Reproduzco unha rolda de prensa de Frank Martin o Head Coach de South Carolina Basketball, traducidas e reproducidas en "tuiester" por Marc_Castillo , sobre basket e pais pero poderíamolo traspasar a calquer deporte por aquí, o video é moito mellor :
" Eu sei esto , son o adestrador máis expresivo que verás cando meu equipo xoga. Cando vou ver aos meus fillos non berro, non axito meus brazos e non trato de adestrar aos meus fillos, con todo o respeto ao resto dos pais, probablemente sepa máis de basket que o resto deles. Pero sentome na grada e non digo nada. Hai dous tios arbitrando un partido de nenos de 10 anos, nunha mañán de domingo.
¿ Canto poden estar gañando ? 20 dólares por partido ? Eu solía facelo, gañaba 12 dólares por partido sub 10 e 15 dólares por partido sub 15 e 17 ou 18 dólares por partidos de instituto.
Así que nunha mañán de domingo en vez de estar na iglesia, os tios están alí tratando de gañar un par de dólares para pagar as facturas dos seus fillos.
¿ De verdade creedes que lles importa se un equipo sub 10 gaña ? ¿ De verdade creedes que están na casa pensando " non podo deixar de pensar no partido de mañán , quero avergoñar a ese neno de 10 anos mañán diante de todos " ? ¿ De verdade creedes que fan eso ?
Eu non lle digo ao meu fillo como debe xogar. ¿ Sabedes que fago cando veñen en plan : "peroperopero " ? ¿ Por que me preguntas a min , non levo os teus adestramentos, fala co teu adestrador , fillo "peroperopero" . Non fales do teu adestrador diante miña, xa que si o fas non xogarás ao basket. Non entendes porque non xogastes mellor , fala co teu adestrador, fala co teu adestrador non son teu adestrador son teu pai.
Si alguén che falta ao respeto aquí estarei. Si fracasas, está ben, afrontao, eu axudareite a levantarte. Pero non veñas a falarme de adestrar. Fago esto para gañarme a vida, non vou criticar a alguén que trata de axudarche.
E noutra parte están os árbitros. Creedes que os adestradores sub 10 gañan diñeiro ? Alguén está dando un tempo moi persoal , un domingo, gratis, para axudar aos fillos de outros. E temos adultos na grada berrando obscenidades aos árbitros, criticando cada decisión do adestrador. Gritando aos nenos. Teñen dez anos ! Como se foran Lebron James ou D. Wade xogando a final da Nba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario