Pois non sabemos igual había
madridistas que despois dos catro triunfos seguidos de
Solari pensaban que era a solución é que
xa estaba todo arranxado. Nada máis lonxe da realidade os problemas son máis
gordos e teñen difícil solución.
Como Zidane é moi listo e xa viu isto unha vez
pois liscou. Non sabemos se porque non se vía con forzas para chimpar aos que
tiña que chimpar, ou porque non lle deixaron.
Unha das cousas que máis me doe é o de ter que
aguantar a meu pai co tema Cristiano. Vendeo , vendeo que sen el non seremos
nada sempre dicía. E vai ter razón, un servidor sabe que Cristiano é
irrempazable , pero creo que era o momento de vendelo, iso si non vendelo e non
traer a ninguén. Había que traer a dous polo menos. Tamén se dixo por aquí que
con el se tiña que ir a B e a C, era o momento. Un polas continuas lesións e
outro porque non da , e iso que penso que é o único que o está intentando
sinceramente.
Outra cousa que estamos a ver é que CR non se
deixaba ir nunca, ese egoísmo tiraba do equipo, o tío competía sempre. Tantas
veces lle criticamos que con cinco a cero quixese o sexto, pois macho é como
ten que ser. Por certo non esquenzamos que solo gañou dúas ligas que non
tódolos problemas veñen deste barro.
Pero como temos detectado un dos problemas
cremos , que é a falta de interese de moitos xogadores. Polo tanto porque razón onte Solari
non poñe a Lucas ( que está para o arrastre, poñeo todos os partidos e vai onte ), a Llorente, Valverde….. en liga teñen que xogar moitos
partidos os que queren correr, pero nada voltamos a xogar cos mesmos que dan
vergoña e así nos vai. Mal faríamos en sinalar a Santiago Hernán pero si
debemos pedirlle que tome decisións, xa que a falla das mesmas levou a
Lopetegui a onde está.
A min que tampouco me veñan co que solo
estamos a cinco puntos, tan mal non estamos. Por exemplo o Alavés lévanos dous
puntos e o Levante está a dous. Por exemplo dende que hai liga de tres puntos
nunca perderamos cinco partidos nos trece primeiros.
Por exemplo o ano pasado perdemos 38 puntos en
todo o ano, este ano xa levamos a metade de feito levamos un ritmo de facer 58
puntos a fin de ano, demencial. E sabemos que o ano pasado foi penoso en Liga,
verdade.
Outro datiño levamos solo vinte goles a favor
na xornada trece, na 2017 levabamos 36 e si seguimos baixando levabamos : 28,
48, 35, 32,46, 33, 31, 30 ……. Dato esclarecedor tamén.
Como di Alistair despois de gañar unha Champions é difícil
chimpar xente pero se marchaba CR había que levarse por diante outros con el,
creo que Zizou deixou claro iso.
Un factor
a observar era o post-Cristiano aos xogadores que se acomodaron a el. E
manda truco que o que máis se este esforzando sexa Karim. O club abreulle a
porta a tódolos seus xogadores para que tiraran do carro, para que demostraran
cousas, e queda claro que non poden
liderar un proxecto. Por encima dos 40 ou 50 goles Cristiano ca súa forma de
ser era un líder un guía, en partidos coma o de onte miraban uns para outros e
ningún tiraba do carro. O único o Churu que quere surfear e marcar goles, pero
el o que ten que facer é defender e
deixar de pintar a cana verde , mal fomos dándolle as chaves do vestiario ao
Churu.
E mira que somos de Bale pero estaba claro que
había que chimpalo, e está claro que hai que sentalo. Que facía Mariano onte en
Madrid, por favor.
Como di Petrelli : sinceramente estes
xogadores non merecen unha Cuberta que os tape cando chove, polo menos que se
mollen.
Por aquí xa nin sentimos nin padecemos que
creo que é o máis duro, total indiferencia.
Anteriormente :
No hay comentarios:
Publicar un comentario