid. Agora pasaremos a desenvolver un pouco o partido e a eliminatoria co Bayern.


A Champions está chea de detalles, por iso é tan difícil gañala e por iso mesmo ninguén repetiu título, tranquilos non vai  a ser o Madrid o primeiro.

Antes de falar do V.A.R. e a polémica unhas lixeiras pinceladas.  Como en aquela mítica semifinal de Champions antes falarei do fútbol.

A ninguén que virá os partidos se lle pode escapar que o gran protagonista da mesma foi Neuer, por certo parece que forzou demasiado e se perde o que resta de tempada. Sublime o porteiro alemán, uns datos que o din todo,  o Real Madrid tirou 24 veces entre os 3 paus para seis goles, a o Bayern chegoulle con 6 tiros para facer 3 goles. A importancia da portería, foi esencial. O Real Madrid volve a xogar sen porteiro e iso fixo que o árbitro con nome de coche tivera relevancia. Tempo atrás isto vendíancho como que chegas moito e por iso se equivocan o teu favor. Por certo Keylor aterroriza ao equipo, o segundo gol é proba diso, ademais evitan pasarlla o que complica a saída de balón.

Porque aínda que moitos nos vendan o contrario o Madrid non ten pegada, queda moi bonito para vender  pero é así, cóstalle moito marcar e márcanlle a mínima, non vos enganedes. Sigue tendo que tomar decisións difíciles Zizou. Pero igual onte notouse máis do que parece Bale, e non sabemos tanto de fútbol como parece.

Outro factor importante foi Cristiano, un servidor non o pode ver, e toleou cando se chupou unha contra 2 para 1, Carvajal tamén fixo unha chupada sen xeito parecida, pero marcou 5 goles na eliminatoria, iso non llo podemos quitar. Sigo pensando que sen el o equipo sería mellor, pero de vez en cando pecha bocas como a miña.

E claro chegamos aos detalles e ao VAR, nos bares vai dar moito que falar tamén. Moita xente pasa por alto que o primeiro gran detalle arbitral sucedeu fai unha semana en Múnich. Un penalti inexistente que lle pitaron en contra o Madrid que puido cambiar todo isto. Estou seguro de que si Vidal anota o penalti caemos eliminados si ou si. Ninguén se acorda deso parece.

Solo se quedan cas axudas o Madrid, co roubazo e todo iso. O árbitro equivocouse a favor do Madrid, non o nego pero tamén o perxudicou. Diso pouco se fala, iso non vende. O día do P.S.G. na prensa solo se falaba de incrible, fazaña….. non había preguntas sobre o colexiado. Onte todo o contrario.

Non  solo foi o penalti a Carvajal  na ida , onte os catro minutos Vidal xogouse a vermella nun entradón a Isco, deixémolo en amarela logo. O que non se pode negar  é que despois lla perdonou noutro entradón a Casemiro o inicio da segunda metade, debeu ser expulsado 30 minutos antes. Casemiro fixo tal cúal Vidal, claramente perdoáronlle a expulsión, innegable, ningún dos dous debeu finalizar o partido, pero moito antes Vidal o que condiciona todo.
Ninguén fala tampouco dun super penalti sobre Ramos nun saque de esquina, pois señores houbo ese penalti.

O penalti de Casemiro a Robben para min é, hai imaxes nas que parece que toca antes o balón, pero para min é penal, dubidoso pero penal. Como me parece penal un de Boateng a Casemiro, pero claro interpretacións miñas. Un árbitro condicionado o roubo tiña fácil solución, non a aplicou.
Pero o máis sorprendente é que ninguén fale do fora de xogo previo no segundo gol do Bayern, os dous xogadores do Bayern están claramente adiantados antes do despropósito de xogada de Ramos e Nacho, pero case nin repeticións houbo. Sen ese gol non hai prórroga i elimina todo o posterior.

O segundo gol de Cristiano non ten discusión, fora de xogo claro, e o terceiro o meu entender posiblemente tamén.

Pero claro aquí solo se acordan das que beneficiaron o Real Madrid, non de todos os detalles.

Claramente é necesario a implantación do VAR para evitar erros de bulto coma os de onte, o problema é quen vai controlar o VAR, resulta curioso que nas realizacións feitas en España por un culé recoñecido, haia infinitas repeticións das xogadas polémicas que favorecen o Madrid e desaparezan as que o perxudiquen, non falemos das do Barça. Aínda se están buscando as do penal a Di Ma de Masche.

De Chuflas non falemos, onte máis de un compañeiro de profesión e non solo español se mofou del, xa o toman a risa. O rei do Trolls.

Tamén quedaron sinalados varios periolistos quese din “neutrales” que falaron de fazaña non fai tanto e compararon onte.

Por certo como decían algúns :  O Bild abre con” Maldito Ronaldo. Real Xigante.” , pois iso.
Que difícil é ver o lixo no ollo axeno, e tan difícil no teu, un servidor tamén  ollo, non me excluio.


Reflexión final, o Madrid mereceu pasar , pero  como digo sempre merecer non é pasar, o Bayern e Neuer fixéronnos sufrir  ata a extenuación, houbo vento a favor, pois penso que si, algo de vento a favor unha vez non ten mal ningún, levámolo sufrindo moito tempo o vento ía sempre para o mesmo lado, en contra. Pero houbo erros en ambos lados, ollo !

P.d. : Sigo esperando que sexan algo sinceros do día de Atrakín ou de Ovrebo, eses días foi épica.

Artículos anteriores :

Decisións difíciles para Zizou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario