Quedouse bo día para escribir como xa
prometemos onte no “caralibro” e alá
vamos para falar das razóns desta caída das últimas semanas. Semanas duras, e cando temos que estar máis unidos ca nunca
senón queremos que se vaia todo o “garethe”, o cal non quere dicir que hai moitas cousas que
mellorar.E por encima compran o lixo que nos vende o Chuflas.
Vou tirar unha pildoriña da que despois tamén
falarei. Pois si o Chuflas volveuno a conseguir, vendeu que roubamos e picaron
moitos. Que me explique a min este señor si a
Liga está feita para o Madrid, como lle poden anular 3 goles, pitar un
penalti en contra e expulsar a un home. Cando a eles nos últimos 65 partidos,
tan so lle pitaron un penalti en contra e lle expulsaron a un home en Liga, me
lo explique que non entendemos isto. Que me explique de paso como a eles lles
pitan un penalti dubidoso no minuto 90 fronte o Lega que cambiou a Liga, porque
ese penalti cambiou totalmente a Liga, si tiveramos todo comprado o salto do
tigre de Ney non sería sinalado creo, pero deso non nos vai falar, en fin, como sabe
mover a prensa o seu antollo.
Despois disto vamos o enredo futbolístico.
Por onde empezamos, por atrás supoño, Keylor
esta o nivel do peor Casillas que xa é dicir, por moito que pare cando xa leva
2 no lombo, hai que parar tamén antes. A lesión do verán matouno e non deu
collido o nivel, algo que nos está a penalizar día tras día. E a defensa tamén
miña pobre, 7 goles nos últimos 3 partidos contra equipos de aquel nivel.
Valencia en crise total, Vilarreal que viña de caer ca Roma, e Las Palmas que
xoga moi ben pero levaba 4 derrotas seguidas, en fin. A Carlo enterrouno
Casillas e a mala xestión de xogadores, Zizou parece estar nesa dinámica,
Keylor e a xestión de plantel, moitas cousas comezan a recordarme a Carlo.
Zizou debe tomar decisións. Dous datiños 31 goles en 25 partidos Keylor este
ano, o pasado 31 en 45. 21 goles nos 1400 minutos con Ramos no campo, 4 goles nos 740 sen el.
Temos moitos xogadores mamados ou fora de
punto, así de claro e creo que Zizou tardou en dosificalos. Kovacic, Isco,
Morata, Nacho, Asensio, Casilla poden e deben ter máis minutos no meu entender.
Kroos está que non pode cas botas e sigue xogando partido tras partido. Atrás
as lesións non están axudando nada. Danilo e Coentrao son dous lastres moi
grandes o vivir continuamente lesionados e un central tamén o está sempre, unha
pobreza. Hai que sentar xente importante e apretar o cuiño, non queda outra.
A BBC está moi lonxe do seu nivel co cal non é
diferencial, si non vai ser diferencial hai que cargarse a un e fortalecer o
mediocampo, así de claro. Para dicir un servidor que Cristiano, que está moi
lonxe do seu mellor nivel é o que mellor está dos 3 xa se pode crer. Presión alta con 4 medios é a chave, coma o
día do Sevilla en Copa, o noso mellor partido en tempo. O Real Madrid necesita presión alta, telo
balón xa que non roubamos de outra maneira e mover xente, temos plantilla para facelo,
lesións mediante.Por certo o partido que se nos foi en Sevilla en Copa rompeuno
todo, rompeu a maxia.
De regalo estamos a errar situacións e
ocasións incribles, de feito estamos a errar nos dous puntos chave do fútbol, a
túa área e a contraria. Non marcamos e márcannos fácil. The flower que dicían algúns.
Temos uns problemas de concentración
alarmantes, imposible ser constantes así. O que nos obriga despois a vivir na
épica, partido tras partido e a queimar aínda máis enerxías, pódense gañar
partidos así, pero unha liga.
O noso famoso entorno non axuda, o noso
entorno é destrutivo, por moito que digan case non temos prensa afín, e si
moita prensa anti, e claro o madridismo compra iso e traballo feito para o
Chuflas. Estas situacións desquicianos seino, desquiciou Bale onte por exemplo.
Un xogador do Madrid non pode irselle a cabeza así nun partido, por moito que a
outros llo permitan.
Ipurua e San Paolo son chave, a nosa temporada
pasa por eses 2 partidos así de claro.
Agora vamos co Bonus Track, factor Orga, que
sempre impulsa o rival nos malos momentos. Como dixen si o Barça non gaña o
Lega, estoupa todo alí e todo sería paz aquí. Si realmente tiveramos todo
comprado pasaría, pero non ,apareceu un penalti salvador.
Vamos tirar de datos de @MaketoLari coma
sempre, el sacaos da prensa barcelonista para evitar problemas :
Nos últimos 176 partidos de Liga (2012-2017) :
Barça : 8 tarxetas vermellas, 29 os rivais. +21
Madrid: 17 vermellas, 19 rivais.+2
Atleti: 17 vermellas, 24 rivais.+7
Curioso que teñamos un saldo peor que o
Atleti, que como me dicía un barcelonista o domingo, non sabes o que pega, como
puido acabar Gabi o partido do domingo, acto seguido decíame que temos todo
comprado, aos datos me remito. Pero claro temos a liga comprada din.
Si comparamos dende 2003 ata 2017 en Liga e
solo co Barça sale este outro curioso dato:
Barça: 59 vermellas, 98 rivais.+39
Madrid: 80 vermellas, 67 rivais.-13
Expulsan máis xogadores do Madrid que dos
rivais, pero temos todo comprado.
Que Bale foi expulsado xustamente, obvio, un
comportamento similar o de algún coma Suárez
que aínda non foi expulsado en Liga,
curioso.
É máis dinnos os datos , que a última
expulsión dun dianteiro culé foi Villa no 2010 e dun medio Thiago no 2012,
curioso tamén. É máis parece que as 2
últimas veces que lle pitaron un penalti e expulsaron a un xogador do Barça en
Liga como local foi no 2007 , 3-3 vs
Madrid, e 2015 cando xa ían 5-0 vs Rayo. Parece tremendo non ?
O amigo Borbalán en 40 partidos o Madrid, 8
xogadores do Madrid expulsados ( 6 en partidos de Liga ), 6 rivais expulsados,
curioso dato.
Queda claro meridiano, que non nos tratan
igual que o Barça pero véndennos que roubamos, sen ir máis lonxe onte non
marcamos nin un solo gol legal, teño que rir. Fallanos moito o marketing,
sempre o dixen.
O outro día a Bruno os da Tv preguntáronlle
polo penalti a pé de campo, onte a Marcelo polos goles anulados, nin palabra.
En fin, Ens robam din pero ala vai outra liga ao Garethe !!!!
Artículos fio Real Madrid, cada un ten un link o final para seguir co fio :
Fio Chuflas, cada un ten un link o final para seguir co fio:
No hay comentarios:
Publicar un comentario