martes, 28 de diciembre de 2021

Novo Arliña.

 Podemos confirmar dende o noso blog que nos vindeiros días se anunciará a todo trapo a remodelación do Municipal da Arliña, unha obra que non envidiará nada ao Novo Bernabéu, nin o Novo San Siro ( La Cattedrale).



Por todos é sabido que Paradores sempre quixo que se trasladase  a Arliña e se levase para outro punto. De feito, no proxecto de urbanización do Vilar, había un espazo público destinado a isto, pero finalmente chegouse a un acordo para que a ubicación sexa a mesma pero cun novo sistema espectacular.

Despois de moitas reunións e moito secretismo temos o acordo entre Paradores, Goberno, Xunta de Galicia, Deputación e Concello, para este faraónico proxecto. Grazas aos fondos europeos poderase acometer as obras do Novo Arliña. O proxecto conta ca aprobación de tódolos grupos políticos locais tanto PSOE, PP, BNG e Non adscritos. Están ilusionados con este proxecto que pode incluso ser un novo punto de dinamización turística.

Cun diseño do muxián Ziro Tachibana, e coa axuda do costeiro Max Aguiar, vamos analizar as novidades do novo estadio.



A novidade principal será unha revolucionaria  cúpula que se camuflará co entorno e pola cal según de onde mires observarás ou mar, ou pedras, ou area, ou incluso toxeiras, moi típicas da parte que da a praia da Arliña. Con iso disminuirase o impacto visual do que tanto protestou Paradores sempre.

A obra será levada a cabo por un conglomerado de empresas locais o cal facilita a posibilidade de acollerse aos fondos europeos.

A colocación da cúpula implicará por fin a posibilidade de colocar unha iluminación correcta no Novo Arliña coa que poder adestrar a calquer hora sen problemas, xa que Costas deu o permiso para a nova cúpula porque non afecta para nada a navegación marítima polo novo sístema de camuflaxe.

A cuberta será retráctil, polo tanto, nos días de sol poderase abrir e nos de mal tempo pechar, pero cunha peculiaridade, se os conxuntos están de acordo no terreo de xogo poderánse reproducir as condicións climáticas do exterior o sen perxuizo dos siareiros que estarían totalmente cómodos. É dicir, se hai nordés e os equipos queren, poderase xogar con nordés ou con choiva, incluso con vendaval e choiva, algo impresionante.



En colaboración con Muros do Nordés, a parte superior do Novo Arliña que da a estrada levará un mural recordando a vella parede de táboas dos primeiros anos da Arliña, que incluso fora destruida por un temporal de vento no seu día.

Tamén contará cun sistema acústico especial para poder levar a cabo actuacións de Orballo Cultural  tan ligado tamén co fútbol muxián. E a actuación do estreo serán Tanxugueiras ( tan en boga nos últimos meses).

Tamén haberá modificacións nos vestiarios, coa creación de dous novos vestiarios femininos, unhas novas gradas e incluso na parte superior uns palcos Vips. Tamén se creará un restaurante no recinto que será dirixido polo ex predidente do club Alvaro Rodríguez,  o coñecido Álvaro do Coral.

A proposta é para que o Novo Arliña sexa estreado o venres da Festa do Congro deste 2022 e o rival elexido é o Camelle que conta con ata nove ex xogadores das diferente categorías do Muxía ( os Roi, Santi Makareno, Martinciño, Rodri, Marce, Ruso, Gerardo.....) e con Ordoñez, outro ex coma adestrador.  Durante as obras poderase xogar sen problemas na Arliña. O colexiado será o camellán Alberto.

A retransmisión será a cargo QpcTv con cobertura mundial para o partido e en aberto.

Dende a directiva están enormemente ilusionados co novo proxecto, xa que esperan que sexa un salto para o  futuro do club.

A presentación do proxecto está prevista para o vindeiro día 1 no Parador Costa da Morte.

Seguiremos informando según se vaian producindo novidades, xa que sabemos que haberá máis sorpresas pero das cales aínda non temos coñecemento..

No hay comentarios:

Publicar un comentario