jueves, 15 de febrero de 2018

Pois de momento "Alive".

Onte era o primeiro partido de vida ou morte e de momento seguimos vivos, un servidor aínda non o cree moito aínda que  sacamos un moi bo resultado para volta pero para nada definitivo, queda moito que remar. Tan solo hai que recordar o ano pasado en Nápoles  a onde fomos co mesmo resultado que nos vimos fora ou co Atleti cun 3-0 que en nada se nos puxeron 2-0, hai demasiados factores que o trocan todo nun segundo. De feito tal como vía o partido no tempo de lecer firmaba o 1-1 e no minuto 80 parecíame incrible seguir con ese resultado para que vexan. Sinceramente teño a sensación de que realmente tivemos moita sorte onte, do cal me alegro, leva toda a tempada escapando de nos. E xa vin caer o Madrid en París que xa teño uns anos.

Sinceramente onte pareciume moito mellor o resultado que o xogo, e obviamente mellor as individualidades que o xogo de equipo. Por primeira vez na tempada Zizou adoptou decisións, acertadas ou non, vinculadas ao xogo e non a xestión do vestiario. O eloxiable non é que quite a Karim que deambulaba polo campo por Asensio ou Bale que o faría calquera, foi atreverse a prescindir de Casemiro para xogarsea ante un PSG que dobraba laterais. Por certo ata ese momento estaban acabando co Madrid por esa circunstancia. Outra cousa é que cando quita a Cavani quizáis Draxler ou Di María eran mellores opcións.

Esto podémolo unir a que os xogadores onte estaban concentrados, entregados e motivados, o que me encende un pouco máis, en liga e copa con esas premisas non estaríamos onde estamos. Karim parece xa irrecuperable para o Madrid, e viuse que Isco, Asensio e Lucas merecen máis protagonismo como un servidor leva dicindo boa parte da tempada, bueno de Lucas non o dixen moito.

Non entendo o empecinamento con Karim, non da e non da, e tampouco as críticas a Isco, para min fixo un partidazo ata que lle deu o peito. Falando de peito que mal estamos físicamente, imposible aspirar a nada con ese físico. Tamén da importancia de Marcelo no sistema ofensivo do Madrid e o pouco que quixo Emery castigar  as súas costas, o gol deles arrancou deso,  a opción foi xogar para Ney na de Nacho, creo que nos favoreceu. Tamén nos favoreceu que Nacho non suba tanto coma Carvajal xa que Marcelo vive permanentemente arriba.

Cando o Madrid atacaba co PSG replegado poñíamos de menos un rematador xunto a Cristiano, un nove de referencia, unha ameaza no área. Cando o PSG dominaba poñíamos de menos velocidade, desborde , en cada recuperación, ameazar o espazo. En ambas situacións este Karim xa sobra.

De feito creo que nin Madrid, nin PSG teñen poso para gañar a Champions este ano o que pase cae na próxima. E iso que Ney e Mbappé asustan cada vez que collen o balón, que presencia teñen. Creo que para a volta a opción replegados e velocidade as súas costas debería ser chave, aínda que defender con balón e velocidade arriba tamén é posible.

Inmumerables equipos e  proxectos aparentemente ben pensados vanse o garete e outros polos que ninguén da un euro saen triunfantes, títulos para diante que despois falarase do mellorable. Esto é fútbol e moitas veces os análisis non valen, personalmente creo teño a sensación  que foi superior o PSG sobre todo na segunda metade ata os últimos dez minutos, pero.

Resumindo o PSG que parecía superior na segunda metade, reforzouse cun dobre lateral dereito encaixando dous goles por dita banda. O Madrid que parecía ter problemas para conter os ataques rápidos do rival quitou a Casemiro e deixou de sufrir. Moito desorde defensivo no Madrid na segunda metade. Esto non son matemáticas é fútbol, hai demasiados factores ademais do que parece evidente.

A combinación en banda  do terceiro gol do Madrid explica todo o que nos perdemos esta tempada. Isto non debería ser unha inspiración senón un estilo. Unha estructura que fixera dominar os partidos con balón, unha idea que fora máis alá do centro lateral sen xeito que solemos facer. Esta xeración de futbolistas é incrible e vémola pasar daquela maneira no día a día. Funcionando a golpe de orgullo, escudo cando iso debería ser solo un plus dese fútbol. Como dixen fai tempo temos un plantel case perfecto para ser adestrado por Pep, manda truco, quen o diría. Chegará domingo o Betis que non motiva e derrotiña o canto.

É gracioso ver que se queixen do arbitraxe os do PSG e os antis, non chega nin a sola do zapato do "Atrakin" e calaron bastante iso, de feito un servidor viuno un  arbitraxe estilo Barça en competicións nacionais, xogar con vento a favor arranxa bastantes partidos claramente. Con ese ventiño igual tiñamos moitos máis títulos nos últimos anos, moitos máis. Xogar co jomitón e o ventiño da moito aire nos partidos. 

A dobre vara de medir e as repeticións e imaxes que sacan e esconden o resto do ano ou esconderon fai un ano, ou as preguntas en RdP,  destapa e moito as Tv´s sobre todo a Independence Tv e a Nonvouestar Tv, os antis por excelencia. Caretiñas fora a ver se a xente vai vendo con quen traballamos e a que poder mediático nos enfrontamos.

Personalmente , penalti e expulsión de Lo Celso, penalti por mans de Ramos, non hai falta de Cristiano no segundo gol, e non toca o balón antes no penalti Cristiano talona forte non sei si a regra di repetir ou vale así nunca o vira sinceramente, amarela a Ney correcto,  cousas de ver o partido por Alemania por certo que che melloran certas imaxes.  Pero claro cando as fan Umtiti e Masche non son, ou cando lle fan menos que  o de Kroos a trincatansas( o ano pasado no mesmo partido por exemplo ) ou jomitón son todos clarísimos , aclarádevos periolistos e antis please. De feito din o de Lo Celso a Kroos non é penalti e a vez din o de Marquinhos a trincatansas no 89 do ano pasado clarísimo, en fin. Quen queira pode ver as imaxes nas redes non solo as que lle conveñen.

Por certo gañamos unha Champions sen ningún penalti a favor e cinco en contra. É máis entre os doce últimos partidos da Undécima ( pitáronnos un a favor no primeiro partido e listo )  e toda a Duodécima acumulamos cero a favor e oito en contra, datiños.

Toca sufrir en París non hai dúbida, pero contaba non saír vivo de Madrid. A sorte, a concentración e as individualidades  permítenos chegar vivos a París pero fai falla algo máis ca sorte para gañar a Champions. Bastante pragmático con ese optimismo desmesurado que se adoptou dende onte.  Aínda que como di Jabois

Y esto es básicamente el Real Madrid, una fe ilimitada y altanera cuya leyenda es universal, por eso nos rompen tanto la cara , porque no la escondemos."

 “ El Madrid vuelve siempre, a veces como tragedia y otras como farsa. Pero las más especiales regresa como Madrid.”

Anteriormente :

Dead or Alive.

Mercato.

O T .

La zizanie.

Para expertos : Ecos del balón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario