lunes, 8 de octubre de 2018

Cando o río sona.

Pois nada cada vez sona máis que JLo está o caer, posiblemente teña a graza ata o partido do Campo Novo e despois se hai debacle pois irase a rúa, algo que deixamos caer no search post-partido o sábado.

Non podo negar que cando se foi Cristiano non me entristeceu de feito son dos que pensou que chegaba un ano tarde. Un ano tarde si, se o chimpáramos un ano antes posiblemente Mbappe vestira de branco, era miña proposta chimpar a BBC e xogárnosla con Mbappe, Morata, Mariano. Recordeino a principios de xullo como premonición e aquí andamos a principios de outubro.

Sempre pensei que a saída de Cristiano ía aparellada a unha entrada galáctica, e sempre pensei que era Ney, que por certo non me gustaba. Si con Cristiano facía falta xa un atacante sen el facían falla dous. O que nunca pensei era que sairía para non traer a ninguén. A quen se lle ocorre xogarse un proxecto con Karim acabado e Bale sempre lesionado. A miña confianza en Isco e Asensio era total, eso si que xogaran cando estiveran ben non por decreto, a gran esperanza da marcha de Cristiano que xogara quen o merecera. Desfixémonos de gol para non mercar absolutamente nada en dous anos, bueno repescamos a Mariano que me encanta como dianteiro suplente pero non coma titular, pero que merece unha oportunidade xa, debeu tela en Rusia e debeu tela en Vitoria.

E chegamos ao outro gran problema , JLo baixouse os pantalóns co plantel e xa está morto. Non podes poñer nomes, sobre todo en Liga que non lles interesa e non van facer o que le pides ( presión tras perda ), demostrarono con creces moitos anos xa, son sospeitosos habituais. De feito a última Liga gañárona os suplentes.

Non contou nada con eles, o sábado era un partido obvio para Regui cun Alavés que se ía pechar, para Mariano por fin, para probar a Valverde ou Llorente, pero claro como pouco a pouco e por non facelo JLo está cada vez máis contra as cordas volta a tirar unha e outra vez dos mesmos nas mesmas situacións e con equipos que lle aplican unha e outra vez o mesmo e non son quen de superalos. Se non se atreve non vai pasar do Barça, si se atreve quizais tampouco pero terá unha opción.

Co cal voltamos a situación de saída, vendemos o gol gratuito e que che cae por inspiración, ese que hai que ter nas botas, ese que ten Messi se as cousas non lle funcionan o Barça, ese que tiña Cristy. O cal me leva a pensar para non fichar a ninguén porque razón non se fixo un intercambio con Dybala, porque razón non se intercambiou ao meu querido Lukita, despois do fin de verán que nos marcou,  por Icardi , reinventarnos señores. Xa ante o inicio de Liga a xente andaba moi nerviosa ou trala derrota da Supercup.

E como avisei xa poden estar pensando en chamar cada noite a Eriksen e Hazard ( este tío soña con xogar aquí Ney non )  antes de nada porque senón que se olviden, van estar no mercado e van ser o mellor ao que podamos optar. En España temos a M. Hermoso e Sarabia dous saídos da Fábrica por 17 kilos cada un, tamén moi apeticibles incluso para xaneiro.

O peor de todo é que hai moita xente esperándonos , ao Madrid, a Flo e o pobre de JLo que lle deixaron un equipo moito peor cas dúas campañas anteriores e o final el vai e caeu nos brazos de Churu, non pode ser que Churu sexa o primeiro lanzador de penals e faltas, outro grave erro de JLo.

Agora que , pois cando caia JLo que o fará espero que non pensen en Conte xa que é peor ca Mou e Beni xuntos, non lle aguanta o plantel un mes. Solari tampouco , así que repescar a Guti é miña primeira opción, pobre JLo que o deixaron sen Mundial e non vai comer o turrón en Madrid.

A falta de gol xenera ansiedade, a ansiedade precipitación, a precipitación mal xogo e o final malos resultados, os malos resultados tomar decisións que nun principio non tomarías e ala vai JLo perdido e sen rumbo, un coach ao que lle pesa demasiado o vestiario, a min non me valen as excusas das baixas a estas alturas se sempre dixeches que che encanta o plantel, de feito o mellor foi Odri, en Moscú foi Regui, os que fallan son os titulares.

Zizou que é moi listo aínda que non o pareza fixo igual que cando foi xogador, non se apegou o cargo ao ver o mar, non sei si eso é valente ou cobarde pero si intelixente, sabía o que ía pasar as dúas veces e sabemos como pode acabar isto, mirando o palco por preferir gastar nun Estadio non sei si necesario en vez de en xogadores.

Non creo que JLo saque o proxecto adiante pero como estamos nas II GM debemos apoiar sempre o Madrid, apoiar e criticar o que non se faga ben, pero nunca renunciar ao noso madridismo. Por certo no Madrid non hai ano de transición, esa palabra non existe e por eso estamos en crise.

P.d. : Se vemos pormenorizado o gol que nos marca o Alavés vemos como andan todos na pera despois do primeiro remate un tío para cinco e remata ese tío, ansiedade, precipitación e os sospeitosos habituais.

Anteriormente :

Search Fin de camiño.

Ruleta rusa.

Sospeitosos habituais.

Search Me Lptgui.





No hay comentarios:

Publicar un comentario