lunes, 27 de febrero de 2017

Chuflas volveuno a facer !

Un servidor quedouse tranquilamente vendo En Xogo  despois do Villarreal vs Real Madrid, no mesmo bar por certo e discutindo de motias cousas, pensando nas equivocacións de Zizou no plantexamento de saída, que si hai xente que necesita descanso e con tanto partido seguido debía darllo, que si cada vez que nos chegan é gol, de méritos duns e doutros........ Dase a casualidade que onte fun directamente para a cama axeno a polémica que se desatara.



Novamente véndennos solo un lado da película. Chufliñas volve a saltar, falános que non é penalti, que raro cando Fumeta fixo o mesmo en Lisboa era clarísimo, onte xa non. Solo hai que facer unha busqueda dos dous en google e vemos o que din dun e doutro. A dobre vara de medir de sempre.

Despois un bucea nos tuisters madridista e descubre, que descubres que se esconderon imaxes dunha man a remate de Karim na primeira metade, que hai unha man que precede o primeiro gol local, ou que se volven a esconder imaxes do fora de xogo do segundo gol local. Buscades en tuister e podedes atopalas, xa que as nosas Tv parece que as esconden. O que o ollo non ve !  Un pensa en Don Jaume que todo o controla. Cantas imaxes nos esconden, cantiñas, en cambio as nosas hainas ata co satélite da Nasa. O duo da outra televisión que todo o controla que esta mañán despois de dar vergonza a noite teñen que comerse moitas palabras agora.

J.M e o rei mago  controlan os árbitros e Don Jaume a Tv, sabemos de que pé coxean , non nos queiran vender outras cousas por favor. Sabemos que manexan moi ben todo isto da publicidade, sabémolo moi ben, pero por sorte temos outros medios para ir desenmascarando.

Despois vemos que nos falan de bolsas de Mercadona e non sei que máis, que si que todos regalan bolsas. Vemos coma unha cadena de radio intenta enmerdar. E vemos que o que nos venden como caverna e central leiteira é unicamente RMTv, e a veces un catalán que traballa na noite o resto todo en contra, sobre todo un periódico de Madrid que odia a Flo, eses son os peores.

Non vou escribir novamente do mesmo xa o teño feito e si seguides os diferentes links iredes vendo, cada artículo leva a outro.  Outros anos non interesaba falar de árbitros, nin de canteira, nin de carteira ..........

Gustaríame falar máis de fútbol, pero un servidor únese cada vez máis a guerra está, cada vez  máis Sáfame e menos fútbol, como é o que gusta e o que vende e da que falar cos amigos, pois iso se fai, dar que falar.

Artículos anteriores :

Volve o señor Chuflas.

Enlama que algo queda.

A vida sigue igual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario