miércoles, 24 de octubre de 2018

Defuntos.

Achéganse tan sinaladas datas e o Real Madrid, deambula polas competicións simulando un grupo de defuntos, a Santa Compaña poderíamos dicir, tendo coma comandante o máis grande dos defuntos a JLo e coma capitán outro que tal baila. O domingo e grazas a deus que non está Messi iso vai ser unha sangría, tal peli de medo das que so aparece sangue por todolos lados a ver quen sae a falar despois do partido ca cabeza de Julen aínda quentiña.

Non vai ser un servidor o que lle achaque a directiva o fichaxe de JLo xa que nas datas que se produxo a marcha de ZZ e co que había no mercado pois non me parecía mala opción, agora virán os apuntes. Tampouco vamos achacar a directiva a marcha de Cristiano xa que facía tempo que a viñamos pedindo, agora virán os apuntes.

Por aquí como dixen antes confíabamos en JLo sobre todo cando se viu que tiña unha idea na pretempada ca presión alta e os xogadores continuamente movéndose. Pero claro o pouco que se lle reviraron os xogadores no vestiario, o cambio de Marcelo creo recordar que fora en Girona, todo trocou. Chegaron os mundialistas e póñelos a todos na Final da Supercup, eso ZZ nunca o fixo.  Os xogadores obvian a túa idea e na vez de mandalos para o banco premialos poñendo os da súa corda. Se Ceballos é o mellor do que levamos de tempada, estalo poñendo sempre fora de sitio para non molestar a algún e aínda por encima  non podes mandalo a grada. Se Regui é o mellor en Moscú non pode desaparecer do equipo.

Porque razón destacou onte Fede Valverde por unha moi simple por querer comerse o campo e moverse continuamente, o cal fala maravillas do resto. Sinceramente non creo que teñamos tan mal plantel como están a demostrar, temos carencias obvio, tamén temos moitos xogadores en forma desastrosa, pero temos un problema máis grande dun adestrador o cal se lle foi o grupo e non ten pelotas a cargarse a xente. Postrouse a Ramos e cabou a súa tumba. Non pode ser que Churu este pensando máis en marcar en gol que en que non nos marquen. Non pode ser que fichemos a Odry para que xogue Lucas, por certo veranea co Churu, ese é o que lle achaco a JLo a súa pouca personalidade. Total para perder co Cska, Alavés, Levante e dar pena con amigos da Estrella Galicia checa podía poñer os que queren correr e xogar cas ideas do mister. Polo menos poñer a metade qeu che fagan caso e queiran correr. Si Modric pasa de todo hai que deixalo no banco, se Marcelo deixa unha autopista na súa banda para o banco e así sucesivamente, marcar territorio non ser un alma en pena. E non falemos da xestión da portería.

Mira que creo que Conte non pega nada con este plantel pero visto o visto necesitamos unha etapa Caudillo para xa, este vestiario está podre. Xa se viu o ano pasado con ZZ que no día a día non querían traballar, que había que fichar e non se fixo. De feito sempre terei a dúbida se ZZ se foi porque Flo non quixo fichar o que el pedía ou se foi porque non se viu con forzas para cargarse aos que lle deran tres Champions.

A venda de Cristiano pareceume xenial por un tío de 34 anos que pide marchar e que montou a que montou xuto despois de gañar unha Champions , o precio non tanto , pero o que me desquiciou foi que non tiveran nada preparado pola súa marcha. Flo deu a impresión de solo ter ollos para Ney, como te vas a plegar a Ney si xa che deixou tirado dúas veces que se sepa, por favor que é brasileiro, co pai que ten e festeiro, non podes deixar a marcha de Cristiano no que queira ou non queira Ney. Cristiano solo hai un, non hai outro no mercado pero tapa carencias polo menos,como dixen máis veces como mínimo  inclues a Dybala na operación Cristiano se non che aparece nada no mercado. Se o ano pasado xa nos facía falla un atacante, sen Cristiano pois mínimo dous, aínda que aquí sempre se dixo que debíamos limparnos a BBC enteira aproveitando a coxuntura. Pero nada os do poder pensaron que Karin e Bale serían impacables este ano, incrible, Karin que leva tres anos xogando partidos con contagotas, por certo onte foi o mellor , e Bale o cal as lesións non o deixan nin física nin psiquicamente. Hazard ofrecéndoseche, Icardi, Werner, e outros plans estilo Sarabia, André Silva, Pulisic , Martial, M. Hermoso ,   hai moitos plans B, ningún CR pero hai que moverse e si vas a tirar de xóvenes poñelos non telos a velas vir.

Algo que me deu moita pena-rabia  onte foi o chupóns que son algúns agora, hubo polo menos tres opcións de pase o compañeiro solo para empurrala e chuparona. O igual que me deu rabia que Lucas errase o  cabezazo para o tres a cero e marchase rindose, e na seguinte dous a un e sufrir. Por certo o gol foi dos da play, polo centro, o que fala que temos un problema na defensa pero tamén no centro, máis ben de configuración defensiva e de gañas, os xogadores pasan de todo. Necesitan un Caudillo para que polo menos os amargue uns meses, total resultados non vamos acadar igual. Xa che avisara a Guti que non se fora moi lonxe pero non me fixo caso. Pero con Caudillo non digo Mou, Don Xosé foi necesario i esencial no seu momento pero xa se lle pasou o arroz, non ten cabida no Madrid de novo.

O que si me dou de conta é que si algo tiña de bo Cristiano, iso nunca llo neguei, son as ganas de gañar , sempre , eso é o Real Madrid, competir ao máximo sempre, competilo todo. Tamén estou comezando a pensar que se quixo ir vendo a panda de pergueceiros que tiña ao lado, que querían gañar equis días e listo. Iso lle achaco a JLo si algún solo quere rendir certos días, os outros poñes aos suplentes e polo menos xogas con once.

O resumo da gran xestión do club é que onte rematamos o partido con Lucas e Fede de laterais, nun equipo de non sei cantos millóns de presuposto. Non falemos de poñer a Mariano con Marcelo lesionado, espera un minuto tío. Outra mostra do desquiciado e fora do sitio que está JLo. Ou ese fútbol insustancial que practicamos, moito toque e pouca velociade e profundidade, o Real Madrid non é iso. Somos un mal Barcelona de Hacendado, todo o que realmente aborrece o madridismo.

Xa non nos queda nada do que propuxo JLo a inicio de curso, nin presión tras perda, nin fluidez co balón, nin movementos continuos arriba, nada no colectivo, nada no individual, solo malas sensacións, chupóns e desidía.

Pero Flo solo pensa en Ney e no Estadio , mal vamos así. Hai moitos plans para paliar o mal momento pero hai que ter pelotas , e nin directiva , nin adestrador a teñen, polo tanto vai ser un ano moi longo, comezando polo desastre que será o domingo.


Anteriormente :

Winter is coming.

Cando o rio sona.

Ruleta rusa.











No hay comentarios:

Publicar un comentario