jueves, 11 de mayo de 2017

Recordos.

Onte o finalizar o partido vin unhas palabras de @SVilarino en Twitter que me trouxeron a min tamén moitos recordos. Recordos porque para un servidor a Sétima e aquel 20 de maio do 98  sempre será especial e volve a darse aquel enfrontamento. Un que pensou que xa nunca vería o Real Madrid gañar unha Champions despois de tódolos batacazos da Quinta e os desastres de despois. Co paso dos anos e por circunstancias da vida aquela noite será cada vez máis especial e un recordo que nunca olvidarei.



Unha final que vivín de maneira incrible en Santiago de Compostela, aqueles preciosos anos de estudiante de Economía, vivina  xunto con outros dous amigos, aquela máxica noite de mércores da Ascensión no que descubrín os milleiros de madridistas que había espallados por tódolos recantos da cidade e do mundo.

Un deles xa non está con nos por iso será tan especial novamente unha nova Final de Champions cos mesmos protagonista  i é que se xuntan moitas cousas especiales. Vivimos os tres xuntos a Sétima, a Oitava e a Novena, movemos ceo e terra para xuntarnos e repetir. Unha recaída da súa enfermidade de última hora dun deles fixo que non puidéramos estar xuntos para a Décima, recordarei sempre esa noite tamén , a da Décima e o seu significado para nos, non poder vela os tres xuntos, aínda que quixemos ver o lado positivo foi un presaxio.

Vai ser especial a final por outras moitas razóns. O último partido que vimos xuntos foi precisamente unha final de Champions da Juve, desta vez fronte o Barça. Posiblemente o último gol que celebrou, o de Morata, celebrouno por fastidiar a algún que outro barcelonista que estaba con nos. Fora outra noite especial, na que nos xuntamos todos os amigos, por e para el, co fútbol e o churrasco coma excusa.

Será especial tamén porque a súa familia quixo que quedara conmigo para sempre unha camiseta do Pipita co 20 no Madrid, como gran recordo. E alí está coidada como ouro en paño, dándonos forzas para seguir.

O 3 de Xuño vai ser moi, pero que moi especial. E será  moi difícil como en aquel 98 que nadie daba un peso por nos, e menos todos aqueles que vivíamos unha final de Champions por primeira vez.

Agora deixo as grandes  palabras de S.  Vilariño que tanto se asemellan os meus pensamentos:

" Van seis veces xa, pero sigueme sonando rarísimo iso de que meu equipo vai a Final da Copa de Europa. Brila o sol e iso que é de noite e hai un tormentón agora mesmo. Non se pode describir doutra maneira. 

Un creceu co ogro do Milán, co seu pai falando da dichosa Sétima inalcanzable. Esa Sétima deseouse tanto, tantísimo, Non xa polo trofeo, senón por ver o Madrid arriba en Europa. Que cando eu empecen a ver fútbol de" verdade", iso sonaba lonxísimo, unha utopía. E agora estamos onde estamos. É para estar orgullosos. 

Hoxe sufriuse, sobre todo da primeira parte. Non se esperaba outra cousa, porque o Atlético é o que é , un equipo con ghuevos e carácter. Pero ahí estamos de novo, contra os mesmos da Sétima. E volven a parecer ogros feos e difíciles de batir. Toca volver a sufrir. Porque é que resulta que nos tamén sufrimos, últimamente falouse moito de sentimentos, do fácil que é ser madridista. Do malos que somos e do bos que son os demais. Nada novo, a verdade, pero cansa. E da máis satisfación cando gañas. Porque non solo é gañar, é superar circunstancias que a outros afundirían. Quizais ahí estea ese "non sei que" #queoutrosnonpodencomprender. 

Hoxe dou gracias a Isco, Ramos, a Araña ( mira que lle demos paus, moitos merecidos este ano) e o Gato.  Deixounos o Gato, outro defenestrado por rutina xa, unha xogada das que non se esquencen. O Gato foi Redondo en Old Trafford. 

E para os madridistas da miña quinta, iso é ser moito, por iso esta noite voume a dormir cun sorriso de orella a orella. Con imaxes do pasado que tan feliz me fixeron e outras que curtiron o carácter do club e dos seus siareiros. Sabendo que mañán cando vaia a traballar serei a persoa máis feliz do mundo e algo tocaralle aos demais. 

Din que o fútbol é a cousa máis importante das cousas menos importantes, pero ai amigo , como che cambia a cara unha final. Non falei con el, pero sei que meu pai estará tan contento coma min, e mañán aínda máis, así que outro bo motivo. Sorrir polo que as viviu todas e polo que chorou ( por primeira e última vez ) na Sétima porque pensou que nunca vería unha. 

Sorrir porque hai mil motivos e mil persoas que o merecen. E a todas a fai sorrir esa mesma camiseta máxica. Unha final máis señores e eu sigo sen comprendelo. Hala Madrid ! "

Como di Jabois : " Y esto es básicamente el Real Madrid, una fe ilimitada y altanera cuya leyenda es universal, por eso nos rompen tanto la cara , porque no la escondemos."

No hay comentarios:

Publicar un comentario